«Ser par­te do Eras­mus Mun­dus é un­ha opor­tu­ni­da­de enor­me »

A fi­nais de mes par­te ca­ra a ci­da­de da­ne­sa de Aar­hus xun­to con es­tu­dan­tes de máis de 50 na­cio­na­li­da­des

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - A. MAN­SO / P. V.

Jai­me Llinares Ta­boa­da (Pa­ra­da, Si­lle­da, 1994) es­tu­dou Xornalismo na Uni­ver­si­da­de Com­plu­ten­se de Ma­drid, cur­san­do un ano na ci­da­de po­la­ca de Cra­co­via, on­de se aden­trou na obra de Rys­zard Ka­pus­cins­ki, pro­ta­go­nis­ta do seu tra­ba­llo de fin de gra­do. Tra­ba­llou du­ran­te es­te ano no dia­rio El Eco­no­mis­ta e a fi­nais des­te mes par­te ca­ra te­rras da­ne­sas a cur­sar un más­ter in­ter­na­cio­nal que lle per­mi­ti­rá se­guir for­mán­do­se na súa pa­sión: o xornalismo. —¿Qué ti­po de es­tu­dos o le­va ata Di­na­mar­ca?

— Trá­ta­se dun pro­gra­ma de más­ter que se cha­ma Eras­mus Mun­dus Jour­na­lism. Un más­ter bi­a­nual en xornalismo, glo­ba­li­za­ción e me­dios de co­mu­ni­ca­ción. O pri­mei­ro ano im­pár­te­se na ci­da­de da­ne­sa de Aar­hus e o se­gun­do, en Áms­ter­dam on­de cur­sa­rei a es­pe­cia­li­da­de de po­lí­ti­ca e me­dios de co­mu­ni­ca­ción.

—Qué su­pu­xo pa­ra vos­te­de aca­dar un­ha pra­za nes­te más­ter? — Foi un­ha ale­gría moi gran­de. Non es­ta­ba se­gu­ro de ter o ni­vel ne­ce­sa­rio pa­ra que me es­co­lle­ran. Es­tar den­tro des­te pro­gra­ma é un­ha opor­tu­ni­da­de enor­me de po­der se­guir for­mán­do­me no es­tran­xei­ro, prac­ti­can­do idio­mas e co­ñe­cen­do xen­te de cul­tu­ras to­tal­men­te di­fe­ren­tes á mi­ña. Os es­tu­dos es­tán moi re­la­cio­na­do ca glo­ba­li­za­ción e hai alum­nos de 50 ou 60 na­cio­na­li­da­des dis­tin­tas de to­do o mun­do: Áfri- ca, Asia, Amé­ri­ca... —Preo­cú­pa­che o pro­ce­so de adap­ta­ción ó no­vo país?

— Pa­ra na­da. Es­ti­ven alí fai pou­co bus­can­do alo­xa­men­to. Aar­hus pa­re­ceu­me un­ha ci­da­de moi bo­ni­ta e agra­da­ble. Con to­dos os ser­vi­zos pú­bli­cos que un­ha ur­be po­de desexar. Hai ta­mén moi­tí­si­ma in­mi­gra­ción. Non creo que vaia a ter pro­ble­mas pa­ra adap­tar­me alí.

—Cal é a túa vi­sión do xornalismo ho­xe en día?

