Car­ba­llo da Man­tei­ga pe­cha cur­so e ac­tua­ción en Or­ti­guei­ra

Des­pois de ce­le­brar on­te asem­blea, o co­lec­ti­vo la­li­nen­se con­vi­da ao pú­bli­co ao ac­to de fin de cur­so des­ta noi­te

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

A Aso­cia­ción Car­ba­llo da Man­tei­ga es­tá a pi­ques de pe­char a súa ac­ti­vi­da­de lec­ti­va, que non reanu­da­rá ata o vin­dei­ro mes de ou­tu­bro, pe­ro an­tes de fa­ce­lo amo­sa­rá es­ta mes­ma noi­te no Sa­lón Tea­tro de Lalín, a par­ti­res das 20.30 ho­ras, o tra­ba­llo fei­to na au­la nas dis­tin­tas especialidades mu­si­cais.

Un cur­so que se pe­cha, e que a en­ten­der do pre­si­den­te do co­lec­ti­vo Jo­sé Ra­món Vi­le­la, foi al­ta­men­te po­si­ti­vo e no que se en­ga­di­ron tres no­vas ma­te­rias: acor­deón, cu­xas cla­ses im­par­tiu Mar­cos Cam­pos, can­to tra­di­cio­nal e bai­le tra­di­cio­nal do que se ocu­pou Mon­tse Ri­ve­ra de Lei­lía. Os alum­nos pui­de­ron es­co­ller ta­mén per­cu­sión, asig­na­tu­ra que co­rreu a car­go de Adrián Fer­nán­dez,

ou gai­ta. En­si­nan­zas que se le­va­ron a ca­bo ao lon­go dos úl­ti­mos me­ses e cu­xos re­sul­ta­dos se po­de­rán apre­ciar es­ta noi­te, con en­tra­da de bal­de, coas ac­tua­cións dos alum­nos de ini­cia­ción pa­ra de se­gui­do dar pa­so aos de acor­deón, can­to e bai­le e re­ma­tar cun­ha in­ter­ven­ción da agru­pa­ción.

A Aso­cia­ción Car­ba­llo da Man­tei­ga, que ce­le­brou na xor­na­da de on­te asem­blea, dei­xou cons­tan­cia do bo mo­men­to que atra­ve­sa o gru­po que abri­rá en se­tem­bro o pra­zo de ma­trí­cu­la pa­ra os alum­nos in­tere­sa­dos en to­mar

par­te nas cla­ses.

Por ou­tra ban­da a agru­pa­ción la­li­nen­se afron­ta un ve­rán cheo de ac­tua­cións. «Es­te sá­ba­do es­ta­re­mos pre­sen­tes no mer­ca­do sa­ba­tino que se ven ce­le­bran­do en Lalín», ex­pli­cou Vi­le­la. Nas fes­tas de la­li­nen­ses das parroquias de A Vei­ga e San­ti­so ta­mén ac­tua­rá o gru­po ao igual que na ce­le­bra­ción da Ma­lla de Doa­de, que es­tá fi­xa­da pa­ra o pró­xi­mo 19 de agos­to. Con an­te­rio­ri­da­de ha­be­rá des­pra­za­men­to ao Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal do Mun­do Cel­ta de Or­ti­guei­ra on­de a agru­pa­ción to­ca­rá o 15 e 16 de xu­llo.

A aso­cia­ción ce­le­brou on­te a súa asem­blea or­di­na­ria.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.