«Gús­ta­me sa­lien­tar o im­por­tan­te ser­vi­zo so­cial que fan as ma­te­má­ti­cas»

Agar­da que can­do re­ma­te es­ta eta­pa, a so­cie­da­de ga­le­ga se sin­ta igual de or­gu­llo­sa que ago­ra da fa­cul­ta­de

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - SANTIAGO - SU­SA­NA LUAÑA

«Ex­por­tar ta­len­to es­tá moi ben, pe­ro al­gúns de­les te­rán que que­dar aquí ou te­rán que re­tor­nar» «A no­ta máis al­ta de in­gre­so á uni­ver­si­da­de en Ga­li­cia xa es­tá ma­tri­cu­la­do nes­ta fa­cul­ta­de»

Na­tu­ral de Ou­ren­se e alum­na do ins­ti­tu­to As La­goas, o pri­mei­ro co­rreo que en­viou en can­to foi no­mea­da de­ca­na da Fa­cul­ta­de de Ma­te­má­ti­cas da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go foi ao seu pro­fe­sor de Ma­te­má­ti­cas de COU, Al­fon­so Amo­rín, agra­de­cén­do­lle que tan­to el co­mo os mes­tres que ti­vo na EXB fo­ran quen de aca­dar que se apai­xo­na­ra por esa es­pe­cia­li­da­de que, en reali­da­de, non foi a súa pri­mei­ra op­ción. «Na se­lec­ti­vi­da­de mar­quei Fí­si­ca, pe­ro ago­ra es­tou moi con­ten­ta de ter eli­xi­do Ma­te­má­ti­cas», con­fe­sa. —Ti­vo vos­te­de moi boa sor­te cos seus mes­tres, por­que hai na­da as Ma­te­má­ti­cas ti­ñan un­ha fa­ma te­rri­ble.

—Creo que so­cial­men­te es­tá moi es­ten­di­do que non se en­ten­dan, e os pro­fe­so­res de Ma­te­má­ti­cas eran os po­li ma­los, pe­ro as ci­fras da de­man­da, o fei­to de que 642 es­tu­dan­tes ris­ca­ron a cruz de Ma­te­má­ti­cas no ac­ce­so á uni­ver­si­da­de que­re di­cir que os pro­fe­so­res de Ma­te­má­ti­cas si que o es­tán a fa­cer moi ben, son os que te­ñen as cha­ves das vo­ca­cións. —Re­fí­ro­me ao pa­sa­do. —Pen­so que no pa­sa­do ta­mén o fi­xe­ron ben pe­ro se­me­lla que es­te re­co­ñe­ce­men­to e es­te pres­ti­xio que ago­ra ben ava­la­do po­las no­tas de cor­te é ta­mén un re­co­ñe­ce­men­to so­cial, pe­ro os pro­fe­so­res eran igual de bos hai 33 anos que ago­ra.

—Co­mo que­da­ron es­te ano as no­tas de cor­te?

—No pri­mei­ro cha­ma­men­to che­gou ao 10,8 e eu pen­so que pe­cha­re­mos nun 10,7 ou nun 10,6; en to­do ca­so, dous pun­tos en­tei­ros máis que o ano pa­sa­do.

—Que é o que se es­tá a fa­cer me­llor ago­ra?

—Que to­dos apren­de­mos ta­mén as apli­ca­cións, que te­mos alia­dos que son os compu­tado­res e que o mer­ca­do la­bo­ral prac­ti­ca­men­te non re­sen­tiu a ta­xa de pa­ro que ape­nas se in­cre­men­tou nos anos de cri­se. A vi­si­bi­li­da­de da man da em­pre­ga­bi­li­da­de re­for­zou as vo­ca­cións, a xen­te no­va mi­ra es­tas cou­sas. As em­pre­sas es­tán a con­tra­tar os pro­fe­sio­nais de Ma­te­má­ti­cas.