— Den­de que se pro­du­ciu a re­vo­lu­ción di­xi­tal ven­se fa­lan­do de que o xornalismo mo­rreu e que ago­ra cal­que­ra po­de ser xor­na­lis­ta se ten un or­de­na­dor. O xornalismo é un me­dio que nun­ca ti­vo un gran mo­men­to e ser pe­rio­dis­ta sem­pre foi di­fí­cil. Ago­ra, os que nos adi­ca­mos a is­to, de­be­ría­mos fa­cer uso de to­das as no­vas fe­rra­men­tas co­mo re­des so­ciais ou smartp­ho­nes pa­ra po­der fa­cer un pro­du­to xor­na­lís­ti­co moi­to máis ri­co e que un­ha re­por­ta­xe non so se li­mi­te a tex­to. Sa­ber adap­tar­se o me­llor po­si­ble ós no­vos in­ven­tos que ve­ñen da man da di­xi­ta­li­za­ción é vi­tal pa­ra fa­cer un xornalismo que se­xa atrac­ti­vo pa­ra o pú­bli­co. —En­tón, ve po­si­bi­li­da­des den­tro da pre­ca­rie­da­de da si­tua­ción? — Si. Eu non pen­so que á xen­te non lle in­tere­se o xornalismo. Ó re­vés, eu ve­xo que en Es­pa­ña a xen­te de­man­da máis xornalismo que nun­ca.

—Por qué es­co­lle un adi­car­se a es­ta pro­fe­sión?

— Can­do es­co­llín esa carreira con 17 anos, fí­xeno co­mo moi­tos ou­tros por­que era a máis atrac­ti­va e a me­nos abu­rri­da. Non co­ñe­cía moi ben o que era e tam­pou­co co­ñe­cía a vida dun xor­na­lis­ta. Pou­co a pou­co fun­me me­ten­do no mun­di­llo e ca­da vez em­pe­zou­me a gus­tar máis. Ahí foi can­do me em­pe­cei a de­ca­tar de que o po­día fa­cer ben. Até o de ago­ra non per­dín o áni­mo.

—Qué lle di­rías a un ra­paz que se ma­tricu­lou es­te ano en xornalismo

— Se xa se ma­tricu­lou non hai vol­ta atrás (ri­sas). Que se in­tere­se po­lo la­do máis prác­ti­co da pro­fe­sión, que vaia a char­las, que lea li­bros, que fa­ga prác­ti­cas e que in­ten­te che­gar a fa­cer un xornalismo da máis ca­li­da­de que poi­da.

—En que lle gus­ta­ría es­pe­cia­li­zar­se?

— In­te­ré­sa­me a po­lí­ti­ca, a eco­no­mía, as re­la­cións in­ter­na­cio­nais... pe­ro a ver­da­de e que non te­ño un cam­po no que di­ga ro­tun­da­men­te que me que­ro es­pe­cia­li­zar nel. Po­lo de ago­ra in­ten­ta­rei se­guir abar­can­do un pou­qui­ño to­do. In­clu­so un­ha das cou­sas que me gus­ta­ría fa­cer é ser xor­na­lis­ta no es­tran­xei­ro

—Ade­mais de ga­le­go fa­la per­fec­ta­men­te va­len­ciano. es­tu­dou en Ma­drid e vi­viu en Po­lo­nia du­ran­te un ano, que apor­ta esa mul­ti­cul­tu­ra­li­da­de?

— Su­po­ño que son ca­paz de ver as cou­sas e os pro­ble­mas den­de di­fe­ren­tes pla­nos. Den­de un­ha pers­pec­ti­va máis am­pla. Qui­zais por elo te­ño un­ha ca­pa­ci­da­de maior pa­ra po­ñer­me na pel dun­ha per­soa di­fe­ren­tes.

—Pa­sa lon­gas tem­po­ra­das lon­xe de Si­lle­da, qué sen­tes can­do vol­ves?

— Te­ño o sen­ti­men­to de que che­guei o meu fo­gar, aquí es­tou tran­qui­lo e es­tou ben. Can­do ve­ño o que máis me gus­ta é es­tar cos meus ami­gos e dis­fru­tar da mi­ña fa­mi­lia. Moi­tas ve­ces sim­ple­men­te dis­fru­to es­tan­do un­ha tarde na ca­sa sen pen­sar no que te­ño que fa­cer o día se­guin­te. E as fes­tas can­do es­tás fó­ra ta­mén se bo­tan moi­to de me­nos. Ga­li­cia ne­se as­pec­to ten un ve­rán es­pec­ta­cu­lar. Son moi fan das fes­tas ga­le­gas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.