O per­co­rri­do do Ca­mi­ño Real por te­rras si­lle­den­ses

La Voz de Galicia (Deza) - Deza local - - DEZA-TABEIRÓS -

Por ilus­tra­ti­vo traio a es­te epí­gra­fe a ver­sión do ca­mi­ño re­la­ta­da por Res­ti­tu­to No­guei­ra Ba­rrei­ra, quen fi­xo al­gun­ha via­xe co seu avó ata o Ri­bei­ro. O Ca­mi­ño Real, des­de Si­lle­da, pa­sa­ba po­las Fe­rrei­ras, Cos­toia, Cós­ca­ros e o Mar­co de Sia­dor. Xa en Cor­te­ga­da ía po­la igre­xa, por Car­di­gon­de e por dian­te da ca­sa de Ta­llón ata a ca­sa que é ho­xe de An­to­nio Ra­mos, (dian­te mes­mo). Máis pa­ra dian­te cru­za­ba a ac­tual es­tra­da por un ca­mi­ño pe­ga­do a un­ha ca­sa ve­lla, que aín­da se con­ser­va, e lo­go vol­vía á trans­cu­rrir po­la mes­ma es­tra­da, das fá­bri­cas das coo­pe­ra­ti­vas, ata a pa­rri­lla­da O Carballo. Alí ha­bía un­ha ca­se­ta no cru­ce que vai ca­ra a igre­xa de Olei­ros que se co­ñe­cía co­mo Ca­se­ta de Da­vid Ca­sa­no­va, que nos seus me­llo­res días pa­sou por ta­ber­na, fá­bri­ca de ga­so­sas e ca­sa de fe­rrei­ro.

Con­ti­núa in­for­man­do Res­ti­tu­to que se­gun­do lle con­ta­ba o seu avó, Res­ti­tu­to No­guei­ra Vi­lla­ver­de (ho­xe te­ría 127 anos), co que ten ido ao Ri­bei­ro, (La­xas no ano 1962), que o Ca­mi­ño Real pa­sa­ba po­la Ca­sa do Carballo,A Ma­la­ta, o lu­gar do cru­cei­ro non fon­do de Pa­zos, Gan­da­re­la, o Cru­cei­ro e Ca­pe­la de S. Ben­to do Pe­rei­ro (La­ro) e fi­nal­men­te A Vei­ga en Pa­ra­da, pa­ra un­ha vez pa­sa­do o río De­za en­la­zar coa pa­rro­quia de Bar­cie­la, xa no Con­ce­llo de La­lin.

Un­ha das me­llo­res des­cri­cións do tra­za­do do Ca­mi­ño dos Arriei­ros do Vi­ño ven­nos da­do por Luis Xu­lio Carballo, na súa obra Po­voa­men­to Cas­tre­xo e Ro­mano da Te­rra de Tras­de­za, pois coin­ci­de co que el mar­ca e de­no­mi­na e Ca­mi­ño Real An­ti­go. As se­me­llan­zas son exac­ta­men­te as mes­mas cás das dis­tin­tas ver­sións que pui­den ir re­co­llen­do de in­for­man­tes can­do se fa­la­ba dos ro­tei­ros que po­dían se­guir os no­sos «trans­por­tis­tas» can­do se di­ri­xían ao Ri­bei­ro a tra­vés de Vi­la­tu­xe e o Iri­xo.

No tra­ba­llo re­cen­te­men­te pu­bli­ca­do, De­za Au­gus­ta, é en Si­lle­da on­de, o au­tor Ma­nuel Mos­que­ra, si­túa un­ha mu­ta­tio ro­ma­na, que a do­ta­ba con to­do ti­po de ser­vi­zos, de­ter­mi­na­dos cos to­pó­ni­mos e an­tro­pó­ni­mos que a cir­cun­dan co­ma por exem­plo, Fe­rrei­ras, Cu­rre­lo, Gou­xa, Cos­toia, etc.

