Mé­ri­ta Cres­po cuen­ta su la­bor co­mo vo­lun­ta­ria de Cruz Ro­ja acom­pa­ñan­do a una an­cia­na

Le­va tres anos re­ga­lan­do par­te do seu tem­po a con­ver­sar e pa­sear cun­ha an­ciá

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

En Ga­li­cia hai na ac­tua­li­da­de 269.534 fo­ga­res nos que só vi­ve un­ha per­soa e das que 121.297 de­las su­pe­ran os 65 anos de ida­de. Se­gun­do a pro­xec­ción de­mo­grá­fi­ca de ca­ra ao 2031 esa ci­fra au­men­ta­rá e si­tua­ra­se en 347.027 per­soas. Da­tos que nos dei­xan en­tre­ver a soe­da­de na que es­tán ins­tau­ra­dos moi­tos ga­le­gos e a ne­ce­si­da­de de es­ta­ble­cer mé­to­dos pa­ra con­tro­lar un­ha óp­ti­ma si­tua­ción de be­nes­tar. Maio­res que con­tan pois con ser­vi­zos de te­le­asis­ten­cia, axu­da no fo­gar e acom­pa­ña­men­to pa­ra aca­dar as me­llo­res con­di­cións de vi­da po­si­ble. Ad­mi­nis­tra­cións, aso­cia­cións e co­lec­ti­vos re­do­bran es­for­zos pa­ra mellorar a vi­da dos maio­res, e aí xo­ga un pa­pel im­por­tan­te Cruz Ro­ja que en La­lín e Tabeirós-Te­rra de Mon­tes aten­de ac­tual­men­te a 360 an­ciáns a tra­vés de proxectos de aten­ción a per­soas con fun­cións cog­ni­ti­vas de­te­rio­ra­das ou axu­da a do­mi­ci­lio com­ple­men­ta­ria. Ma­ría Emé­ri­ta Cres­po Gon­zá­lez, «Mé­ri­ta», é vo­lun­ta­ria de acom­pa­ña­men­to do­mi­ci­lia­rio. —Son den­de que se abriu a se­de de Cruz Ro­ja en La­lín, den­de o ano 2014. Creo que fun das pri­mei­ras en ano­tar­me.

—¿Que a le­vou a ser vo­lun­ta­ria de acom­pa­ña­men­to? —Tra­ba­llei máis de trin­ta anos con xen­te maior a tra­vés da axu­da a do­mi­ci­lio e pa­ré­ce­me que é fa­cer un­ha boa obra o es­tar un­ha ho­ra con per­soas que es­tán soas. Ao pri­mei­ro, aín­da non es­ta­ba xu­bi­la­da e com­pa­xi­na­ba o tra­ba­llo co acom­pa­ña­men­to po­la tar­de pe­ro ago­ra xa xu­bi­lei e só es­tou pa­ra o que me pre­ci­sen.

—¿A can­tas per­soas acom­pa­ña? —A un­ha soa. É un­ha mu­ller que es­tá a pi­ques de cum­prir os 96 anos. Ela ten fa­mi­lia que mi­ra por ela, ten fi­llos, con­ta cun­ha au­xi­liar que vai a fa­cer­lle as cou­sas e ou­tra que dur­me con ela e eu só vou pa­ra fa­cer­lle com­pa­ñía un­ha ho­ra á se­ma­na. Es­tou en­can­ta­da con ela e pen­so que ela con­mi­go ta­mén. A mi­ña idea é se­guir aí men­tres me quei­ran e se que­ren que acom­pa­ñe a al­guén máis sin pro­ble­ma.

—¿E que fan ne­sa ho­ra de xun­tan­za?

—Pois fa­la­mos... e ago­ra que es­tá bo tem­po apro­vei­ta­mos pa­ra dar un pa­seo, bo­tá­mos­lle uns con­tos e un­has ri­sas... Lé­vo­lle li­bros que me dan na Cruz Ro­ja pa­ra a es­ti­mu­la­ción da me­mo­ria, ve na te­le­vi­sión al­gun­ha cou­sa que lle gus­ta e os do­min­gos non se per­de a mi­sa.

—¿Co­mo se ac­ce­de a es­te ti­po de ser­vi­zo?

—No ca­so des­ta se­ño­ra que acom­pa­ño xa con­ta­ba co ser­vi­zo de te­le­asis­ten­cia e se lle pro­pu­xo que un vo­lun­ta­rio vi­ñe­se a es­tar ta­mén con ela. Son acom­pa­ña­men­tos que de ser pre­ci­so ir ao mé­di­co cos maio­res a un­ha con­sul­ta ta­mén se vai ou ir a mer­car­lle as me­di­ci­nas se non ten que lle­lo fa­ga pe­ro fun­da­men­tal­men­te é de acom­pa­ña­men­to, de es­tar con eles pa­ra que non se sin­tan tan sós. —¿Quen re­qui­re maio­ri­ta­ria­men­te es­te ser­vi­zo a xen­te do cas­co ur­bán ou do ru­ral? —No pro­gra­ma de acom­pa­ña­men­to hai na ac­tua­li­da­de un­has do­ce per­soas que es­tán sen­do aten­di­das, e se­gún co­men­tan na or­ga­ni­za­ción hai bas­tan­te de­man­da pa­ra o mes­mo. En can­to á pro­ce­den­cia é tan­to xen­te do ru­ral co­mo do po­bo o que bus­can es­te ti­po de pro­gra­ma. —Di­cía que ha­bía lis­ta de agar­da, ¿sig­ni­fi­ca que se pre­ci­san máis vo­lun­ta­rios?

—Cla­ro o que pa­sa é que a xen­te non sa­be o que é es­to, o que fai un vo­lun­ta­rio e os pro­gra­mas que se le­van a ca­bo den­de Cruz Ro­ja. Es­tou con­ven­ci­da de que se a xen­te ti­ve­ra máis co­ñe­ce­men­tos so­bre o acom­pa­ña­men­to ha­be­ría máis vo­lun­ta­rios. O no­so é un com­pro­mi­so vo­lun­ta­rio con per­soas que son co­mo os teus avós. É co­ma se os ti­ve­ras.

MI­GUEL SOU­TO

Ma­ría Emé­ri­ta Cres­po Gon­zá­lez exer­ce co­mo vo­lun­ta­ria den­de o ano 2014.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.