«A in­va­sión de aves­pas asiá­ti­cas é xa un pro­ble­ma de se­gu­ri­da­de ci­da­dá»

Re­ti­rá­ron­se máis de 500 ni­ños o ano pasado e o Con­ce­llo de La­lín abre un ci­clo de char­las pa­ra erra­di­car a es­pe­cie

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS - AMELIA FERREIROA

Co­me­zou on­te no lo­cal so­cial de Se­llo a pri­mei­ra das char­las in­for­ma­ti­vas so­bre a aves­pa asiá­ti­ca, que o Con­ce­llo de La­lín pro­gra­mou po­las pa­rro­quias do ru­ral, e das que se fan car­go os ex­per­tos api­cul­to­res Jorge Pe­ña e Da­vid Liñares e que con­tan ta­mén cun in­te­gran­te do GES la­li­nen­se. Liñares, que xa par­ti­ci­pou na ac­ción for­ma­ti­va e in­for­ma­ti­va do pasado ano, in­sis­te en que se dan a co­ñe­cer no­vos da­tos aos asis­ten­tes e for­mar pa­ra ata­llar es­te gra­ve pro­ble­ma.

—Ca­les son eses no­vos da­tos aos que se re­fi­re? —Bá­si­ca­men­te amo­sar a ex­pan­sión da aves­pa asiá­ti­ca. Pa­sa­mos de 70 ni­ños de ve­lu­ti­nas a máis de 500 que se re­ti­ra­ron o ano pasado e que­dou un 10 % sin eli­mi­nar por cues­tións va­rias. Se te­mos en con­ta que o pri­mei­ro ni­ño que se re­ti­rou en La­lín foi tres anos atrás xa se ve a ex­pan­sión des­ta in­va­so­ra. Es­ta­mos an­te un pro­ble­ma de se­gu­ri­da­de ci­da­dá xa que a aves­pa asiá­ti­ca se vai ins­ta­lan­do ca­da vez on­de hai máis po­boa­ción e é un pe­ri­go pa­ra a xen­te. Non se es­tá to­man­do moi en se­rio o te­ma e éo. Se non se con­tro­la se­rá un­ha bar­ba­ri­da­de ao non sa­ber­mos que tei­to po­de al­can­zar.

—Ca­les son os prin­ci­pais ris­cos? —Que a aves­pa asiá­ti­ca se desa­rro­lla moi pron­to. Ca­da fi­nal de ou­tono ca­da ni­ño bo­ta 200 raí­ñas e se non se cap­tu­ran ca­da un­ha for­mar un no­vo ni­ño de aí a rá­pi­da ex­pan­sión. Afec­ta a cul­ti­vos, froi­ta e á po­li­ni­za­ción xa que a súa ba­se de ali­men­ta­ción é co­mer po­li­ni­za­do­res.

—Ca­les son os mé­to­dos máis efi­ca­ces pa­ra frear a in­va­sión? —O que se es­tá fa­cen­do é o tram­peo, pe­ro hai que sa­ber tram­pear. Non se po­den po­ñer as tram­pas to­do o ano. Hai que tram­pear can­do saen as raí­ñas a fun­dar os ni­ños pri­ma­rios e a par­tir de maio xa non ser­ven pa­ra na­da xa que cae­rán in­sec­tos nas tram­pas pe­ro non raí­ñas. Lo­go ta­mén hai que sa­ber on­de co­lo­ca­las; me­llor sem­pre en ca­me­lios ou pe­xe­guei­ros que son os me­llo­res si­tios nos que aca­dar un maior nú­me­ro de cap­tu­ras. —Fun­cio­na es­te ti­po de tram­peo? —Re­la­ti­va­men­te. Po­drían pi­llar máis e ser máis se­lec­ti­vas as tram­pas. Ago­ra se es­tán in­tro­du­cin­do mo­di­fi­ca­cións pa­ra que non en­tren nas mes­mas bol­bo­re- tas e ou­tros in­sec­tos, con bu­ra­tos máis pe­que­nos pa­ra que non poi­dan saír as aves­pas e que­den no in­te­rior. Ha­be­ría que unir for­zas en­tre as aso­cia­cións do país e as ad­mi­nis­tra­cións pa­ra in­ves­ti­gar a fon­do o pro­ble­ma.

—Hou­bo mor­tes o ano pasado por pi­ca­du­ras de ve­lu­ti­nas. Que non se de­be de fa­cer?

—Pa­ra un alér­xi­co un­ha pi­ca­du­ra de aves­pa asiá­ti­ca po­de ser mor­tal. O ve­leno que ino­cu­la é moi­to maior co dun­ha abe­lla. Non fa­cer? Non ten­tar eli­mi­nar o ni­ño cun so­ple­te, dar­lle cun pau aos ni­ños se­cun­da­rios e ter coida­do ao ro­zar xa que ca­da vez es­tán en zo­nas máis bai­xas.

MIGUEL SOUTO

Da­vid Liñares se­rá un dos en­car­ga­dos de im­par­tir for­ma­ción e in­for­ma­ción aos ci­da­dáns.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.