«Du­plí­can­se as vo­das do ano pa­sa­do con en­car­gos den­de o mes de mar­zo»

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA -

As múl­ti­ples ce­ri­mo­nias cen­tran en boa me­di­da o tra­ba­llo das pro­fe­sio­nais flo­ris­tas des­tes me­ses. As vo­das son uns dos even­tos que re­qui­ren de máis tem­po de pre­pa­ra­ción e de ela­bo­ra­ción. Vo­das que, se­gun­do as flo­ra­rías, me­dran res­pec­to de anos an­te­rio­res. —Du­plí­can­se res­pec­to do ano pa­sa­do e le­vo re­co­llen­do en­car­gos den­de o pa­sa­do mes de mar­zo e vai pa­ra lar­go xa que aín­da aten­dín a uns noi­vos que van ca­sar en se­tem­bro.

—Máis vo­das, ¿pe­ro con con­ten­ción de gas­to ou sin lí­mi­te á ho­ra de gas­tar?

—Bueno en ter­mos xe­rais hai con­ten­ción de gas­to. An­tes o que fa­cían as pa­re­llas era me­ter me­nos en de­co­ra­ción pe­ro ago­ra é ao re­vés: que­ren máis de­co­ra­ción, máis de­ta­lles e me­nos flor. Nor­mal­men­te os noi­vos aché­gan­se a ver o que lles po­des ofre­cer e a par­ti­res de aí van xur­din­do as ideas.

—¿Es­ca­tí­ma­se no pre­zo do ra­mo de noi­va?

—Aí non. De fei­to to­do xi­ra­rá res­pec­to do ra­mo e do arre­glo dos co­ches e da igre­xa pe­ro in­sis­tin­do so­bre de­co­ra­ción e me­nos flor.

—¿Exis­ten mo­das nos ra­mos? —Cla­ro. Co­mo en to­do. Ago­ra o que se es­ti­la é o vin­ta­ge, o sil­ves­tre e al­go o ro­mán­ti­co. O con­se­llo é que ha­xa sem­pre ar­mo­nía en to­do o con­xun­to: ra­mo, co­ches, igre­xa ou o pa­zo on­de se ce­le­bre a ce­ri­mo­nia com­ple­ta. —¿Can­to cus­ta fa­cer un arran­xo «ba­ra­to»?

—Po­de­mos fa­lar duns 600 eu­ros ata o que se quei­ra gas­tar a pa­re­lla. Son tra­ba­llos per­so­na­li­za­dos e que le­van moi­to tem­po fa­cer. Se a vo­da é sá­ba­do co­me­zas a tra­ba­llar o ven­res, em­pre­gas o día e to­da a noi­te, e o día da ce­ri­mo­nia hai que co­lo­car os cen­tros, mon­tar a igre­xa e co­ches e re­co­ller lo­go a de­co­ra­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.