Sei­tu­rei­ros de Alla­riz sie­gan cen­teno en Doa­de, cu­ya pa­ja se­rá el te­cho de la ca­sa cas­tre­xa

A Ca­sa do Pa­trón pro­mo­veu a se­ga do cen­teo cu­xa pa­lla se em­pre­ga­rá no tei­to dun­ha ré­pli­ca de ca­sa cas­tre­xa

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Na lei­ra da ver­me­lla, en Doa­de (La­lín), fí­xo­se on­te a se­ga tra­di­cio­nal do cen­teo que to­dos os anos se pro­mo­ve den­de o mu­seo Ca­sa do Pa­trón co ga­llo de dar a co­ñe­cer o pro­ce­so pro­du­ti­vo do pan e con­tar coa ma­te­ria pri­ma ne­ce­sa­ria pa­ra a ma­lla tra­di­cio­nal que es­tá fi­xa­da es­te ano pa­ra o 19 de agos­to.

Un tra­ba­llo que con­tou nes­ta oca­sión con con­vi­da­dos: un gru­po de sei­tu­rei­ros che­ga­dos da pa­rro­quia de Quei­roás da Igre­xa en Alla­riz, des­cen­den­tes di­rec­tos de ala­ri­ca­nos que fo­ron se­gar e atar a Cas­te­la. No gru­po Ge­rar­do, cu­xo pai e tíos fo­ron á sei­tu­ra a Cas­te­la, amo­san­do un xei­to di­fe­ren­te de atar e se­gar. «O no­so ata­do é di­fe­ren­te ao de aquí. É máis ar­tís­ti­co. Ata­mos o mo­llo con do­bre cha­ve pa­ra que di­ga máis bo­ni­to e con cres­ta men­tras que o de aquí é só un fei­xe».

Por dian­te dous fe­rra­dos de cen­teo que co­me­za­ron a se­gar­se ás dez e que re­ma­tou cun­ha boa me­da: 300 ou 400 mo­llos sen­do os de Alla­riz os de maior ta­ma­ño. A ra­zón hai que bus­ca­la no que se pa­ga­ba po­la ma­lla; «an­ti­ga­men­te có­bra­ba­se por ho­ra ou pou­sa­da -que eran cin­co mo­llos- e se eran máis gran­des saía a ma­lla máis ba­ra­ta». Un pro­ce­so que te­rá con­ti­nui­da­de coa pró­xi­ma ma­lla e o uso da pa­lla que, se­gún Ma­nuel Blan­co, «em­pre­ga­re­mos pa­ra cu­brir o tei­to da ré­pli­ca da ca­sa cas­tre­xa que se es­tá fa­cen­do no mu­seo».

R. AMA­DO

Ve­ci­ños de Alla­riz par­ti­ci­pa­ron na sei­tu­ra de cen­teo que se ce­le­brou en Doa­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.