A Pon­te da Vei­ga, foi cons­truí­da no 1856 des­pois de que por par­te do sín­di­co Fran­cis­co Mª Ri­vas da Ca­sa de Ses­te­lo de Sia­dor, se man­da­ra un es­cri­to de 14 de de­cem­bro de 1849 ao go­ber­na­dor da pro­vin­cia, so­li­ci­tan­do a ur­xen­te cons­tru­ción dun­ha pon­te que uni­ra «un­ha das ve­reas máis con­co­rri­das de Ga­li­cia que par­tin­do de San­tia­go con­du­ce aos po­bos do Car­ba­lli­ño, Ba­ños de Pas­to­ri­za, Ri­ba­da­via, ri­bei­ras do Avia e Mi­ño».

Nou­tro apar­ta­do da ins­tan­cia, in­di­ca o es­ta­do en que se ato­pa­ba o ac­tual pa­so «o pa­so es­tá in­ter­cep­ta­do prác­ti­ca­men­te to­do o ano, ex­cep­to no ve­rán, de­bi­do aos alu­vións dos mon­tes Can­dán, Tes­tei­ro e Pa­ra­ño obri­gan­do aos tran­seún­tes a en­ca­mi­ñar­se for­zo­sa­men­te po­la pon­te Gon­du­riz, en pé­si­mo es­ta­do ade­mais de ser es­trei­to e de ma­dei­ra». Ta­mén hai que sa­lien­tar que na Mar­za, exis­tía xa en ma­dei­ra, e aín­da exis­te, ho­xe en pe­dra, a Pon­te de Olei­ros, que sal­va­ba o río De­za en­tre o pro­pio lu­gar e a ve­ci­ña An­seán do con­ce­llo de La­lín, ca­ra á Vi­la­tu­xe. Pa­so moi con­co­rri­do pa­ra os arriei­ros das di­ver­sas mer­ca­do­rías con ani­mais e ca­rre­tas.

Arrie­ros re­co­ñe­ci­dos

Me­re­ce­do­res dun ca­pí­tu­lo apar­te, nes­tas páxinas tan só no­mi­nar al­gúns dos arriei­ros do vi­ño máis re­co­ñe­ci­dos, xa de Tras­de­za xa de fó­ra, pe­ro con re­par­to no no­so mu­ni­ci­pio. No Ca­tas­tro da En­se­na­da de 1752 fi­gu­ra­ban os se­guin­tes arriei­ros na xu­ris­di­ción de Tras­de­za: Cor­te­ga­da 15, Es­cua­dro 15, Sia­dor 11, Si­lle­da 2, Cha­pa 4, Moal­de 8, Graba 6, Taboada 7, Cer­ba­ña 9. En to­tal: 77. A re­la­ción de arriei­ros a in­te­gran Ma­nuel Ca­ra­més (Graba); Jua­ni­to Ca­ra­més de Xes­to­so, o arriei­ro Ca­ra­més (Xes­to­so); An­to­nio Fer­nán­dez (Pon­te); Er­nes­to Fe­rra­dás Fe­rra­dás (Cor­te­ga­da); Ma­nuel Gar­cía (Es­cua­dro); An­to­nio Gon­zá­lez, de Toi­riz (Si­lle­da); An­to­nio Ro­drí­guez, de Rosende (Pon­te); Ta­llón (Cor­te­ga­da); Servando Váz­quez e a sa­ga fa­mi­liar (A Ban­dei­ra); O Faus­to de Mas­ga­lán de Arri­ba (For­ca­rei); Ma­nuel Igle­sias (Pe­na do Fo­xo-Cu­ran­tes); y An­dión (For­ca­rei).

Agra­de­cer as co­la­bo­ra­cións dos fa­mi­lia­res, des­cen­den­tes e ami­gos dos arriei­ros, sen as ca­les non se­ría po­si­ble fa­cer es­te tra­ba­llo: An­to­nio Ca­ra­més, Alfredo Ca­na­bal, Juan Con­de, Luis Fe­rra­dás, Rosa Gar­cía, Car­los Gar­cía, Ra­món Gó­mez, Jo­se­fa e Ju­lio Nú­ñez, Ana Ro­drí­guez e Joaquín Ro­drí­guez.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.