El ac­tor la­li­nen­se Xoel Fer­nán­dez ha­bla de su pa­pel de nar­co­tra­fi­can­te en la se­rie «Fa­ri­ña»

Gra­ba­cións en ex­te­rio­res na­tu­rais ao lon­go de seis me­ses pa­ra a mon­ta­xe de 10 ca­pí­tu­los

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Costas ga­le­gas. Anos 80. A flo­ta que­da sen tra­ba­llo des­pois da re­con­ver­sión e os ar­ma­do­res ató­pan­se ca­da vez con máis dé­be­das. A fal­ta de in­gre­sos fai que o trá­fi­co de ta­ba­co pa­se a al­go moi­to máis lu­cra­ti­vo: ás dro­gas. Aí es­tá o fío con­du­tor de Fa­ri­ña, a his­to­ria do nar­co­trá­fi­co en Ga­li­cia que se es­tá ro­dan­do na ac­tua­li­da­de e que reúne a máis dun cen­to de ac­to­res, a am­pla maio­ría ga­le­gos, en­tre os que fi­gu­ran dous la­li­nen­ses: Fran La­reu e Xoel Fer­nán­dez. Con es­te úl­ti­mo fa­la­mos do seu pa­pel nes­ta se­rie que é un­ha adap­ta­ción do li­bro de Na­cho Ca­rre­te­ro.

—É un retrato do que pa­sa­ba en Ga­li­cia nos anos 80 e o li­bro fa­la, dal­gún xei­to, dese ADN con­tra­ban­dis­ta que ven do po­bo cos­tei­ro e co­mo co­mer­cia­li­za­ba ile­gal­men­te. Un­ha pu­bli­ca­ción na que me cha­mou a aten­ción o fei­to de que ha­bía con­tra­ban­dis­tas de to­do ti­po: de ga­so­li­na, bi­ci­cle­tas e os de ta­ba­co e co­mo fo­ron de­ca­tán­do­se máis tarde por ou­tro ti­po de dro­gas. O que fai a se­rie é res­ca­tar o fun­cio­na­men­to da­que­la so­cie­da­de.

—Dá­lle vi­da a Xu­lio Bra­ña.

—Si, son un dos ho­mes de con­fian­za de Si­to Mi­ñan­co (per­so­na­xe que in­ter­pre­ta Javier Rey), den­tro des­ta pro­du­ción moi coida­da e con moi­to res­pe­to a no­sa cul­tu­ra, a no­sa for­ma de ser, de ex­pre­sar­nos e que se vai tras­la­dar a Es­pa­ña; e po­si­ble­men­te ao mun­do xa que me pa­re­ce un­ha se­rie per­fec­ta­men­te ex­por­ta­ble ao ex­te­rior. É un­ha se­rie que fa­la da no­sa for­ma de ser, dos ga­le­gos, á mar­xe do con­tra­ban­do por su­pos­to.

—¿Co­mo es­tán a ser as ro­da­xes?

—Par­ti­ci­pei só nun­ha po­lo de ago­ra pe­ro moi ben. Fa­ri­ña é un pro­xec­to coida­dí­si­mo, moi me­ticu­loso e é, den­de o meu pun­to de vis­ta, un­ha das gran­des apos­tas de to­da a te­le­vi­sión a ni­vel na­cio­nal. O re­sul­ta­do fi­nal creo que se­rá fan­tás­ti­co e se te­mos en con­ta que as ro­da­xes es­tán a ser en ex­te­rio­res na­tu­rais que lle da­rán un­ha ri­que­za in­crí­ble á se­rie.

—¿Ex­te­rio­res na­tu­rais po­las costas ga­le­gas?

—Si. As ro­da­xes cén­tran­se por Noia, Boi­ro, Por­to do Son, Arou­sa, Pon­te­ve­dra,... ex­te­rio­res to­dos de gran be­le­za.

—¿Sa­be can­do se po­de­ría ex­trear xa a se­rie?

—O cer­to é que non sa­be­mos aín­da can­do se emi­ti­rá. Po­do de­cir que a ro­da­xe vai pa­ra tem­po, ata o vin­dei­ro mes de no­vem­bro es­tá pre­vis­to con­ti­nuar co tra­ba­llo. Son po­lo tan­to seis me­ses de ro­da­xe que se tra­du­ci­rán en dez ca­pí­tu­los. Hai que ter en con­ta que se po­de fa­cer un ca­pí­tu­lo en oi­to días e aquí fa­la­mos de seis me­ses; de aí o que co­men­ta­ba an­tes do coida­do que se lle es­tá dan­do a es­te pro­du­to.

—A pro­du­to­ra ga­le­ga Bam­bú Pro­duc­cio­nes es­tá de­trás des­te pro­xec­to e ten ac­tual­men­te un­ha fa­ma que lle pre­ce­de.

