«Bo­to en fa­lla un pro­xec­to de ci­da­de, mó­ven­se en xe­ne­ra­li­da­des que lo­go non se ma­te­ria­li­zan»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - SANTIAGO -

Re­co­ñé­ce­se co­pro­ta­go­nis­ta do que é ho­xe San­tia­go, por­que com­par­tiu con Xe­ra­do Estévez os anos de mo­der­ni­za­ción da ci­da­de. De aí o va­lor da súa vi­sión dos no­vos tem­pos.

—Cre que ago­ra o rit­mo da ci­da­de vai len­to?

—Can­do eu che­guei ao con­ce­llo, no ano 1991, xa ha­bía un tra­ba­llo enor­me fei­to e to­cou­me un pe­río­do moi bo gra­zas ao Xa­co­beo do 93 e te­ño un re­cor­do moi exi­to­so da­que­la épo­ca. Non só a pla­ni­fi­ca­ción, se­nón ta­mén a exe­cu­ción do plan ur­ba­nís­ti­co foi es­pec­ta­cu­lar, che­ga con ras­trea­lo nun ma­pa. E fí­xo­se con ri­gor. Nes­te mo­men­to hai di­fi­cul­ta­des maio­res pa­ra fi­nan­ciar ac­ti­vi­da­des pe­ro eu pen­so que fal­ta ta­mén un pro­xec­to de ci­da­de, mó­ven­se en xe­ne­ra­li­da­des que po­den ter va­lor pe­ro que lo­go non se ma­te­ria­li­zan. E non é tan­to un pro­ble­ma do go­berno ac­tual, é un­ha ten­den­cia. Po­de que se­xa nos­tal­xia de ve­llo, pe­ro ha­bía un­ha pla­ni­fi­ca­ción e un­ha exe­cu­ción e ago­ra hai un re­tra­so moi gran­de ne­sa exe­cu­ción. Un che­ga, pon­se a pen­sar no que que­re fa­cer e can­do em­pe­za, xa é tar­de. Hai moi­tas cou­sas que se es­tán a ar­te­llar pe­ro que non es­tán coor­di­na­das; está o da es­ta­ción de tren, o pro­xec­to de Me­di­ci­na, a ci­da­de ad­mi­nis­tra­ti­va... Pe­ro te­ño a sen­sa­ción de que son pe­zas illa­das e fal­ta o fío con­du­tor que lle dea for­ma. —Cre que o tu­ris­mo ma­si­vo está a po­ñer en pe­ri­go o cas­co his­tó­ri­co?

—Eu com­par­to esa preo­cu­pa­ción que ten o go­berno lo­cal, pe­ro é moi di­fí­cil fa­cer can­do hai un­ha pre­sión tan gran­de do mer­ca­do tu­rís­ti­co. Con to­do, hai ac­cións que se po­den desen­vol­ver, ser­vi­zos ur­ba­nís­ti­cos dos que hai que do­ta­lo xa; re­fí­ro­me ao ac­ce­so di­xi­tal, o abas­te­ce­men­to de au­ga e o ener­xé­ti­co ou a re­co­lli­da de li­xo, que son cou­sas im­por­tan­tes. E pen­so ta­mén que ha­be­ría que re­pen­sar o uso in­terno que se fai da ci­da­de his­tó­ri­ca co­mo con­te­dor de ac­ti­vi­da­des, por­que está so­bre­sa­tu­ra­da, can­do hai ou­tros moi­tos con­te­do­res. —Per­deu­se pre­sen­za nos gran­des even­tos cul­tu­rais?

—A pre­sen­za ex­te­rior e o em­pa­que di­mi­nuíu, aín­da que pen­so que o di­na­mis­mo in­terno da ci­da­de man­ten­se. Son dos que pen­san que a ac­ción cul­tu­ral non con­sis­te só nos gran­des even­tos, pe­ro ta­mén é cer­to que hai ini­cia­ti­vas que per­de­ron pu­lo, co­mo pa­sou co CGAC ou coa Real Fil­har­mo­nía. O que fal­ta é un­ha vi­sión coope­ra­ti­va dos axen­tes cul­tu­rais pa­ra ti­rar to­dos do mes­mo la­do, e ta­mén un­ha fal­ta de idea pa­ra deses­ta­cio­na­li­zar a tem­pa­da cul­tu­ral, so­bre to­do ten­do en con­ta que as con­di­cións son óp­ti­mas e inigua­la­bles, co Mu­seo das Pe­re­gri­na­cións, a Ci­da­de da Cul­tu­ra e to­do o que ten San­tia­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.