«Os paí­ses po­ten­cial­men­te pe­ri­go­sos sus­ci­tan moi­tas dú­bi­das»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

A Aci­mac Via­xes che­gan fun­da­men­tal­men­te clien­tes de A Estrada, For­ca­rei e Si­lle­da ade­mais de xen­te dou­tros con­ce­llos da con­tor­na que «cha­man e á que se lle xes­tio­na to­do por te­lé­fono ou a a tra­vés da web».

—¿Quen via­xa máis? ¿Sol­tei­ros ou ca­sa­dos? ¿Pa­re­llas de ida­de me­dia ou mo­zos?

—Bueno un pou­co de to­do. Ago­ra pa­re­ce que vol­ve­mos a po­der dis­fru­tar de va­ca­cións fó­ra de aquí e os que máis se apun­tan son as pa­re­llas con ne­nos. Lo­go a ter­cei­ra ida­de, que ta­mén via­xa moi­tí­si­mo, apro­vei­ta as pro­pos­tas do Im­ser­so, e os sol­tei­ros bus­can máis o bi­lle­te e o ho­tel e lo­go alu­gan co­ches pa­ra des­pra­zar­se. Son os te­ñen un es­ti­lo máis im­pro­vi­sa­do.

—¿No­ta re­ti­cen­cias a es­co­ller paí­ses pe­ri­go­sos?

—Os paí­ses po­ten­cial­men­te pe­ri­go­sos sus­ci­tan moi­tas dú­bi­das. Non hai di­ga­mos que me­do pe­ro sí moi­to res­pe­to ou dú­bi­das á ho­ra de ir po­lo que poi­da pa­sar alí. Hai des­ti­nos aos que nin­guén se apun­ta de­bi­do aos pro­ble­mas que co­ñe­ce­mos de te­rro­ris­mo por exem­plo. Cer­to que hai xen­te que ten ga­nas de vi­si­tar un de­ter­mi­na­do país des­tes pe­ro o dei­xa pa­ra máis adian­te á es­pe­ra do que pa­se.

—Os cru­cei­ros, ¿te­ñen au­xe? —Os cru­cei­ros ti­ve­ron o seu mo­men­to pe­ro ago­ra non es­tán tan so­li­ci­ta­dos.

—E os par­ques te­má­ti­cos... —Es­te ano ven­deu­se moi ben Dis­ney por ser o seu 25 aniver­sa­rio pe­ro ta­mén a Warner e Port Aven­tu­ra fo­ron moi so­li­ci­ta­dos. —¿A cri­se aín­da es­tá pre­sen­te á ho­ra de via­xar?

—Non nos gas­ta­mos os afo­rros do ano en via­xar e a xen­te é moi pre­ca­vi­da. Es­pe­ra a ter po­si­bi­li­da­de eco­nó­mi­ca pa­ra fa­ce­lo. —¿Tén pen­den­tes na súa lis­ta? —Cla­ro (ri­sas). Ape­té­ce­me ir a Is­lan­dia, No­va Ior­que, Áfri­ca,...

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.