—O pa­ro é ce­ro? —Se­gue a ha­ber xen­te que se que­re de­di­car ao en­sino me­dio e iso ta­mén é bo por­que ne­ce­si­ta­mos per­soas que si­gan a fo­men­tar e a ex­pli­car ben as Ma­te­má­ti­cas, que son boas pa­ra un mon­tón de fe­rra­men­tas; na maio­ría dos ti­tu­la­res nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción hai un con­cep­to ma­te­má­ti­co ou un nú­me­ro, por­que as ma­te­má­ti­cas per­mi­ten sin­te­ti­zar moi­ta in­for­ma­ción. E por ou­tra par­te es­tá que aos ma­te­má­ti­cos nos gus­ta re­sol­ver pro­ble­mas, e as em­pre­sas ne­ce­si­tan per­soas que re­sol­van pro­ble­mas. Ago­ra par­ti­ci­pa­mos en moi­tos pro­gra­mas de di­vul­ga­ción e moi­tas das apli­ca­cións das ma­te­má­ti­cas que an­tes non se co­ñe­cían ho­xe as po­de­mos com­par­tir, e hai apli­ca­cións den­de to­das as áreas de co­ñe­ce­men­to das ma­te­má­ti­cas; ma­te­má­ti­ca in­dus­trial, es­ta­tís­ti­ca, xeo­me­tría e to­po­lo­xía... O bo é que son fe­rra­men­tas trans­ver­sais e pro­ble­mas que pa­re­cen di­ver­sos e dis­tan­tes te­ñen o mes­mo ADN ma­te­má­ti­co e iso nos per­mi­te co­la­bo­rar con xen­te moi va­ria­da e apren­der de­les. Es­te ano, ao mes­tra­do de Ma­te­má­ti­ca In­dus­trial vi­ñe­ron 56 em­pre­sas a pre­sen­tar 77 pro­ble­mas; se lles re­sol­ves os pro­ble­mas, é fá­cil que te con­tra­ten. E a min gús­ta­me sa­lien­tar ese im­por­tan­te ser­vi­zo so­cial das ma­te­má­ti­cas. Ra­cha por com­ple­to con to­dos os es­te­reo­ti­pos que ro­dea­ron du­ran­te anos aos pro­fe­so­res de Ma­te­má­ti­cas, por­que Ele­na Váz­quez é un­ha gran­de co­mu­ni­ca­do­ra. E es­tá con­ven­ci­da de que esa di­vul­ga­ción ten moi­to que ver na boa saú­de das ma­te­má­ti­cas, in­cluí­da a que se fai en­tre os mo­zos a tra­vés do pro­gra­ma Es­tal­mat (Es­tí­mu­lo do Ta­len­to Ma­te­má­ti­co), que tra­ta de cap­tar fu­tu­ros ma­te­má­ti­cos en­tre os es­tu­dan­tes de en­sino me­dio.

—Es­tal­mat cum­priu dez anos. O ba­lan­ce é po­si­ti­vo?

—Pu­xo de ma­ni­fes­to que ha­bía moi­tos mo­zos e mo­zas de to­da Ga­li­cia que go­za­ban das ma­te­má­ti­cas, que por vez de ir xo­gar ao fút­bol nas fins de se­ma­na ve­ñen á fa­cul­ta­de. Te­mos se­lec­cio­na­dos 275 e es­te ano é o pri­mei­ro que se gradúan es­tu­dan­tes de Es­tal­mat, té­mo­los en De­rei­to, Po­lí­ti­cas, Ma­te­má­ti­cas, Te­le­com, Far­ma­cia, Me­di­ci­na... O ob­xec­ti­vo é man­ter a que­ren­za nas ma­te­má­ti­cas. O sá­ba­do, na pre­sen­ta­ción das dez pro­mo­cións, que vi­ñe­ron 76 es­tu­dan­tes, or­ga­ni­za­ron un­ha ba­ta­lla ma­te­má­ti­ca e un xo­go de rol, coin­ci­di­ron nun mar­co de ida­de des­de os 13 anos ata os 23, e pre­sen­tá­ron­se es­te ano 345 pa­ra as 25 pra­zas, in­clu­so máis que pa­ra o pro­pio grao. Sa­ber que hai 300 pe­que­nos que lles mo­lan as ma­te­má­ti­cas, pois é moi sa­tis­fac­to­rio. A no­ta máis al­ta de in­gre­so á uni­ver­si­da­de en Ga­li­cia é un es­tu­dan­te que xa es­tá ma­tri­cu­la­do nes­ta fa­cul­ta­de. Por su­pos­to, un­ha vez que em­pe­zan as cla­ses, en se­tem­bro, son to­dos igua­les, tan­to os de grao co­mo os de do­bre grao, o de In­for­má­ti­ca e o de Fí­si­ca.

—A cla­ve do éxi­to es­tá ne­sa pre­dis­po­si­ción a re­sol­ver pro­ble­mas? —O im­por­tan­te é que un pro­ble­ma o ve­xan co­mo o ven as em­pre­sas, co­mo un­ha opor­tu­ni­da­de de ne­go­cio. Ago­ra que se fa­la da in­dus­tria 4.0 te­mos que che­gar á for­ma­ción deses pro­fe­sio­nais que, sen per­der o ri­gor e o apren­di­do na fa­cul­ta­de, ta­mén se­xan ca­pa­ces de cons­truír so­lu­cións que fa­gas as no­sas em­pre­sas com­pe­ti­ti­vas.

—Foi im­por­tan­te ta­mén a di­vul­ga­ción no ex­te­rior e os plans de in­ter­na­cio­na­li­za­ción?

