Ata sem­pre, ca­ma­ra­da

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - Mon­cho Ne­la

Dei­xou­nos on­te Ramón Ro­drí­guez, Mon­cho Ne­la, sem­pre pre­sen­te no tra­ba­llo cul­tu­ral e na loi­ta so­cial e po­lí­ti­ca. Com­pro­me­ti­do coa cul­tu­ra e a xus­ti­za, ao seu im­pul­so e tra­ba­llo de­beu­se crea­ción da Aso­cia­ción Cul­tu­ral De­za, pio­nei­ra na de­fen­sa da lin­gua galega e o pa­tri­mo­nio da Co­mar­ca de De­za, e da que foi o seu pri­mei­ro pre­si­den­te. Es­ta súa ac­ti­vi­da­de a prol da cul­tu­ra sem­pre es­ti­vo en­mar­ca­da no seu com­pro­mi­so po­lí­ti­co. Mi­li­tan­te da ORT nos du­ros anos da tran­si­ción po­lí­ti­ca, es­ti­vo nas pro­tes­tas con­tra as ex­pro­pia­cións po­lo en­co­ro de Por­to­de­mou­ros. Non du­bi­dou en par­ti­ci­par co­mo in­de­pen­den­te na can­di­da­tu­ra do PSOE ás mu­ni­ci­pais de 1983 que agru­pou a gran maio­ría da opo­si­ción po­lí­ti­ca ao go­berno de Alian­za Po­pu­lar. Co­la­bo­rou na crea­ción do Co­mi­té An­ti-OTAN de La­lín e im­pul­sou a can­di­da­tu­ra da Coor­di­na­do­ra Al­ter­na­ti­va de La­lín (CAL) nas mu­ni­ci­pais de 1987, na que ta­mén se in­te­grou. A súa úl­ti­ma ini­cia­ti­va foi a crea­ción dun­ha aso­cia­ción pa­ra a de­fen­sa do río Pon­ti­ñas. Mon­cho man­tí­vo­se sem­pre ao la­do da xus­ti­za, da igual­da­de e da dig­ni­da­de, e reivin­di­can­do a li­ber­da­de co­mo es­cri­biu o seu ad­mi­ra­do Gar­cía Cal­vo: «Li­bre te quie­ro co­mo arroyo que brin­ca de pe­ña en pe­ña, pe­ro no mía».

Des­de O Na­ran­xo, her­dei­ros da ve­lla Aso­cia­ción Cul­tu­ral De­za que el fun­dou, que­re­mos ren­der­lle un­ha ho­me­na­xe con es­tes seus ver­sos: «Así vos sen­tín eu, Te­rras de De­za,/Te­rras de Tras­de­za máis da fría Cam­ba,/Te­rras dos an­ter­gos da la­bra e da fa­la,/saú­dos vos man­da, po­lo ar, es­te que vos can­ta». Mon­cho Ne­la, un dos bos e xe­ne­ro­sos. Que a te­rra lle se­xa le­ve.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.