Gra­zas mil

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Sen­tí­mo­nos tan agra­de­ci­dos que ti­ña­mos que fa­cer pú­bli­ca es­ta car­ta. Por­que sen to­dos vós Xi­ran­do­la non se­ría o que ho­xe é. Por­que non te­ría­mos che­ga­dos aos 30 anos, nin a Lau­san­ne, nin a Holanda, nin a Bos Ai­res. Es­ta­mos agra­de­ci­dos e fe­li­ces gra­zas a vós, por­que sen vós non te­ría exis­ti­do to­dos eses in­ter­cam­bios con ou­tros gru­pos nin to­das esas re­co­lli­das po­las al­deas de Ga­li­cia que nos fi­xe­ron me­drar co­mo per­soas e co­mo gru­po, que nos ache­ga­ron un pou­qui­ño máis á esen­cia do fol­clo­re, que nos fi­xe­ron apren­der dos erros e ce­le­brar os acer­tos, que nos fi­xe­ron ser o que ho­xe so­mos. E por­que que­re­mos se­guir apren­den­do e me­dran­do e en­si­nan­do e en­gor­dan­do a cul­tu­ra ga­le­ga e a cul­tu­ra de­zá. Por­que máis que un gru­po so­mos un­ha fa­mi­lia, un mo­ti­vo de reunión so­cial pa­ra os si­lle­den­ses (e pa­ra os que non o son ta­mén). Por­que sen vós non po­de­ría­mos pre­su­mir de ves­tia­rio nin de bai­les nin de mú­si­ca. Gra­zas a vós sen­tí­mo­nos or­gu­llo­sos de le­var a Ban­dei­ra e o no­so Con­ce­llo de Si­lle­da po­lo mun­do adian­te e de re­pre­sen­tar a un­ha vi­la que apos­ta po­lo no­so e que apoia as no­sas raí­ces.

Gra­zas, gra­zas e mil gra­zas ao Con­ce­llo de Si­lle­da por va­lo­rar sem­pre e ao lon­go de to­da a no­sa his­to­ria os no­sos es­for­zos de in­ves­ti­ga­ción e as no­sas pro­pos­tas e por apoiar­nos sem­pre tan­to a ni­vel eco­nó­mi­co co­mo mo­ral. Sen vós o día 1 de xu­llo non se­ría tan gran­de.

Gra­zas a to­da a xen­te da vi­la por acom­pa­ñar­nos nes­te ca­mi­ño du­ran­te as tres pri­mei­ras dé­ca­das. Gra­zas a to­do o pú­bli­co que nos amo­sou o seu apoio du­ran­te as tres ho­ras de fes­ti­val de ce­le­bra­ción do aniver­sa­rio. Gra­zas a Ban­da Re­crea­ti­va e Cul­tu­ral de Ban­dei­ra e ao Co­ro Va­les Mahía po­la súa de­di­ca­ción de­sin­te­re­sa­da e po­las ho­ras de en­saio que nos axu­da­ron a pre­pa­rar par­te da no­sa tri­xé­si­mo pri­mei­ra mos­tra. Gra­zas ao gru­po El Tren­cal de Car­let-Va­len­cia por re­co­rrer máis de mil qui­ló­me­tros pa­ra bai­lar quin­ce mi­nu­tos e apor­tar un to­que me­di­te­rrá­neo ao fes­ti­val. Gra­zas a pa­pás e ma­más e avós e avoas e tías e pri­mas e de­máis fa­mi­lia po­la súa pa­cien­cia pa­ra ir e vir aos en­saios das ac­tua­cións, aos con­cur­sos, por ani­mar­nos sem­pre. Gra­zas a to­dos os que fi­xes­tes po­si­ble que o día 1 de xu­llo fo­se un­ha da­ta es­pe­cial, por esa tar­ta sa­bo­ro­sa que nos trou­xes­tes, por dei­xar­nos rou­pa pa­ra os bai­les,...

Gra­zas, en de­fi­ni­ti­va, a to­dos. Por fa­cer­nos fe­li­ces e dei­xar­nos se­guir adian­te. Vé­mo­nos o ano que ven, e es­pe­ra­mos ta­mén den­tro dou­tros trin­ta anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.