«No Con­sor­cio per­deu pu­lo a reha­bi­li­ta­ción pri­va­da e iso hai que re­cu­pe­ra­lo»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - SANTIAGO -

Era con­ce­llei­ro can­do se es­ta­ba a xes­tar o Con­sor­cio de San­tia­go, do que lo­go foi xerente, en­tre os anos 2005 e 2011. Ou­tra ini­cia­ti­va da que non é po­si­ble des­lear a es­te li­cen­cia­do en Fi­lo­lo­xía His­pá­ni­ca que, sen em­bar­go, de­di­cou a súa ca­rrei­ra pro­fe­sio­nal á xes­tión na ci­da­de, de aí que se sin­ta, sen dú­bi­da al­gun­ha, pi­che­lei­ro. «Vi­vín un mo­men­to moi in­ten­so da mi­ña vi­da pro­fe­sio­nal o po­lo tan­to ta­mén da sen­ti­men­tal; son cla­ra­men­te com­pos­te­lán». —O Con­sor­cio de San­tia­go adoe­ce ta­mén de­sa pa­rá­li­se que se arras­tra des­de a cri­se eco­nó­mi­ca e que se agu­di­za po­lo fei­to de non ha­ber un Xa­co­beo pró­xi­mo? —Pa­ra pre­pa­rar o do 21 hai que co­me­zar no 18, así que eu agar­do que se abra un no­vo ci­clo e que a ac­tual xerente, que é un­ha per­soa moi com­pro­me­ti­da, sai­ba dar­lle un no­vo pu­lo, por­que está á vol­ta da es­qui­na e xa non que­da na­da. O Con­sor­cio é un­ha fe­rra­men­ta moi ori­xi­nal e efi­cien­te pa­ra po­lí­ti­cas de coor­di­na­ción e eu pen­so que foi un gran in­ven­to e de­be se­guir sen­do un­ha pan­ca, aín­da que per­deu pu­lo no cam­po da reha­bi­li­ta­ción pri­va­da e iso é un tra­ba­llo que que­da por fa­cer, por­que o nú­cleo bá­si­co es­ta­ba na reha­bi­li­ta­ción de vi­ven­da, a da par­te mo­nu­men­tal é moi im­por­tan­te pe­ro coidar ao re­si­den­te é un ob­xec­ti­vo que non se po­de es­que­cer.

—Pen­sa que non hai su­fi­cien­te co­la­bo­ra­ción ins­ti­tu­cio­nal en­tre as par­tes in­vo­lu­cra­das?

—A ten­sión po­lí­ti­ca in­flúe, iso non se po­de ne­gar, pe­ro to­mou­se un­ha de­ci­sión in­te­li­xen­te que é a de que nos ór­ga­nos de di­rec­ción es­tean re­pre­sen­ta­das to­das as for­zas po­lí­ti­cas mu­ni­ci­pais. Eu pen­so que hai von­ta­de de dar­lle pre­sen­za a es­ta fe­rra­men­ta de coo­pe­ra­ción, so­bre to­do ten­do en con­ta que so­bre a iner­cia po­lí­ti­ca de en­fron­tar por vez de cons­truír, a ci­da­de de San­tia­go in­vi­ta sem­pre a un cli­ma cons­tru­ti­vo e coope­ra­dor.

«Vi­vín un mo­men­to moi in­ten­so en San­tia­go, po­lo tan­to son cla­ra­men­te com­pos­te­lán»

«A pre­sen­za ex­te­rior dos gran­des even­tos cul­tu­rais di­mi­nuíu pe­ro o di­na­mis­mo in­terno man­ten­se»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.