«Es­ta­se re­cu­pe­ran­do o sen­ti­men­to de orgullo e pres­ti­xio po­la Uni­ver­si­da­de»

Co­lleu a xes­tión ca­se en cre­ba eco­nó­mi­ca, pe­ro pen­sa que en dous anos as con­tas es­ta­rán sa­nea­das, e a cri­se, su­pe­ra­da

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - SANTIAGO - SU­SA­NA LUAÑA

Re­sul­ta di­fí­cil en­ten­der a his­to­ria re­cen­te de San­tia­go sen a súa fi­gu­ra, por­que Xo­sé Ma­nuel Vi­lla­nue­va Prieto (Lu­go, 1959) foi tres ve­ces xerente da Uni­ver­si­da­de —en­tre os anos 1988 e 1990 con Carlos Pa­ja­res, de 2003 a 2005 en fun­cións con Se­nén Ba­rro e des­de 2014 con Juan Via­ño—, con­ce­llei­ro de Eco­no­mía e Fa­cen­da con Xe­rar­do Estévez e xerente do Con­sor­cio de San­tia­go. Nes­ta no­va eta­pa na USC to­cou­lle pe­le­xar cos anos máis di­fí­ci­les na an­dai­na da cen­te­na­ria ins­ti­tu­ción, que o equi­po de Via­ño her­dou ca­se en cre­ba. —Vos­te­de, que xes­tio­nou a USC nos anos de va­cas gor­das, por que acep­tou o car­go sa­ben­do que vi­ñan os de va­cas fra­cas? —É cer­to que está sen­do moi com­pli­ca­do por­que asu­mín a xe­ren­cia e a vi­ce­rrei­to­ría de Asun­tos Eco­nó­mi­cos. Está sen­do un tra­ba­llo moi in­ten­so nun pe­río­do moi esi­xen­te, pe­ro non me arre­pin­to por­que te­ño un sen­ti­men­to de res­pon­sa­bi­li­da­de que asu­mo con gus­to, era ne­ce­sa­rio arri­mar o om­bro.

—Co­mo se che­gou a esa si­tua­ción?

—Pa­sa­ron dúas cou­sas; ata o 2010 a USC lan­zou­se a ese sal­to tec­no­ló­xi­co que se­me­lla­ba de­fi­ni­ti­vo e em­pe­ñou­se dun­ha ma­nei­ra moi im­por­tan­te por­que se con­fia­ba nun re­torno aos anos se­guin­tes, pe­ro che­ga­ron os re­cor­tes e un­ha to­tal fal­ta de sin­cro­nía por­que eses in­gre­sos co­lap­sá­ron­se. Por ou­tra par­te, o plan de fi­nan­cia­men­to an­te­rior ti­ña un­ha es­tru­tu­ra de in­di­ca­do­res que non era rea­lis­ta, e lo­go xo­gou un ter­cei­ro fac­tor, que non se asu­mi­ra o fei­to de que cam­bia­ra o ci­clo eco­nó­mi­co e os or­za­men­tos es­ti­ve­ron ca­tro anos sen apro­bar. Un­ha ma­nei­ra fá­cil de non com­pro­me­ter­se co que está a pa­sar é, pre­ci­sa­men­te, non apro­bar os or­za­men­tos.

—Por fin, a si­tua­ción está a me­llo­rar...

—Es­ta­ba­mos nun­ha si­tua­ción fi­nan­cei­ra lí­mi­te que esi­xía moi­to ri­gor e res­pon­sa­bi­li­da­de. Ne­se sen­ti­do es­tou con­ten­to, por­que a xen­te en­ten­deuno ra­zoa­ble­men­te ben e está man­ten­do un­ha ac­ti­tu­de res­pon­sa­ble. Eu con­fío que en dous anos que­da­rá su­pe­ra­da. Está por un la­do a dé­be­da e por ou­tro o dé­fi­cit. O pro­ble­ma é o se­gun­do, por­que a dé­be­da está con­di­cio­na­da po­los in­gre­sos e por sor­te aca­dá­ron­se im­por­tan­tes re­cur­sos de in­ves­ti­ga­ción que es­tán a dar re­sul­ta­dos. E o dé­fi­cit, afor­tu­na­da­men­te, pa­sou de 16 mi­llóns no 2014 a 9 mi­llóns ago­ra. Se se­gui­mos así, a si­tua­ción es­ta­bi­li­za­ra­se en dous anos.

—O que per­mi­ti­rá se­guir re­po­ñen­do a ta­xa de pro­fe­so­res. —Can­do em­pe­za­mos co plan fi­nan­cei­ro non po­día­mos re­po­ñer máis que o 10 %; lo­go, co preito que lle ga­ña­mos a Fa­cen­da co­me­zou a au­men­tar a re­po­si­ción, que no 2016 foi do 60 % e o ano que ven pro­ba­ble­men­te che­ga­rá ao 75 %. A par­tir de aí ha­be­rá que pen­sar nun­ha ta­xa su­pe­rior ao 100 %, por­que fo­ron moi­tas as pra­zas que se per­de­ron, pe­ro iso se­rá pro­ba­ble­men­te den­tro de dous anos.

—Aín­da así non to­dos es­tán con­ten­tos, co­mo pa­sa cos acre­di­ta­dos a cá­te­dra.

—É ló­xi­co que te­ñan un­ha ex­pec­ta­ti­va de me­llo­ra pro­fe­sio­nal e que o fa­gan sa­ber, pe­ro a pru­den­cia fi­nan­cei­ra nos le­va a fa­cer o que es­ta­mos fa­cen­do. Cada pra­za de ca­te­drá­ti­co su­pón fa­cer un­ha re­ser­va da to­ta­li­da­de do seu cus­te, por­que po­de ga­ña­la cal­que­ra acre­di­ta­do do Es­ta­do ou do CSIC; se fo­se por pro­mo­ción in­ter­na, bas­ta­ría co di­fe­ren­cial. Iso non per­mi­te sa­car máis a con­cur­so. Hai un­has prio­ri­da­des, e re­po­ñer o pro­fe­so­ra­do é ago­ra o máis im­por­tan­te.

XOÁN A. SO­LER

Xo­sé Ma­nuel Vi­lla­nue­va non é só un ali­cer­ce da Uni­ver­si­da­de; ta­mén o é de Com­pos­te­la.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.