Co­me­za o cur­so de ve­rán de La­lín, un fo­ro aber­to ao pú­bli­co

Ex­per­tos abor­da­rán a emo­cio­na­li­da­de, coedu­ca­ción, di­ver­si­da­de e vio­len­cias ao lon­go de ca­tro xor­na­das

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - AME­LIA FERREIROA

O cur­so de ve­rán No­vas Fron­tei­ras na Igual­da­de de Opor­tu­ni­da­des 2.0: vio­len­cias, di­ver­si­da­de, coedu­ca­ción e emo­cio­na­li­da­de, que or­ga­ni­za o Ins­ti­tu­to de Cien­cias da Edu­ca­ción da USC e a Ofi­ci­na de Igual­da­de do Con­ce­llo de La­lín, se­rá inau­gu­ra­do no Sa­lón Tea­tro ás 9.30 da ma­ñán po­lo al­cal­de Ra­fael Cuí­ña, a di­rec­to­ra do Ins­ti­tu­to de Cien­cias da Edu­ca­ción da USC Ana María Por­to Cas­tro e a se­cre­ta­ria xe­ral de Igual­da­de da Xun­ta Su­sa­na Ló­pez Abella.

Ca­tro in­ten­sas xor­na­das nas que se abre «un es­pa­zo de ana­li­se, re­fle­xión e debate», se­gún apun­tou den­de a ofi­ci­na de Igual­da­de do Con­ce­llo de La­lín Su­si Payo. Un cur­so no que se abor­da­rán te­mas de ple­na ac­tua­li­da­de

e que abri­rá ho­xe a pro­fe­so­ra ti­tu­lar de So­cio­lo­xía do Xé­ne­ro e di­rec­to­ra do Cen­tro de Es­tu­dos de Xé­ne­ro e Fe­mi­nis­tas da Uni­ver­si­da­de de A Co­ru­ña Ro­sa Co­bo que fa­la­rá do le­ga­do do fe­mi­nis­mo. Un­ha pri­mei­ra xor­na­da na que pa­sa­rán po­lo sa­lón tea­tro la­li­nen­se o pro­fe­sor de me­di­ci­na le­gal e di­rec­tor da Uni­ver­si­da­de de Igual­da­de da Uni­ver­si­da­de de Gra­na­da Mi­guel Lorente, a psi­có­lo­ga Ia­ni­re Es­té­ba­nez que xa to­mou par­te nou­tros cur­sos de ve­rán na ca­pi­tal de­zá e o pro­fe­sor de De­rei­to Cons­ti­tu­cio­nal da Uni­ver­si­da­de de Cór­do­ba Oc­ta­vio Sa­la­zar.

A no­va mas­cu­li­ni­da­de, do amor ao con­trol a gol­pe de click e da ma­ter­ni­da­de su­bro­ga­da di­ser­ta­rán ca­da un de­les nun «fo­ro aber­to a to­das as per­soas in­tere­sa­das ata cu­brir afo­ro, non só ma­tri­cu­la­dos», in­sis­tiu Payo.

Un cur­so que che­ga a súa 13 edi­ción con 55 per­soas ma­tri­cu­la­das, con ida­des de en­tre 17 e 60 anos, pro­ce­den­tes de 29 con­ce­llos das ca­tro pro­vin­cias e ta­mén de As­tu­rias, Ma­drid e Me­li­lla.

Ma­ñán as po­nen­cias xi­ra­rán so­bre di­ver­si­da­de, o xo­ves se­rán so­bre coedu­ca­ción pa­ra pe­char coa emo­cio­na­li­da­de o ven­res.

No cur­so ma­tri­cu­lá­ron­se máis de cin­coen­ta per­soas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.