«Bus­co pa­tro­ci­na­do­res pa­ra po­der saír a com­pe­tir fo­ra de Ga­li­cia»

A xo­ve la­li­nen­se par­ti­ci­pa es­ta fin de se­ma­na no Cam­pio­na­to Ga­le­go de Do­ma Clá­si­ca en Vi­la­mar­tín

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - RO­CÍO RA­MOS

A la­li­nen­se Ma­ría No­guei­ra par­ti­ci­pa es­ta fin de se­ma­na no Cam­pio­na­to Ga­le­go de Do­ma Clá­si­ca que se ce­le­bra na lo­ca­li­da­de ou­ren­sá de Bo­rul­fe, en Vi­la­ma­rín. On­te foi a pri­mei­ra xor­na­da da com­pe­ti­ción.

—¿Có­mo co­men­zou a túa afi­ción? —Te­ño de­zaoi­to anos re­cen cum­pri­dos e le­vo den­de os no­ve. A me­ta­de da mi­ña vi­da. Te­ño un­ha pri­ma que lle gus­ta­ban os ca­ba­los, apun­tá­ron­me a cla­se e se­guín ata ago­ra.

—¿Ías a Mou­ris­ca­de?

—Si, pri­mei­ro fun a La­lín, es­ta­ba Óscar de la Torre dan­do cla­ses e can­do el se foi eu se­guino. Si­go in­do a cla­ses con el, nes­te ca­so na Es­tra­da, por­que can­do ato­pas a un bo pro­fe­sor... e pro­fe­so­res co­mo el non hai. —¿Can­tos xi­ne­tes com­pi­ten en Vi­la­ma­rín es­tes días?

—Es­te ano so­mos se­te, o ano pa­sa­do eran me­nos. Te­ño com­pa­ñei­ros de Pon­te­ve­dra, de Lu­go que com­pi­ten, pe­ro do De­za nin­gún.

—¿É moi ca­ro com­pe­tir?

—Si, moi­to. To­do é un gas­to. Com­pe­tir su­pón gas­tar moi­tos car­tos. Eu te­ño re­mol­que pro­pio, ca­ba­lo pro­pio, po­de­ría mo­ver­me, pe­ro sen pa­tro­ci­na­do­res é im­po­si­ble. As ins­cri­cións son ca­rí­si­mas. Hai uns ni­ve­les pa­ra com­pe­tir, eu te­ño ata o ca­tro, e pre­cí­sa­se o seis pa­ra ir fo­ra. Son cen eu­ros por ca­da un que sa­cas, máis os pa­peis do ca­ba­lo, as va­ci­nas. A min o que máis cer­ca me que­da­ría pa­ra par­ti­ci­par nun na­cio­nal se­ría As­tu­rias, pe­ro su­pón car­tos. Bus­co pa­tro­ci­na­do­res, a ver si al­gun­ha em­pre­sa se apun­ta e me po­de bo­tar un­ha man. —¿Que che din na ca­sa? —Que por que non fa­go natación ou ba­lon­mán (ri­sas) que é máis ba­ra­to. Es­te de­por­te é ca­ro, non es­tá pen­sa­do pa­ra que po­da ac­ce­der cal­que­ra, é así. Hai que ter un si­tio pa­ra o ca­ba­lo, pa­gar a un en­tre­na­dor, e to­do cos­ta moi­to. Pe­ro e non me arre­pin­to de gas­tar o que gas­to. E na ca­sa apoian­me in­con­di­cio­nal­men­te, sem­pre e en to­do mo­men­to.

—¿Tes máis ir­máns, al­gún que ta­mén mon­te?

—Non, te­ño dous pe­ro te­ñen 35 e 37 anos e xa vi­ven a súa vi­da. —¿Có­mo te pre­pa­ra­ches pa­ra o cam­pio­na­to?

—Con moi­to en­tre­na­men­to e sai­rei a sa­car a me­llor no­ta po­si­ble e a des­fru­tar, so­bre to­do, por­que hai xen­te con moi­ta ex­pe­rien­cia e moi­to ni­vel.

—Es­te ano é a pri­mei­ra vez que com­pi­tes con ca­ba­lo pro­pio, ¿cal é a di­fe­ren­za?

—É moi dis­tin­to. An­tes com­pe­tía cun ca­ba­lo de ou­tro e cun ca­ba­lo teu, é ou­tra historia. Co­mo o meu, na­da.

—¿Qué tal se por­ta?

—Ten un ca­rác­ter com­pli­ca­do, non é un ca­ba­lo fá­cil de le­var, pe­ro ca­da día me­llor. —Te­re­des que ir adap­tán­do­vos. —Xa le­vo dous anos con el pe­ro ata fai un ano non o le­vei a ades­trar. Pa­sou do ni­vel ce­ro a ni­vel tres nun ano, e o nor­mal son tres anos de en­tre­na­men­to pa­ra su­bir ca­da un dos ni­veis, así que é un fe­nó­meno se­non fo­ra por­que lle cos­ta con­cen­trar­se. —Se­rán cou­sas da ida­de. —Ten do­ce anos, co que é xa un ca­ba­lo moi adul­to, pe­ro é co­mo un neno de ca­tro anos. Ten a ma­nía de des­con­cen­trar­se, pe­ro ten moi­tí­si­mo po­ten­cial. O úni­co é que can­do se abu­rre fai o ton­to, pe­ro lo­go é boí­si­mo, nun­ca me deu nin un­ha pa­ta­da nin me fa­ría nun­ca na­da. Un pe­lín máis de con­cen­tra­ción e se­ría o ca­ba­lo per­fec­to. —¿O de So­ber­bio ve­n­ñe por algo? —O seu ver­da­dei­ro no­me é Aa­ron, So­ber­bio é o apo­do, o no­me de cua­dra, pe­ro ven­lle ao pe­lo, é o no­me que o de­fi­ne per­fec­ta­men­te (ri­sas).

—¿Que es­tu­dias?

—Aca­bo de re­ma­tar o pri­mei­ro ano nun ci­clo me­dio de Ad­mi­nis­tra­ción e em­pe­zo ago­ra o se­gun­do e pre­sen­ta­rei­me a Ron­da a un­ha es­co­la de do­ma. So­lo co­llen ca­da ano a moi pou­ca xen­te, pe­ro que­ro in­ten­tar en­trar. Te­ño da­ta de ca­du­ci­da­de por­que so se po­den fa­cer eses es­tu­dos ata os 23, si eres maior xa non po­de­rías in­ten­ta­lo. As es­co­las des­te ti­po cus­tan mil eu­ros o mes e cin­co mil eu­ros de ma­trí­cu­la, e es­ta é be­ca­da, co cal si en­tras non te­ría que pa­gar.

—¿Por qué a do­ma clá­si­ca? —Eu sal­tei al­gun­ha vez, e gús­ta­me to­do, to­das as dis­ci­pli­nas, pe­ro a do­ma é ou­tro ni­vel, é pa­ra xen­te per­fec­cio­nis­ta. Aquí non se per­doa na­da, nin un fa­llo, na do­ma é im­por­tan­te to­do, to­dos os de­ta­lles con­tan.

Ma­ría No­guei­ra aca­ba de cum­prir os 18 anos e le­va a me­ta­de da súa vi­da mon­tan­do a ca­ba­lo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.