«O co­me­dor es­co­lar de­be ali­men­tar ben, e ta­mén edu­car e for­mar»

De­fen­de que se ela­bo­re «un pro­xec­to edu­ca­ti­vo se­rio e pla­ni­fi­ca­do» pa­ra o ser­vi­zo

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - AGENDA - JOEL GÓ­MEZ

«O co­me­dor es­co­lar ten que ser máis que un ser­vi­zo pa­ra ali­men­tar a es­co­la­res, de­be con­tar cun pro­xec­to edu­ca­ti­vo se­rio e pla­ni­fi­ca­do pa­ra aten­der o desen­vol­ve­men­to per­soal e so­cial das ne­nas e os ne­nos que o usan, que no tem­po de co­mer apren­den e se for­man», afir­ma Est­her Mar­tí­nez, di­ri­xen­te da Fe­de­ra­ción de Aso­cia­cións de Nais e Pais (Fan­pa) de Com­pos­te­la e pro­fe­so­ra da área de Mé­to­dos de In­ves­ti­ga­ción e Diag­nós­ti­co en Edu­ca­ción da USC. Foi ta­mén quen coor­di­nou o es­tu­do rea­li­za­do o cur­so pa­sa­do so­bre os co­me­do­res es­co­la­res nos co­le­xios pú­bli­cos on­de es­tán xes­tio­na­dos po­lo Con­ce­llo.

«As res­pos­tas a ese es­tu­do evi­den­cian que maio­ri­ta­ria­men­te as fa­mi­lias pre­fi­ren que a co­mi­da se ela­bo­re nun­ha co­ci­ña no pro­pio co­le­xio, ou pró­xi­ma co­mo acon­te­ce en Ames; e que ha­xa un­ha ali­men­ta­ción va­ria­da, equi­li­bra­da e con pro­du­tos fres­cos. Moi­tas fa­mi­lias res­pon­de­ron que mes­mo pa­ga­rían máis por iso, un­ha media de 5,67 eu­ros, que non é moi­to máis que o pre­zo do úl­ti­mo cur­so. Ha­bía os­ci­la­cións, pois un 13 % das res­pos­tas in­di­ca­ban que po­de­rían pa­gar co­mo má­xi­mo 4 eu­ros e un 9 % che­ga­rían a 8 eu­ros, con di­fe­ren­zas no pre­zo me­dio de até 80 cén­ti­mos en­tre os co­le­xios», in­di­ca.

Pa­ra en­ten­der esas di­fe­ren­zas hai que ter en con­ta que ta­mén se pre­gun­ta­ba po­lo mo­do de pa­go: «Ago­ra to­das as fa­mi­lias pa­gan o mes­mo, só al­gun­has op­tan a axu­das por te­ren me­nos re­cur­sos; e a maio­ría das nais e pais des­tes co­le­xios de San­tia­go pre­fi­ren que non ha­xa un mes­mo pre­zo, co­mo acon­te­ce xa nou­tros lu­ga­res, se non que se pa­guen can- ti­da­des di­fe­ren­tes, en fun­ción da ren­da», es­cla­re­ce.

Ese es­tu­do evi­den­cia ta­mén que «hai des­con­ten­to co mo­de­lo ac­tual que xes­tio­na o Con­ce­llo de San­tia­go. O co­me­dor que que­ren as fa­mi­lias, se­gun­do es­te es­tu­do, es­tá lon­xe de ser reali­da­de. Un mo­de­lo di­fe­ren­te, co­mo o que evi­den­cian as res­pos­tas, non se im­plan­ta dun ano pa­ra ou­tro; po­rén, si que se po­dían dar avances, e iso non acon­te­ce no mo­de­lo que se es­tá a li­ci­tar es­te ve­rán pa­ra o pró­xi­mo cur­so».

Aín­da que fal­ta por ver co­mo se re­sol­ve­rá fi­nal­men­te o con­cur­so pú­bli­co con­vo­ca­do po­lo Con­ce­llo (ma­ñá xa se es­pe­ra co­ñe­cer can­tas em­pre­sas se pre­sen­tan) Est­her en­ten­de que «es­ta­ble­ce un­ha dis­tan­cia má­xi­ma das co­ci­ñas de 130 qui­ló­me­tros, o que sig­ni­fi­ca que a co­mi­da se vai fa­cer moi­tas ho­ras an­tes e non se apos­ta por eses pro­du­tos fres­cos que in­di­ca o es­tu­do da Fan­pa. Pro­fe­sio­nal. Est­her Mar­tí­nez é pro­fe­so­ra da USC e nai de es­co­la­res que uti­li­zan o co­me­dor dun co­le­xio pú­bli­co de San­tia­go.

Es­tu­do. Coor­di­nou o re­cen­te es­tu­do rea­li­za­do po­la Fe­de­ra­ción de Aso­cia­cións de Nais e Pais de San­tia­go nos co­le­xios on­de xes­tio­na o co­me­dor es­co­lar o Con­ce­llo. E a pun­tua­ción que se lle dá no pre­go de con­di­cións ao pro­xec­to edu­ca­ti­vo é moi pou­ca; iso é al­go que, co­mo pe­da­go­ga, pen­so que es­tá pou­co va­lo­ra­do, que pri­ma moi­to máis o as­pec­to eco­nó­mi­co. A Fan­pa pro­pu­xo que hou­be­se con­vo­ca­to­rias di­fe­ren­tes: un­ha cen­tra­da na ali­men­ta­ción e ou­tra pa­ra o ser­vi­zo edu­ca­ti­vo que pres­tan mo­ni­to­res, se­ría im­por­tan­te se­pa­rar os dous as­pec­tos, e que o per­soal que aten­de o ser­vi­zo non se su­pe­di­te á em­pre­sa de ali­men­ta­ción. Ta­mén se pro­pu­xo ins­ta­lar un­ha co­ci­ña nal­gún dos co­le­xios con me­nos co­men­sais, fa­cer un­ha ex­pe­rien­cia pa­ra va­lo­rar o re­sul­ta­do, e tam­pou­co se acep­tou. Iso non su­po­ría mu­ni­ci­pa­li­zar o ser­vi­zo, pois o Con­ce­llo po­de­ría se­lec­cio­nar un­ha em­pre­sa que co­ci­ña­se».

Pa­ra Est­her, «o co­me­dor es­co­lar de­be fa­vo­re­cer a con­ci­lia­ción das fa­mi­lias, ali­men­tar ben, e ta­mén edu­car e for­mar. Por iso pre­ci­sa un pro­xec­to edu­ca­ti­vo se­rio, que pro­mo­va a apren­di­za­xe de bos há­bi­tos ali­men­ti­cios e de saú­de, o co­ñe­ce­men­to da no­sa e dou­tras cul­tu­ras a tra­vés da co­mi­da; que co­mer se­xa un ac­to so­cial e cul­tu­ral, pa­ra apren­der a au­to­no­mía, a res­pon­sa­bi­li­da­de, a re­sol­ver con­fli­tos, a sa­ber es­tar e a com­par­tir; e que aten­da o co­me­dor per­soal con for­ma­ción pe­da­gó­xi­ca, nun es­pa­zo bo­ni­to e con mo­bi­lia­rio ade­cua­do».

X. A. SO­LER

Moi­tas fa­mi­lias es­tán dis­pos­tas a pa­gar máis por un me­llor ser­vi­zo de co­me­dor es­co­lar, afir­ma Est­her.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.