Trom­pe­ta Vi­lar

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - JO­SÉ COSTOYA VALO

In­te­grei­me na Ban­da de Si­lle­da no ano 1947 e for­mei par­te de­la du­ran­te va­rios anos. Aín­da que ho­xe en día xa non per­ten­zo a ela, sín­to­me co­ma un máis. Co­me­cei os meus es­tu­dios co pro­fe­sor Brey fa­cen­do moi­tos es­for­zos por apren­der. Ía ca­mi­ñan­do des­de Vi­lar ata Cha­pa un­ha vez por se­ma­na du­ran­te tres me­ses. A for­ma­ción con­ti­nuou des­pois con Fran­cis­co Be­ris­tain, que pro­ce­día do exér­ci­to, e co­mo tal esi­xía moi­ta dis­ci­pli­na. Ao che­gar á ca­sa se­guía prac­ti­can­do du­ran­te ho­ras to­dos os días. Sem­pre ti­ven in­tere­se por me­llo­rar e tra­tei de apren­der de to­dos un pou­co ao lon­go da eta­pa en ac­ti­vo. A Ban­da de Mú­si­ca Mu­ni­ci­pal de Si­lle­da ti­vo ao lon­go da súa his­to­ria moi­tos di­rec­to­res dos que non que­ro dei­xar de men­cio­nar a Bete­ta, un ho­me de ca­rác­ter for­te e no que eu me fi­xa­ba pa­ra sa­ber es­tar.

Re­cor­do con ilu­sión os 28 días que to­ca­mos no mes de agos­to, dos ca­les dez to­ca­mos na Co­ru­ña du­ran­te as fes­tas de Ma­ría Pita a me­dia­dos dos anos cin­cuen­ta, fes­tas pa­ra as que nos con­tra­ta­ron e nas que da­ba­mos un con­cer­to pola ma­ñá e ou­tro á noi­ti­ña. Da­que­la ta­mén nos cha­ma­ron de ra­dio Co­ru­ña pa­ra gra­var un­has pe­zas.

Sem­pre que po­do acu­do a con­cer­tos e con­cur­sos da ban­da: Pon­te­ve­dra, San­tia­go, Ma­drid e ou­tros po­bos e ci­da­des. Pa­ra min, es­pe­cial e en­tra­ña­ble, foi o con­cer­to no que par­ti­ci­pou en Al­tea ga­ñan­do o pri­mei­ro pre­mio ne­sa te­rra de mú­si­cos que é o Le­van­te. Na­quel au­di­to­rio tan im­pre­sio­nan­te e con tan­tas per­soas de ta­len­to mu­si­cal sen­tin­me moi pe­queno pe­ro moi fe­liz. O día 30 de abril de 2017 ti­vo lu­gar a es­trea do pa­so­do­bre «O trom­pe­ta Vi­lar» no Au­di­to­rio da Se­ma­na Verde, pe­za com­pos­ta por Juan Lois Dié­guez, an­ti­go in­te­gran­te da Ban­da de Si­lle­da e ac­tual­men­te for­man­do par­te dou­tras agru­pa­cións mu­si­cais. Ne­sa es­trea vin­me arrou­pa­do pola mi­ña fa­mi­lia e acom­pa­ña­do po­lo po­bo de Si­lle­da que acos­tu­ma asis­tir aos con­cer­tos. Den­tro de min aflo­ra­ron moi­tos sen­ti­men­tos aos que re­sul­ta di­fí­cil po­ñer pa­la­bras. Al­gun­has po­den pa­re­cer con­tra­di­to­rias: nos­tal­xia, ale­gría, mo­rri­ña, fe­li­ci­da­de,... Por úl­ti­mo, que­ro dar as gra­zas ao di­rec­tor Ra­fael Agu­lló, a Juan Lois Dié­guez, a Si­món Cou­cei­ro, a Jo­sé en­car­ga­do da es­co­la de mú­si­ca, a Her­mi­nio pre­si­den­te da ban­da, aos ir­máns Vi­duei­ros que me in­for­man e con­tan co­mi­go e a to­dos os com­po­ñen­tes da mi­ña ban­da que fan que me sin­ta res­pec­ta­do e que­ri­do por eles.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.