La­lín con­ta­rá a par­tir de la pró­xi­ma se­ma­na con el pri­mer al­ber­gue pri­va­do en el cas­co ur­bano

Emi­li­ano Gar­cía e Ele­na Gon­zá­lez son os im­pul­so­res des­ta no­vi­do­sa ini­cia­ti­va

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AMELIA FERREIROA

O con­ti­nuo flu­xo de pe­re­gri­nos ca­mi­ñan­do po­la pa­rro­quia de Don­sión, on­de vi­vía por aquel en­tón, ca­ra a Com­pos­te­la le­vou ao em­pre­sa­rio la­li­nen­se Emi­li­ano Gar­cía Méi­jo­me a pran­te­xar­se abrir nun fu­tu­ro un al­ber­gue de pe­re­gri­nos no cas­co ur­bano de La­lín.

Pa­sa­ron al­go máis de dez anos den­de aquel desexo que se es­tá tor­nan­do en reali­da­de, e o vin­dei­ro mér­co­res co­me­za­rá a fun­cio­nar o pri­mei­ro al­ber­gue pri­va­do im­pul­sa­do por Emi­li­ano e po­la súa mu­ller Ele­na, «que dei­xou a ten­da que ti­ña pa­ra em­bar­car­se nes­te pro­xec­to», co­men­ta ilu­sio­na­do o ar­tí­fi­ce do mes­mo. Un al­ber­gue que le­va­rá o mes­mo no­me que a piz­ze­ría-ta­pe­ría que re­xen­tan os Gar­cía Méi­jo­me: A Ca­sa do Ga­to.

As ins­ta­la­cións se ubi­can na rúa Ob­ser­va­to­rio e con dis­po­ni­bi­li­da­de pa­ra vin­te pra­zas. «Con­ta­mos con dez li­te­ras, dous ba­ños con un par de du­chas en ca­da un, un­ha co­ci­ña co­mu­ni­ta­ria pa­ra o uso dos in­qui­li­nos e un­ha sa­la. No al­ber­gue hai ta­mén la­va­do­ra, se­ca­do­ra e wi­fi», di­xo. Es­pe­cial aten­ción se lle pres­ta­rá á co­mo­di­da­de do vi­si­tan­te e aos pre­zos que re­xe­rán no al­ber­gue. «Se­rán pre­zos low cost, to­tal­men­te ase­qui­bles. A xen­te o que ven de­man­dan­do son ser­vi­zos bá­si­cos e pre­zos moi ra­zo­na­bles eé o que imos es­ta­ble­cer».Per­noc­tar no Al­ber­gue Ca­sa do Ga­to cus­ta­rá 10 eu­ros nun pa­que­te no que se in­clúe sa­ba bai­xei­ra, fun­da de al­mo­fa­da e nór­di­co; e aque­les que pi­dan sa­bas de tea te­rán que pa­gar un su­ple­men­to de 2 eu­ros.

Un­has ins­ta­la­cións cu­xo uso es­tán pen­sa­das fun­da­men­tal­men­te pa­ra gru­pos, fa­mi­lias e pe­re­gri­nos. «Son moi­tos os que fan o Ca­mi­ño de San­tia­go po­la Vía da Pra­ta e po­lo Ca­mi­ño de In­verno pois pa­ra eles es­tá pen­sa­do o al­ber­gue pe­ro ta­mén pa­ra as fa­mi­lias e os gru­pos que ve­ñen dis­fru­tar da no­sa pai­sa­xe, na­tu­re­za e gas­tro­no­mía». Gar­cía Méi­jo­me apos­ta por tra­ba­llar na deses­ta­cio­na­li­za­ción da épo­ca en que mi­les de pe­re­gri­nos fan o ca­mi­ño. «Pó­de­se ca­mi­ñar ca­ra a San­tia­go en cal­quer épo­ca do ano e nós ten­ta­mos ta­mén den­de a Aso­cia­ción Ami­gos do Ca­mi­ño a San­tia­go Por La­lín-De­za (da que é vi­ce­pre­si­den­te) im­pul­sar e pro­mo­cio­nar os úl­ti­mos 100 qui­ló­me­tros de per­co­rri­do a Com­pos­te­la co­llen­do La­lín co­mo cam­po ba­se», ex­pli­cou.

Por ou­tra ban­da en­tre os ob­xec­ti­vos da pos­ta en mar­cha des­ta ini­cia­ti­va es­tá ta­mén dár­lle un pu­lo aos es­ta­ble­ce­men­tos lo­cais «e que se be­ne­fi­cien ta­mén dis­to xa que con­ta­mos cun ex­ce­len­te co­mer­cio de pro­xi­mi­da­de e, xus­to ao ca­rón do al­ber­gue, cal­quer vi­si­tan­te po­de ir a mer­car á Pra­za de Abas­tos, car­ni­ce­ría, pei­xei­ría e pa­na­de­ría».

«O pa­que­te de per­noc­ta­ción se­rá de 10 eu­ros, un pre­zo moi ase­qui­ble»

MI­GUEL SOUTO

Emi­li­ano Gar­cía Méi­jo­me, nas ins­ta­la­cións do al­ber­gue da rúa Ob­ser­va­to­rio de La­lín.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.