Pre­sen­tan o xo­ves un li­bro so­bre a re­pre­sión en Ga­li­cia en 1936

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

A Aso­cia­ción Cul­tu­ral Va­ga­lu­mes pre­sen­ta o vin­dei­ro xo­ves –MOME, 20.30 ho­ras– o li­bro Os no­mes do te­rror. Ga­li­za 1936: os ver­du­gos que nun­ca exis­ti­ron, nun ac­to con pre­sen­za de dous dos seus au­to­res, Xoán Car­los Ga­rri­do e Dio­ni­sio Pe­rei­ra, xun­to ao edi­tor Xan Cos­ta e a es­cri­to­ra es­tra­den­se Susana Sán­chez Arins. O vo­lu­me é «o pri­mei­ro ache­ga­men­to sis­te­má­ti­co ao es­tu­do dos re­pre­so­res na Ga­li­za que ra­cha con es­te ta­bú nos tra­ba­llos da me­mo­ria his­tó­ri­ca e pon en ne­gro so­bre bran­co os no­mes, as cau­sas e as me­to­do­lo­xías usa­das po­lo te­rror», in­di­ca o co­lec­ti­vo.

O tra­ba­llo abor­da a re­pre­sión fas­cis­ta en­tre ou­tras co­mar­cas na de Te­rra de Mon­tes, xun­to cos pro­ce­de­men­tos e ac­tua­cións dos re­pre­so­res, as mu­lle­res fa­lan­xis­tas, o pa­pel da Igre­xa, os tri­bu­nais mi­li­ta­res e a re­pre­sión eco­nó­mi­ca. Apa­re­cen re­fe­ren­cias a vi­ti­ma­rios de Ta­bei­rós-Te­rra de Mon­tes, fron­te a es­tu­dos que xe­ral­men­te de­ron a co­ñe­cer os no­mes das ví­ti­mas. In­di­ca Va­ga­lu­mes non ha­ber un tra­ba­llo es­pe­cí­fi­co so­bre os que co­me­te­ron os cri­mes «le­vou a que se si­ga a ho­me­na­xear e a ren­der tri­bu­to en rúas e re­co­ñe­ce­men­tos» a quen non só non ti­vo un com­por­ta­men­to exem­plar, se­nón que de­be­ra ser so­cial­men­te re­pro­ba­do por quen de­fen­da os de­rei­tos hu­ma­nos e as li­ber­da­des ci­vís.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.