Pro­ta­go­nis­ta

A ex­per­ta en nu­tri­ción apos­ta por re­edu­car a pais e ca­ti­vos en há­bi­tos sau­da­bles

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA LA­LÍN / LA VOZ

La nu­tri­cio­nis­ta la­li­nen­se Va­nes­sa Ta­boa­da apor­ta con­se­jos an­te el al­za de la obe­si­dad in­fan­til

Un 18,3 % dos ca­ti­vos con ida­des com­pren­di­das en­tre 6 e 9 anos te­ñen obe­si­da­de e a por­cen­ta­xe so­be ao 43 % se se in­clúe so­bre­pe­so, se­gun­do da­tos apor­ta­dos po­lo es­tu­do Ala­dino. Na no­sa co­mu­ni­da­de, e con da­tos re­co­lli­dos do pro­gra­ma Xer­mo­la da con­se­lle­ría de Sa­ni­da­de da Xun­ta de Ga­li­cia, se ex­trae que os ca­ti­vos de en­tre 6 e 15 anos pre­sen­tan so­bre­pe­so ou obe­si­da­de. Po­la súa ban­da o es­tu­dio Ga­li­nut, coor­di­na­do nun pri­mei­ro mo­men­to por Ra­fael To­jo, e pos­te­rior­men­te po­la es­tra­den­se Rosaura Leis sa­lien­ta que a obe­si­da­de se tri­pli­cou en Ga­li­cia nos úl­ti­mos anos. Os ne­nos ga­le­gos pe­san ho­xe, de me­dia, 7,3 qui­los máis que 38 años atrás e a súa cin­tu­ra au­men­tou en­tre 4 e 6 cen­tí­me­tros. Da­tos pa­ra pran­te­xar un­ha fon­da re­fle­xión ao res­pec­to da obe­si­da­de in­fan­til pe­ro, ¿su­ce­de o mes­mo nas no­sas co­mar­cas? Pa­ra a die­tis­ta e nu­tri­cio­nis­ta Va­nes­sa Ta­boa­da San­tín «sal­ta á vista que aquí ta­mén hai so­bre­pe­so e obe­si­da­de».

—Non po­de­mos apor­tar da­tos con­cre­tos co­ma os dos es­tu­dos an­tes men­cio­na­dos pe­ro o que es­tá cla­ro é que os ne­nos ga­ña­ron pe­so e pe­rí­me­tro ab­do­mi­nal. A obe­si­da­de in­fan­til mul­ti­pli­cou­se por tres en Ga­li­cia en ca­si cua­ren­ta anos e é moi preo­cu­pan­te. —Can­do fa­la­mos dun neno obe­so, ¿ca­les son os pa­rá­me­tros a ter en con­ta pa­ra afir­ma­lo? —É pre­ci­so ter en con­ta o Ín­di­ce de Ma­sa Cor­po­ral e os per­cen­ti­les que son os cálcu­los de re­fe­ren­cia pa­ra diag­nos­ti­car a obe­si­da­de. Un neno ten so­bre­pre­so can­do o seu Ín­di­ce de Ma­sa Cor­po­ral su­pera o per­cen­til 85 e es­ta­ria­mos an­te un ca­so de obe­si- da­de se che­ga a 97.

—¿Un neno con ex­ce­so de pe­so se­rá un adul­to obe­so?

—Es­tá cla­ro que du­ran­te os pri­mei­ros anos de vi­da es­tán a for­mar­se as no­vas cé­lu­las gra­xas se­gun­do se­xan pre­ci­sas, de xei­to que can­ta maior can­ti­da­de de gra­xa al­ma­ce­ne­mos, maior se­rá ta­mén o nú­me­ro de cé­lu­las de te­ci­do adi­po­so. Ten­se ob­ser­va­do que os ne­nos obe­sos te­ñen ata o tri­plo de cé­lu­las adi­po­sas que os ou­tros ca­ti­vos. O pro­ble­ma é que xe­ral­men­te a par­tir da ado­les­cen­cia o nú­me­ro des­tas cé­lu­las se con­ser­va cons­tan­te­men­te o res­to da vi­da po­lo que o seu ex­ce­so su­po­rá un­ha maior fa­ci­li­da­de pa­ra o al­ma­ce­na­men­to de gra­xa. Sig­ni­fi­ca que con­tro­lar a ob­se­di­da­de ou o ex­ce­so de pe­so se­xa máis com­pli­ca­do. To­dos os es­tu­dos es­tán a di­cir­nos que, co­mo nor­ma xe­ral, os ne­nos obe­sos van desen­vol­ver obe­si­da­de de adul­tos.

—¿Ca­les son as ra­zóns po­la se che­ga á obe­si­da­de?

—A die­ta dos ca­ti­vos adoi­ta ser pou­co va­ria­da e con gran ex­ce­so de azu­cre e gra­xas sa­tu­ra­das alén de de­ma­sia­do abon­do­sa. Cu­rio­sa­men­te o fei­to de non al­mor­zar po­de pro­vo­car un efec­to re­bo­te no or­ga­nis­mo, que vai acu­mu­lar gra­xa pa­ra as ho­ras de es­ca­sez. As prin­ci­pais cau­sas son o au­men­to de pro­du­tos hi­per­ca­ló­ri­cos su­ma­do ao au­men­to do se­den­ta­ris­mo. Es­tá ta­mén, en­tre as cau­sas, un­ha fal­ta im­por­tan­te de con­su­mo de ali­men­tos al­tos en fi­bra co­mo froi­tas, ver­du­ras, hor­ta­li­zas e ce­reais... Co­mo non imos ter ne­nos obe­sos se o seu de­por­te pre­fe­ri­do é o si­llón. O se­den­ta­ris­mo e un­ha ali­men­ta­ción pou­co axei­ta­da es­tán de­trás des­te pro­ble­ma no que os pais xo­gan un im­por­tan­te pa­pel po­lo que é bá­si­co un­ha ree­du­ca­ción en há­bi­tos sau­da­bles. —¿Os pais re­co­ñe­cen o pro­ble­ma ou se es­cu­dan en que ao me­drar o ra­paz xa per­de­rá pe­so? —Na con­sul­ta com­pro­bas que hai pais que se im­pli­can na ali­men­ta­ción dos ne­nos e ou­tros me­nos. Can­do ve­ñen é co­mo úl­ti­mo re­cur­so e po­lo fei­to de que es­tán asus­ta­dos. Lo­go pre­gun­tas o que co­me o ra­paz e xa en­ten­des on­de ra­di­ca o fa­llo.

RO­BER AMA­DO

Va­nes­sa Ta­boa­da, na súa con­sul­ta ubi­ca­da no Com­ple­xo Mu­ni­ci­pal do La­lín Are­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.