Pro­ta­go­nis­ta

O es­cri­tor arou­sano foi ga­lar­doa­do co cer­ta­me de no­ve­la Gar­cía Ba­rros con­vo­ca­do po­lo Con­ce­llo da Es­tra­da

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - A. MANSO / J. B.

Marcos Cal­vei­ro des­gra­na de­ta­lles del libro con el que ga­nó el pre­mio Gar­cía Ba­rros

O es­cri­tor de Vi­la­gar­cía afin­ca­do en Vi­go, Marcos Cal­vaei­ro, ga­ñou o cer­ta­me de no­ve­la Gar­cía Ba­rros, con­vo­ca­do po­lo Con­ce­llo da Es­tra­da, coa súa obra O xar­di­ñei­ro dos in­gle­ses. —¿Co­mo de­ci­diu pre­sen­tar­se a es­te cer­ta­me? —Per­co­rro to­dos os con­cur­sos da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga. Tal e co­mo es­tá ho­xe o mer­ca­do, pu­bli­car un libro sen a re­per­cu­sión que apor­ta un pre­mio é moi­to máis com­pli­ca­do de ca­ra a ven­de­lo. Se es­te libro o pu­bli­ca­se en Ga­la­xia sen o pre­mio non es­ta­ría fa­lan­do con­ti­go se­gu­ra­men­te. —¿Que su­pu­xo pa­ra vos­te­de es­te ga­lar­dón?

—Ale­gría, vi­si­bi­li­da­de e o fei­to de que é un­ha no­ve­la que xa leva moi­to tem­po es­cri­ta. Non ti­ve­ra sor­te con ela por

ago­ra e xa pen­sa­ba que ti­ña al­gún pro­ble­ma que eu non era quen de ver. Tam­pou­co son de re­to­car moi­to as no­ve­las un­ha vez que as re­ma­to, e es­ta­ba nun cai­xón. Xa ca­se es­ta­ba se­gu­ro de que aca­ba­ría alí en­te­rra­da. —¿De que tra­ta a no­ve­la?

—É un­ha no­ve­la da me­mo­ria. Da mi­ña me­mo­ria per­soal en Vi­la­gar­cía, on­de me criei. Fa­la ta­mén dun­ha Vi­la­gar­cía que eu non co­ñe­cín, un­ha Vi­la­gar­cía an­te­rior á Gue­rra Ci­vil, a Vi­la­gar­cía dos in­gle­ses on­de ha­bía bal­nea­rios, praias, gran­des cha­lés. É un­ha me­mo­ria his­tó­ri­ca por­que se re­cons­trúe to­da

esa épo­ca. Hai un­ha par­te his­tó­ri­ca que re­la­ta a Vi­la­gar­cía dos in­gle­ses, a que pin­ta So­ro­lla e que vi­si­ta Lor­ca ca ba­rra­ca... e des­pois hai par­te actual, un es­cri­tor que in­ves­ti­ga o pa­sa­do do seu avó e en­la­za ca épo­ca an­ti­ga. —¿Po­de­se di­cir que é un­ha ho­me­na­xe a Vi­la­gar­cía?

—Evi­den­te­men­te. Fa­lo de moi­tos lu­ga­res e moi­tas lem­bran­zas da mi­ña in­fan­cia. Exis­te un­ha re­la­ción moi es­pe­cial cos lu­ga­res da túa ne­nez. Sem­pre pen­sei que era a no­ve­la da mi­ña vi­da po­la im­pli­ca­ción per­soal que ti­ña con ela, hai moi­ta ba­se real da mi­ña vi­da nes­ta obra.

M. S.

Cal­vei­ro, nun­ha char­la en xa­nei­ro no IES de Si­lle­da.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.