«O pri­mei­ro pal­co que mer­ca­mos le­va­bá­mo­lo en trac­tor pa­ra as fes­tas» A pri­mei­ra ac­tua­ción que con­tra­tou foi a de Ana Ki­ro, no 1986, pa­ra Castro de Arri­ba

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AMELIA FERREIROA

O ve­rán é den­de sem­pre si­nó­ni­mo de fes­tas. As ver­be­nas co­pan boa par­te da ac­ti­vi­da­de de le­cer nes­tes meses no que ta­mén abon­dan as reunións de fa­mi­lia, ce­ri­mo­nias, xan­ta­res e ceas. Ce­le­bra­cións que es­tán aso­cia­das a car­pas e pal­cos. Un mun­do ben co­ñe­ci­do pa­ra Lo­la Fer­nán­dez Mei­jo­men­ce (Bar­cia-Lalín). Le­va, co seu ho­me Mon­cho Lo­ren­zo, vin­te­se­te anos mon­tan­do pal­cos prin­ci­pal­men­te po­la co­mar­ca pe­ro ta­mén por ou­tros pun­tos da xeo­gra­fía ga­le­ga. Un ofi­cio no que se for­mou den­de abai­xo e no que co­me­zou, co­mo su­ce­de en moi­tas fa­ce­tas da vi­da, pa­ra la­brar­se ca­mi­ño. Un­ha iniciativa em­pre­sa­rial que deu froi­tos po­si­ti­vos ma­lia que os co­me­zos, co­mo ela lem­bra, non es­ti­ve­ron exen­tos de al­gun­has di­fi­cul­ta­des, loi­ta e te­són.

—¿Co­mo arran­cou es­ta pro­xec­to em­pre­sa­rial?

—Mon­cho (o seu ho­me) era mú­si­co. To­ca­ba o sa­xo na or­ques­tra Ca­pi­tol e na Ban­da de Vi­la­tu­xe e da­que­las pen­sa­mos en em­pe­zar a con­tra­tar or­ques­tras pa­ra as fes­tas. A pri­mei­ra ac­tua­ción mu­si­cal que pe­cha­mos foi a de Ana Ki­ro en Castro de Arri­ba alá po­lo ano 1986. Lém­bro­me que foi un exi­ta­zo e mes­mo que a can­tan­te se cam­biou na ca­sa de Ni­la. Non co­llía nin un al­fi­ler po­la fes­ta de San Biei­to. Foi o co­me­zo. Mon­cho to­ca­ba e eu con­tra­ta­ba fes­tas e así con­ti­nuei ata que na­ceu o meu fi­llo Ale­jan­dro en 1991. —¿Que fa­cía exac­ta­men­te? —Con­tra­ta­ba as fes­tas, fa­cía os pro­gra­mas, pre­pa­ra­ba os per­mi­sos e da­que­las ha­bía que ir a A Es­tra­da á Se­gu­ri­da­de So­cial que aquí non ti­ña­mos, aten­día ás co­mi­sións de fes­tas e ta­mén as pro- pias or­ques­tras na­que­lo que pre­ci­sa­ban. Era moi­to tra­ba­llo.

—E sin ac­ce­so ao te­lé­fono mó­bil e con pou­cos fi­xos... —(Ri­sas). Ago­ra é máis fá­cil no as­pec­to das co­mu­ni­ca­cións! Na­que­les anos ti­ñas que fa­cer uso dos teléfonos pú­bli­cos pa­ra sa­ber da dis­po­ni­bi­li­da­de que ti­ñan as or­ques­tras, os seus pre­zos... Nor­mal­men­te can­do me reunía cun­ha co­mi­sión pro­cu­ra­ba fa­ce­lo on­de hou­be­se un te­lé­fono pú­bli­co pa­ra po­der cha­mar a or­ques­tra e co­men­tar­lles xa aos ra­mis­tas a po­si­bi­li­da­de que ha­bía pa­ra con­tra­ta­la. Cer­to que as co­mi­sións re­ga­tea­ban to­das. Non ha­bía un­ha que non me pe­di­ra un pre­zo máis bai­xo por un­ha or­ques­tra.

—¿Can­to cus­ta­ba un­ha or­ques­tra con cer­ta so­le­ra?

—Un­ha or­ques­tra, di­ga­mos que boa, cus­ta­ba un­has 300.000 pe­se­tas. As co­mi­sións de fes­tas sem­pre, Estrelas da can­ción. Lo­la lem­bra con es­pe­cial aga­ri­mo as con­tra­ta­cións que fi­xo de Ma­no­lo Es­co­bar que ac­tuou en Fur­co, Marta Sán­chez pa­ra as fes­tas pa­tro­nais de Lalín, Os Pan­chos e Ana Ki­ro; «un­ha per­soa ex­tra­or­di­na­ria con quen man­ti­ña­mos un­ha fon­da ami­za­de». sem­pre que­rían boas agru­pa­cións e tra­ba­lla­ban moi­to pa­ra po­der pa­gar as fes­tas. —Con­tra­ta­ba or­ques­tras pe­ro, ¿ins­ta­la­ba ta­mén pal­cos? —Ta­mén. Con­tra­tei fes­tas ata o ano 1991 e co­me­za­mos a co­lo­car pal­cos den­de 1985 apro­xi­ma­da­men­te. O pri­mei­ro mer­cá­mos­llo á or­ques­tra So­lano. Era de se­te me­tros, pre­gá­ba­se á me­ta­de, e le­va­bá­mo­lo en trac­tor pa­ra as fes­tas que fa­cia­mos po­la con­tor­na; a Vi­la­tu­xe, Sou­to­lon­go... —¿Co­mo fa­cían can­do era un­ha fes­ta máis lon­xe?

—Pois o pal­co ía nun ca­mión que no­lo trans­por­ta­ba ata on­de ti­ña­mos a fes­ta, alí des­car­ga­ba e nós nos en­car­ga­ba­mos de mon­ta­lo, co­ma nos ou­tros si­tios a on­de iba­mos. Lo­go a de­man­da foi me­dran­do e pe­dí­mos­lle a un ferreiro que ha­bía en Vi­la­tu­xe que nos fi­xe­ra dous pal­cos máis pe­ro de 9 me­tros e foi can­do mer­ca­mos ta­mén un ca­mión de se­gun­da man de 3.500 qui­los pa­ra le­var os pal­cos. A pos­te­rior ad­qui­si­ción que di­xe­mos fo­ron ou­tros dous pal­cos de 10,5 me­tros e un­ha pla­ta­for­ma que aín­da con­ser­va­mos na ac­tua­li­da­de. Lo­go veu a mo­da das car­pas pa­ra fes­tas e even­tos di­ver­sos e ta­mén nos fi­xe­mos cun­ha pri­mei­ra, que era pe­que­na e ti­ña uns de­zaoi­to me­tros por ca­tor­ce.

MI­GUEL SOUTO

Lo­la Gar­cía Mei­jo­men­ce, ao ca­rón dun pal­co que ins­ta­la­ron pa­ra as fes­tas de Xa­xán.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.