—Os tra­ba­llos que sa­cou adian­te nos úl­ti­mos tem­pos aca­da­ron im­por­tan­tes éxi­tos de au­dien­cia e pén­sa­se que con es­te novo tra­ba­llo po­de su­ce­der o mes­mo. É un­ha pro­duc­ción moi boa na que real­men­te to­do o mun­do que­ría es­tar.

—Javier Rey, Car­los Blan­co, An­to­nio Durán Mo­rris, Ma­nuel Lou­ren­zo, Celso Bu­ga­llo, Ta­mar No­vas,... to­dos ga­le­gos.

—É que o 99 % por non di­cir o 100 % dos ac­to­res des­ta se­rie so­mos to­dos ga­le­gos. Po­lo con­tex­to e pola tra­ma da se­rie ten que ser así.

—E dous la­li­nen­ses...

—(Ri­sas). Un pra­cer es­tar con Fran La­reu con quen coin­ci­di­ra na se­rie O Fa­ro, e mes­mo che­ga­ron a cru­zar­nos nun­ha es­ce­na, e fí­xo­me moi­ta ilu­sión sa­ber que ía es­tar en Fa­ri­ña. Can­do me con­fir­ma­ron que eu es­ta­ba e el ta­mén cha­meino... É moi di­fí­cil es­tar nun pro­xec­to des­te ti­po e a tí­tu­lo per­soal le­va­ba un ano tra­ba­llan­do pa­ra po­der es­tar aí. Xoel Fer­nán­dez ven com­pa­xi­nan­do den­de o pun­to de vis­ta pro­fe­sio­nal te­le­vi­sión con tea­tro. Fa­mé­li­ca, a obra de Juan Ma­yor­ga chea de re­co­ve­cos e de ca­pas so­cio­ló­xi­cas e his­tó­ri­cas, que di­ri­xe Jor­ge Sán­chez e que pro­ta­go­ni­zan Ma­bel de Po­zo, Juan­ma Díez, Aní­bal So­to e o pro­pio Xoel, es­tá a pro­por­cio­nar­lle moi­tas ale­grías ao ac­tor la­li­nen­se se­gun­do el mes­mo re­co­ñe­ce.

—Non é moi ha­bi­tual cun­ha obra per­ma­ne­za máis de dous anos en car­te­le­ira e con Fa­mé­li­ca es­tá pa­san­do. Se­gue dan­do froi­tos con saí­das fó­ra de Ma­drid e mes­mo des­pois do ve­rán que­ren con­ti­nuar con ela. Era un­ha pe­za que ti­ña moi­tas ga­nas de que es­ti­ve­ra en Lalín, e den­tro da xi­ra que fi­xe­mos por Ga­li­cia, foi po­si­ble. Foi un in­men­so pra­cer po­der trae­la ao po­bo e que nos con­ti­núe dan­do tan­tas sa­tis­fac­cións e froi­tos con saí­das fó­ra de Ma­drid. De fei­to, des­pois do ve­rán, se­me­lla que se­gui­rá re­pre­sen­tán­do­se na ca­pi­tal, no Tea­tro del Ba­rrio.

—Á mar­xe de par­ti­ci­par ago­ra mes­mo en «Fa­ri­ña», ¿al­gún ou­tro pro­xec­to á vis­ta?

—Pois es­tou cun novo pro­xec­to de tea­tro que co­me­za­rei pa­ra se­tem­bro-ou­tu­bro, pe­ro do que pre­fi­ro non adian­tar na­da ata que se­xa un­ha reali­da­de. Lo­go es­tou ta­mén fa­cen­do de dou­tor en Cen­tro Mé­di­co, un­ha se­rie que emi­te Te­le­vi­sión Es­pa­ño­la na que par­ti­ci­pan Je­sús Ca­bre­ro, Ma­ri­na Lo­zano, Ch­ris­tian Gui­ri­guet, Oc­ta­vi Pu­ja­des e Sil­via Mar­co. —Vi­ve en Ma­drid e via­xa de can­do en vez a Lalín, ¿co­mo ve o po­bo que o veu na­cer?

—Lalín vé­xoo a tra­vés dos ollos da xen­te que que­ro e pen­so que hai un­ha ten­den­cia as­cen­den­te.

—¿Ha­be­rá tem­po ago­ra pa­ra es­tar coa fa­mi­lia e cos ami­gos?

—Ten­do en con­ta que es­tou ro­dan­do en Ga­li­cia te­rei opor­tu­ni­da­de de es­tar un pou­co máis por aquí e de via­xar a Ma­drid.

«Es­tou cun novo pro­xec­to de tea­tro que co­me­za­rei pa­ra se­tem­bro-ou­tu­bro»

MI­GUEL SOU­TO

Xoel Fer­nán­dez na Pra­za da Igre­xa de Lalín, a súa vi­la na­tal, es­ta mes­ma se­ma­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.