Lau­ra Ca­mino des­ta­ca la vuelta a los pro­duc­tos ca­se­ros tras po­ner en mar­cha Ca­mi­ños Do­ces

Mo­ti­vos per­soais le­va­ron a es­ta em­pren­de­do­ra a for­mar­se nes­ta nova pro­fe­sión

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - PORTADA - AME­LIA FERREIROA

Din os que a co­ñe­cen ben que é a mo­za do eterno so­rri­so, que con­ta­xia de ale­gría aos que a ro­dean. Os do­ces chei­ros que ema­nan do seu obra­doi­ro de re­pos­te­ría ar­te­sa­nal de Oi­rós, en Vi­la de Cru­ces, te­ñen ao me­llor al­go que ver. Pe­ro Lau­ra Ca­mino non foi sem­pre re­pos­tei­ra, su­bli­ña den­de un pri­mei­ro mo­men­to, o seu fu­tu­ro pro­fe­sio­nal ía por ou­tro la­do ben di­fe­ren­te pe­ro un cú­mu­lo de cir­cuns­tan­cias per­soais fi­xo que fi­nal­men­te se de­ca­ta­se por tra­ba­llar ro­dea­da de fa­ri­ñas, azu­cres, ovos, cho­co­la­tes, cre­mas e froi­tas. No na­ce­men­to des­te pro­xec­to emprendedor al­go ti­vo que ver a avoa de Lau­ra.

—Cur­sei ad­mi­nis­tra­ti­vo e ato­pei tra­ba­llo do que es­tu­da­ra pe­ro che­gou a cri­se e que­dei sen em­pre­go. O mer­ca­do la­bo­ral pre­sen­tá­ba­se moi com­pli­ca­do e ta­mén pre­ci­sa­ba bus­car al­go que pui­de­ra fa­cer den­de o domicilio xa que na ca­sa es­tá a avoa, que ten 95 anos e pro­ble­mas de mo­bi­li­da­de, po­lo que re­qui­re dal­gúns coida­dos e en­tón pu­xén­me a fa­cer ros­qui­llas.

—¿Así sin máis?

—Non exac­ta­men­te. Na pa­rro­quia to­dos os me­ses hai un­ha xun­tan­za de ve­ci­ños e nós fo­mos e le­va­mos as ros­qui­llas e pa­re­ce que gus­ta­ron. De fei­to un ve­ci­ño, que ten un res­tau­ran­te, foi quen nos co­men­tou que ha­bía que ven­de­las e aí co­me­zou es­te pro­xec­to.

—Pa­ra o que te­ría que for­mar­se.

—Cla­ro e co­ller o te­ma con aga­ri­mo xa que a co­ci­ña non era o meu forte e tam­pou­co me agra­da­ba (ri­sas), pe­ro a ver­da­de é que a ba­se de prác­ti­ca xa me gus­ta o que fa­go. Non é na­da mo­nó­to- no. Ca­da día pre­sén­ta­se al­gún en­car­go di­fe­ren­te... Vol­tan­do ao te­ma da for­ma­ción di­cir que fi­xen pri­mei­ro un cur­so na Es­co­la de Hos­te­le­ría de Se­vi­lla on li­ne, no ve­rán es­ti­ven nun cur­so de Aproinp­pa (Aso­cia­ción Pro­vin­cial de Pa­na­de­ros y Pas­te­le­ros) e ago­ra mes­mo es­tou le­van­do a ca­bo ou­tro ci­clo on li­ne de re­pos­te­ría e pa­na­de­ría na Co­ru­ña, a on­de vou de xei­to pre­sen­cial tres días á se­ma­na, e que re­ma­ta­rei nes­te ac­tual cur­so.

—O pri­mei­ro que saiu pois do obra­dor fo­ron as ros­qui­llas an­tes de am­pliar a ou­tros do­ces. ¿Cal é a ori­xe das mes­mas?

—Par­ten dun­ha re­cei­ta que ha­bía na ca­sa. Mi­ña avoa pri­mei­ro, e mi­ña nai des­pois xa as fa­cían. De fei­to foi mi­ña nai De­lia quen me en­si­nou a fa­ce­las. Os meus pri­mei­ros in­ten­tos non fo­ron pre­ci­sa­men­te moi axei­ta­dos (ri­sas)...

—¿Que le­van?

—Pois ovos, fa­ri­ña, manteiga, anís, li­món e azu­cre. Son ros­qui­llas que se fan de xei­to to­tal­men­te ar­te­sa­nal po­lo que nin­gun­ha é igual a ou­tra.

—Co­lo­ran­tes, con­ser­van­tes...

—Na­da. A xen­te vol­ta a va­lo­rar e a pe­dir o pro­du­to ca­sei­ro, na­tu­ral, ar­te­sa­nal e sen co­lo­ran­tes. De fei­to fu­xo de con­ser­van­tes, sa­bo­ri­zan­tes... Nó­ta­se un­ha vol­ta a aque­les do­ces na­tu­rais que se con­su­mían anos atrás e que se fa­cían nas ca­sas cos ovos ca­sei­ros e co li­món do li­moei­ro... É a fi­lo­so­fía que se apli­ca aquí en Ca­mi­ños Do­ces.

—Das ros­qui­llas ás tor­tas, ¿co­mo che­ga a am­plia­ción de ofer­ta?

—Creo que fun­da­men­tal­men­te po­lo bo­ca a bo­ca. Co­me­zo a aten­der en­car­gos de ros­qui­llas e á par van xur­din­do en­car­gas de tor­tas va­ria­das po­lo que xa non só me cen­tro na ela­bo­ra­ción e ven­da das ros­qui­llas se­nón que ten­to dar res­pos­ta ao que pi­de o clien­te.

—Con pre­sen­za en to­da a co­mar­ca de De­za.

—Si. Vén­den­se tan­to ros­qui­llas co­mo tor­tas na co­mar­ca, so­bre to­do a par­ti­cu­la­res a ba­se de en­car­gas e ven fun­cio­nan­do to­do o ano. Un­ha das par­ti­cu­la­ri­da­des é que, po­lo de ago­ra, fa­ce­mos un­ha dis­tri­bu­ción das mes­mas a domicilio por to­da a co­mar­ca.

MI­GUEL SOU­TO

Lau­ra Ca­mino nun re­cen­te obra­doi­ro de cho­co­la­te pa­ra ca­ti­vos, ce­le­bra­do en Lalín.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.