—Foi pa­ra traer co­ñe­ce­men­to ma­te­má­ti­co aquí. Se que­re­mos que as no­vas pro­mo­cións co­ñe­zan as an­te­rio­res é im­por­tan­te que os no­vos co­ñe­zan o que se fi­xo pa­ra man­ter es­ta boa va­ga. Vai 50 anos, nas ori­xes, hou­bo per­soas co­mo An­to­nio Va­lle que, co­mo aquí non ha­bía xen­te pa­ra di­ri­xir te­ses, en­via­ron os que ago­ra son gran­des di­rec­to­res co­mo Al­fre­do Ber­mú­dez a fa­cer a te­se ao es­tran­xei­ro, ou co­mo Jo­sé Ma­nuel Nie­to, que trou­xo ai­res do que se es­ta­ba a fa­cer fó­ra. Ago­ra hai es­tu­dan­tes de to­do o mun­do a fa­cer a te­se en Ga­li­cia. Esa por­ta non se po­de pe­char. O vin­dei­ro ano ce­le­bra­ra­se o 60 aniver­sa­rio da pos­ta en mar­cha da li­cen­cia­tu­ra de Ma­te­má­ti­cas en San­tia­go. Se­rá un­ha no­va oca­sión pa­ra di­vul­gar to­do o que se po­de fa­cer cos nú­me­ros. —Pa­sa­ron 60 pro­mo­cións que fi­xe­ron ache­gas e eu creo que co­ñe­cer as per­soas que o li­de­ra­ron, in­clu­so a per­soei­ros his­tó­ri­cos, é fun­da­men­tal. Con­tar a historia de­sas per­soas é im­por­tan­te, co­mo Do­min­go Fon­tán, que fi­xo a car­ta xeo­mé­tri­ca de Ga­li­cia, con­tar co­mo per­co­rreu Ga­li­cia me­din­do as es­tra­das e usan­do ma­te­má­ti­cas moi pun­tei­ras en aquel mo­men­to. O ano que ven te­mos que des­pe­xar as in­cóg­ni­tas das per­soas, aos ma­te­má­ti­cos nos aso­cian so­bre to­do aos nú­me­ros e eu tra­to de fa­cer fin­ca­pé en que o im­por­tan­te non son os nú­me­ros da no­ta de cor­te, se­nón a de­man­da que hai e que de­trás deses nú­me­ros hai per­soas en­tu­sias­ma­das con fa­cer ma­te­má­ti­cas gra­zas a ou­tras per­soas que lles trans­mi­ti­ron ese en­tu­sias­mo. —Que re­tos se mar­ca pa­ra es­tes ca­tro anos?

—O re­to é que es­te re­co­ñe­ce­men­to que te­mos é froi­to de moi­to tra­ba­llo e non hai que dei­xar de tra­ba­llar e de re­co­ller froi­tos, hai que com­bi­nar a atrac­ción do ta­len­to coa fi­xa­ción de to­do es­te ta­len­to. Que 642 ra­pa­ces mar­ca­sen Ma­te­má­ti­cas xa é em­pe­zar a ma­te­ria­li­zar un desexo e é re­sul­ta­do do que se vi­ña fa­cen­do. Ago­ra os no­vos es­tu­dan­tes te­ñen que ser ta­mén pro­ta­go­nis­tas e asu­mir a res­pon­sa­bi­li­da­de que lles to­ca, e o equi­po do­cen­te ta­mén. —Hai un pro­ble­ma de re­le­vo xe­ra­cio­nal co­mo nas ou­tras fa­cul­ta­des?

—O re­le­vo xe­ra­cio­nal é es­tra­té­xi­co, pe­ro pa­ra iso hai que cha­mar á por­ta do reito­ra­do. Nes­tes ca­tro anos vai ha­ber moi­tas xu­bi­la­cións e a uni­ver­si­da­de ten que ser cons­cien­te de que es­tes re­co­ñe­ce­men­tos son froi­to do tra­ba­llo de moi­ta xen­te e que se que­re­mos se­guir así pre­ci­sa­mos in­cor­po­ra­cións. É im­por­tan­te que a xen­te si­ga via­xan­do, pe­ro es­te ta­len­to non se po­de ex­por­tar uni­ca­men­te. Can­do un agre­ga­do no­so, co­mo hai pou­co Óscar Do­mín­guez, ten un re­co­ñe­ce­men­to, to­dos nos sen­ti­mos moi or­gu­llo­sos. Ex­por­tar ta­len­to es­tá moi ben pe­ro al­gúns te­rán que que­dar aquí ou te­rán que re­tor­nar. —Co­mo lle gus­ta­ría pe­char es­ta eta­pa den­tro de ca­tro anos? —Gus­ta­ría­me que esas ca­tro pro­mo­cións se sen­ti­sen igual de or­gu­llo­sas que me sin­to eu e que os com­pa­ñei­ros no­vos ta­mén es­ti­ve­sen sa­tis­fei­tos. E que a so­cie­da­de ga­le­ga se sin­ta ta­mén or­gu­llo­sa da Fa­cul­ta­de de Ma­te­má­ti­cas.

«Trá­ta­se de ver os pro­ble­mas co­mo un­ha opor­tu­ni­da­de de ne­go­cio, co­mo fan as em­pre­sas»

C. VI­LLA­VER­DE

A de­ca­na se­gui­rá coor­di­nan­do o pro­gra­ma Es­tal­mat e o mes­tra­do de Ma­te­má­ti­ca In­dus­trial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.