O va­le­dor da Ra­pa na gran pan­ta­lla CRÓNICA

IG­NA­CIO VI­LAR TEN UN NOVO GUIÓN CON SA­BU­CE­DO CO­MO ES­CE­NA­RIO

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Ao di­rec­tor de ci­ne Ig­na­cio Vi­lar ilu­mí­na­sa­lle a fa­cia­na can­do fa­la de Sa­bu­ce­do e da súa Ra­pa das Bes­tas. E ex­pli­ca nun­ha fra­se o que pa­ra el sig­ni­fi­ca es­ta loi­ta an­ces­tral: «A Ra­pa das Bes­tas re­pre­sen­ta o in­ten­to do ser hu­mano de do­mar o in­do­ma­ble, al­go que nun­ca imos con­se­guir». Por iso hai dous anos ro­da­ba co seu equi­po no cu­rro de Sa­bu­ce­do o co­me­zo da súa pe­lí­cu­la Si­ci­xia, que fa­la dou­tro sen­ti­men­to in­do­ma­ble, o amor. O en­ga­do da ra­pa pa­ra Vi­lar ven de máis dun­ha dé­ca­da atrás, can­do co­ñe­ce­ra o cu­rro es­tra­den­se e a Va­len­tín Gar­cía. E de alí xur­di­ra un guión, con tí­tu­lo pe­ro aín­da sen financiación: Cel­tia, a fi­lla do ven­to, «un­ha pe­lí­cu­la fa­mi­liar, pa­ra le­var ao ci­ne a pais e fi­llos, cun­ha ne­na de pro­ta­go­nis­ta e a Ra­pa das Bes­tas co­mo es- ce­na­rio». Con es­ta obra no anaquel dos pro­xec­tos pen­den­tes, Vi­lar si se lem­brou das ima­xes que vi­vi­ra na ra­pa pa­ra arran­car Si­ci­xia: «To­do o que pa­sa en Sa­bu­ce­do é moi ci­ne­ma­to­grá­fi­co. Esas se­cuen­cias no cu­rro fo­ron as máis di­fí­ci­les de gra­var da mi­ña vi­da. Aín­da que o equi­po foi­se me­ten­do no cu­rro, e ao fi­nal estaban co­mo un aloi­ta­dor máis». Si­ci­xia le­vou a Ra­pa de Sa­bu­ce­do po­lo mun­do na gran pan­ta­lla: a Xi­xón, a Pa­rís, a Tou­lou­se ou a Hous­ton, on­de aca­ba de pro­cla­mar­se me­llor pe­lí­cu­la es­tran­xei­ra fron­te a un­ha trin­te­na de com­pe­ti­do­ras. Por­que co­mo si­na­la­ba Va­len­tín Gar­cía «o ci­ne é un so­por­te moi in­tere­san­te pa­ra dar a co­ñe­cer a no­sa cul­tu­ra» O vin­dei­ro mar­tes, día 11, Si­ci­xia vol­ta á que é un­ha das súas ca­sas, xun­to coa Cos­ta da Mor­te: pro­xéc­ta­se no cu­rro de Sa­bu­ce­do a par­tir das 22.30 ho­ras, no pri­mei­ro dun­ha se­rie de pa­ses es­te ve­rán por Ga­li­cia. E a pa­rro­quia agar­da ago­ra que Cel­tia co­rra al­gún día po­los mon­tes de Sa­bu­ce­do.

O di­rec­tor de ci­ne Ig­na­cio Vi­lar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.