«Nas al­deas non hai xen­te e ca­da vez que­da me­nos con quen po­der fa­lar»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

Mé­ri­ta Cres­po criou­se en Le­bo­zán, on­de se­gue vi­vin­do na ac­tua­li­da­de, e bo­ta moi­to de me­nos aque­las ca­sas cheas de ve­ci­ños. —Na mi­ña al­dea ha­bía 35 fa­mi­lias. Ho­xe cón­tan­se seis ca­sas pe­cha­das e na que máis xen­te hai son ca­tro de fa­mi­lia. Se es­to con­ti­núa así es­tá cla­ro que as al­deas van des­apa­re­cer. Así é que nas al­deas non hai xen­te e ca­da vez que­da me­nos con quen po­der fa­lar de aí a im­por­tan­cia de que den­de Cruz Ro­ja pu­xe­ran a an­dar es­te pro­gra­ma. Así, po­lo me­nos, al­gun­ha xen­te po­de bo­tar un con­to con al­guén de vez en can­do.

—¿A con­ver­sa nor­mal­men­te vai do de an­tes ou es­tán moi ac­tua­li­za­dos?

—Cla­ro que se fa­la máis do de an­tes. No ca­so da mu­ller que eu acom­pa­ño fa­la­mos un chis­co de to­do pe­ro máis das súas vi­ven­cias de can­do era ne­na ou mo­za, o que fa­cían da­que­las na pa­rro­quia... O que me­nos lle in­tere­sa é a po­lí­ti­ca.

—¿Que é o que máis va­lo­ra des­te pro­gra­ma?

—A sa­tis­fac­ción que te­ño de fa­cer o que fa­go. Sem­pre que poi­das fa­cer al­go por ou­tra per­soa pen­so que é bo. Can­do es­ti­ven tra­ba­llan­do coa em­pre­sa Socy­ser en axu­da a do­mi­ci­lio o tra­to con to­dos os usua­rios era moi fa­mi­liar e aquí ta­mén o é. Ago­ra mes­mo creo que so­mos uns 35 vo­lun­ta­rios e es­pe­ro que ve­ña máis xen­te a bo­tar un­ha man ne­ses ocos que ten. Aquí ca­da un de nós co­la­bo­ra can­do po­de. —¿Par­ti­ci­pa das ac­ti­vi­da­des da or­ga­ni­za­ción?

—Sem­pre que po­do. Par­ti­ci­po nas reunións de vo­lun­ta­rios, o pa­sa­do día 15 fo­mos cos maio­res do pro­gra­ma de en­ve­lle­ce­men­to ac­ti­vo fo­mos a Poio, vou aos ta­lle­res de me­mo­ria que ta­mén me fan fal­ta e ago­ra pron­to co­me­za­rán os de xe­ron­to­xim­na­sia pa­ra maio­res de 65 anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.