En­tre­vis­ta al al­cal­de, An­to­nio Lom­ba

An­to­nio Lom­ba Al­cal­de de A Guar­da

La Voz de Galicia (Deza) - Especial1 - - Portada - M. V. F.

Lo­go de dous anos á fron­te do Con­ce­llo da Guar­da, e coin­ci­din­do cun­ha das prin­ci­pais fes­tas da lo­ca­li­da­de, o rexedor lo­cal fai ba­lan­ce. Lom­ba mós­tra­se sa­tis­fe­ti­to, pe­ro sen es­que­cer en nin­gún mo­men­to que que­da moito por fa­cer.

— ¿Que ba­lan­ce fai do que vai de man­da­to?

—No que se re­fi­re ás po­lí­ti­cas mu­ni­ci­pais, o ba­lan­ce é moi po­si­ti­vo. En par­te te­mos que agra­de­cer is­to á po­lí­ti­ca da Depu­tación de re­par­to de fon­dos a tra­vés do Plan Con­ce­llos. Con­se­gui­mos po­ñer en mar­cha al­gúns pro­xec­tos pa­ra a segunda par­te da le­xis­la­tu­ra que son moi im­por­tan­tes pa­ra A Guar­da, co­ma a humanización da rúa Con­cep­ción Are­nal. Ta­mén le­va­mos tra­ba­lla­do moito pa­ra me­llo­rar os ser­vi­zos aos ci­da­dáns e con­se­guir avan­zar na mo­der­ni­za­ción da ad­mi­nis­tra­ción. A no­ta ne­ga­ti­va nes­tes é a pa­rá­li­se da vía de al­tas pres­ta­cións Tui - A Guar­da. Es­ta obra é prio­ri­ta­ria pa­ra nós, pe­ro pa­re­ce que a Xun­ta non é sen­si­ble a es­te fei­to.

—¿Ca­les fo­ron os prin­ci­pais lo­gros nes­te tem­po?

—Te­mos rea­li­za­do ac­tua­cións im­por­tan­tes pa­ra os ve­ci­ños, me­llo­ran­do rúas e es­pa­zos pú­bli­cos, me­llo­ran­do a ofer­ta cul­tu­ral e tu­rís­ti­ca así co­mo os ser­vi­zos que pres­ta o Con­ce­llo. Con­se­guiu­se ta­mén a co­la­bo­ra­ción das aso­cia­cións.

—¿Ca­les sa­lien­ta­ría?

—Al­gúns exem­plos son o re­ma­te da ca­sa dos Alon­sos pa­ra que se­xa a no­va se­de do con­ce­llo á que te­mos pre­vis­to mu­dar­nos es­te ano, a humanización da rúa Cal­va­rio, a peo­na­li­za­ción da pra­za do Re­ló e pri­mei­ro tra­mo da rúa San Ber­nar­do, a am­plia­ción do par­que in­fan­til da ala­me­da, a ad­qui­si­ción dun­ha má­qui­na va­rre­do­ra, a re­cu­pe­ra­ción do cam­po do Co­de­sal pa­ra deportes de praia, o cen­tro de in­ter­pre­ta­ción do Cas­te­lo de San- ta Cruz, a me­llo­ra da ac­ce­si­bi­li­da­de á praia da Area Gran­de, o no­vo re­gu­la­men­to de li­xo coa súa co­rres­pon­den­te cam­pa­ña, a or­de­nan­za de axu­da a deportistas, me­llo­ras pa­ra Ho­key que fa­re­mos pro­xi­ma­men­te, a re­pa­ra­ción da cu­ber­ta do pa­vi­llón das Solanas

— Ta­mén es­tán avan­zan­do no as­pec­to tec­no­ló­xi­co, ¿non si?

—Si, ta­mén crea­mos a pá­xi­na web de tu­ris­mo e re­no­va­mos a web ins­ti­tu­cio­nal. Creou­se un­ha App do con­ce­llo, a im­plan­ta­ción do re­xis­tro elec­tró­ni­co e se­de electrónica.

— ¿Que ma­te­rias pen­den­tes lles que­dan?

—Es­ta­mos tra­ba­llan­do en moi­tas fron­tes, pe­ro no que se re­fi­re a gran­des ac­tua­cións a obra máis im­por­tan­te pa­ra o no­so fu­tu­ro é a VAP Tui-A Guar­da. Ade­mais des­ta in­fra­es­tru­tu­ra es­ta­mos tra­ba­llan­do pa­ra ter un­ha no­va gar­de­ría mu­ni­ci­pal. Tra­ta­re­mos de con­se­guir a im­pli­ca­ción das ad­mi­nis­tra­cións no pro­xec­to de su­bir os ser­vi­zos ao mon­te San­ta Tre­ga e so­li­ci­ta­re­mos fi­nan­cia­men­to pa­ra a am­plia­ción e re­for­ma do pa­vi­llón mu­ni­ci­pal can­do es­tea re­dac­ta­do o pro­xec­to com­pro­me­ti­do po­la Depu­tación. Ade­mais, te­mos avan­za­das as xes­tións pa­ra a re­dac­ción de pro­xec­tos moi im­por­tan­tes pa­ra a Guar­da co­mo son o ac­ce­so sur do por­to e o au­di­to­rio mu­ni­ci­pal.

— ¿En que prio­ri­da­des tra­ba­lla o Con­ce­llo nes­tes mo­men­tos?

—Es­tes días o no­so prin­ci­pal tra­ba­llo con­sis­te en po­ñer en mar­cha e com­ple­tar as xes­tións ad­mi­nis­tra­ti­vas das ac­tua­cións que te­mos pre­vis­tas pa­ra es­te ano e prin­ci­pios do que ven ade­mais de coor­di­nar as ac­ti­vi­da­des cul­tu­rais e tu­rís­ti­cas do ve­rán. Den­tro do plan con­ce­llos da Depu­tación aco­me­te­re­mos a ur­ba­ni­za­ción da Subida a Sa­na­ma­ro en Cam­po­san­cos, a cuar­ta fa­se da rúa da Cal e a ro­ton­da de San Ro­que. Ta­mén es­ta­mos ul­ti­man­do a si­na­tu­ra do con­ve­nio con Tu­ris­mo pa­ra exe­cu­tar a área de con­trol de vi­si­tan­tes ao mon­te co­ñe­ci­da co no­me de por­ta do Tre­ga. No ám­bi­to pa­tri­mo­nial des­ta­ca es­te ano a or­ga­ni­za­ción dun­ha ex­po­si­ción ar­queo­ló­xi­ca na ca­sa dos Alon­sos con­me­mo­ra­ti­va do cen­te­na­rio do mu­seo ar­queo­ló­xi­co do Tre­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.