Exa­lum­nos do Aller pre­pa­ran os 50 anos da súa gra­dua­ción

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - D. GON­ZÁ­LEZ ALÉN

A fei­ra do Gou­xa foi o es­ce­na­rio que es­co­lle­ron para ce­le­brar un­ha xun­tan­za de­za­seis dos vin­te­dous ex-alum­nos do Ins­ti­tu­to La­bo­ral Ra­món Ma­ría Aller de La­lín que dei­xa­ron o cen­tro no ano 1968, lo­go de re­ma­tar os cin­co anos de ba­cha­re­la­to. Hou­bo xan­tar, tem­po para lem­brar aque­les anos mo­zos e para pro­gra­mar os ac­tos para ce­le­brar o vin­dei­ro ano coa so­lem­ni­da­de que me­re­ce a oca­sión, o 50 aniver­sa­rio da súa gra­dua­ción. Da­que­la pro­mo­ción de alum­nos que ago­ra go­zan xa da xu­bi­la­ción, os mais de­les adi­cá­ron­se á do­cen­cia, al­gúns a fun­ción pú­bli­ca en di­ver­sas ad­mi­nis­tra­cións, a em­pre­sa pri­va­da e tan só un ao sec­tor agra­rio ma­lia que o ins­ti­tu­to la­li­nen­se era de mo­da­li­da­de agrí­co­la gan­dei­ra, coa pre­ten­sión de me­llo­rar a for­ma­ción do no­so me­dio ru­ral. Pe­ro da­que­la os alum­nos bus­ca­ban fu­xir da la­bran­za e do ru­ral e ato­par ou­tras pers­pec­ti­vas la­bo­ráis nou­tros ei­dos da eco­no­mía nou­tros es­ce­na­rios ur­báns.

Aín­da que a maio­ría pro­ce­dían do mu­ni­ci­pio de La­lín, ta­mén ha­bía am­pla re­pre­sen­ta­ción de Si­lle­da e Ro­dei­ro e en me­nor me­di­da de Agolada e Do­zón. Ao re­ma­tar no Ins­ti­tu­to La­bo­ral moi­tos ti­ve­ron que con­ti­nuar es­tu­dos fó­ra de La­lín para pos­te­rior­men­te pro­cu­rar saí­das pro­fe­sio­nais fó­ra da co­mar­ca aín­da que ninguén ti­vo que co­ller o ca­mi­ño da emi­gra­ción. No pri­mei­ro cur­so de 1963 co­men­za­ran 76 pe­ro ao lon­go dos cin­co cur­sos fo­ron min­guan­do dei­ca re­ma­tar tan só vin­te­dous.

Entre eles ha­bía al­gúns ben co­ñe­ci­dos na co­mar­ca de De­za, on­de te­ñen a súa re­si­den­cia ou por de­co­rrer aquí o seu la­bor pro­fe­sio­nal co­ma Ela­dio Cuí­ña, Xo­sé Ma­ría Fa­cal, Án­gel Fer­nán­dez, Da­niel Gon­zá­lez Alén, Luís Gon­zá­lez, Tino López Prie­to, Xesús Pal­mou, Jor­ge Ta­boa­da, Ela­dio Tra­ba­zo ou Xo­sé An­to­nio Pe­ni­do Ver­de. A eles su­ma­ban­se Be­ne­dic­to Fer­nán­dez Faíl­de, Xo­sé Vi­lla­ma­yor Louzao,Xo­sé Váz­quez Mo­rei­ras, Ra­món Cal­vei­ro Louzao, An­to­nio Má­moa, Xo­sé Gon­zá­lez Pal­mou, Jus­tino Va­re­la, An­to­nio López Vi­la, Xesús Vi­lla­nue­va, An­to­nio Riá­di­gos, Xo­sé Gon­zá­lez Ca­rrón y Xo­sé Luis Val­dés. O gru­po ven ce­le­bran­do xun­tan­zas anual­men­te, a úl­ti­ma o pa­sa­do ve­rán en Cam­ba­dos, con se­me­llan­te asis­ten­cia de exa­lum­nos che­ga­dos den­de di­fe­ren­te pun­tos de Es­pa­ña on­de re­si­den na ac­tua­li­da­de.

A pró­xi­ma xun­tan­za para ce­le­brar cum­pri­da­men­te o 50 aniver­sa­rio da súa gra­dua­ción, se­rá en La­lín para a que xa an­dan or­ga­ni­zan­do di­ver­sos ac­tos e agar­dan po­der xun­tar­se to­dos os pro­ta­go­nis­tas de «aque­les ma­ra­bi­llo­sos anos» e mes­mo ren­der ho­me­na­xe aos tres com­pa­ñei­ros que por des­gra­za fa­le­ce­ron en tem­pos re­cen­tes.

Nes­te gru­po de an­ti­gos alum­nos e ami­gos, que na ac­tua­li­da­de dis­fru­tan xa da súa xu­bi­la­ción, ató­pan­se moi­tas ca­ras co­ñe­ci­das que com­par­ti­ron me­sa e uns la­cóns.

A de­rra­dei­ra xun­tan­za ti­vo lu­gar na Gou­xa, no con­ce­llo de Do­zón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.