O bar Be­le­lle no re­cor­do

La Voz de Galicia (Deza) - Especial2 - - News - AMALIO GON­ZÁ­LEZ

Es­te ano de 2017 pa­ra­mos por se­gun­da vez na his­to­ria da fes­ta da no­sa pa­tro­na do ba­rrio da Ca­cha­re­la, en La­lín, pa­ra fa­cer­lle hon­ra a ou­tro bar ta­mén his­tó­ri­co: o Be­le­lle que se su­ma o fei­to bar Ga­li­cia. Os no­sos ho­me­na­xea­dos son An­to­nio Ro­drí­guez Gar­cía , na­do en Be­le­lle, pa­rro­quia de San­tia­go de Ca­ta­sós un 28 de se­tem­bro de 1926, e a súa do­na, Vir­gi­nia Ló­pez Ber­to­lo, na­ci­da en Don­freán (Ca­ta­sós), o 24 de mar­zo de 1931. O ser da mes­ma pa­rro­quia é fá­cil ima­xi­nar que xa se co­ñe­ce­rían de ne­nos e que in­clu­so coin­ci­di­rían na escola ou no ca­te­cis­mo na igre­xa pa­rro­quial. De tan­to co­ñe­cer­se a cou­sa aca­bou no es­pe­ra­do, de­rei­ti­ños a igre­xa de Ca­ta­sós, pa­ra fa­cer a súa vi­da xa xun­tos pa­ra sem­pre. Aí é can­do em­pe­za un a re­pran­te­xar­se a si­tua­ción pa­ra pro­gra­mar un fu­tu­ro pa­ra eles e pa­ra o que po­da vir. E nes­tas e can­do dis­co­rren e po­ñen en mar­cha o bar Be­le­lle.

En 1957 mer­ca­ron o so­lar, moi pre­to do ins­ti­tu­to, co cal o éxi­to xa es­ta­ba ca­se ase­gu­ra­do, pois era moi­ta a xen­te que se mo­vía ne­sa zo­na es­tu­dan­til. Abri­ron o bar no ano 1964 e des­de ese día as portas es­ti­ve­ron aber­tas den­de as 6.00 ho­ras. Abrían moi ce­do pe­ro ta­mén pe­cha­ba a un­ha ho­ra pru­den­te. Con­tá­ba­me un ami­go, o se­ñor Darriba Bui­tra­go, clien­te da ca­sa e co­ñe­ci­do co­mo Cas­pa­tín, que a iso das 22.00 ho­ras se al­guén se re­za­ga­ba no mos­tra­dor, el apa­ñá­ba­se pa­ra le­va­los e in­vi­ta­los o ve­ci­ño bar Ga­li­cia. An­to­nio ti­ña moi­ta ha­bi­li­da­de pa­ra un­ha rá­pi­da re­ti­ra­da. Den­de as 6.00 ven­dían­se bo­ca­di­llos, ca­llos, co­ci­dos, cos­te­le­tas, bis­tés, ba­ca­llau e ou­tras pa­pa­to­rias co­mo troi­ta­das, ca­po­na­das, ou pra­tos de ca­za que da­que­la, abun­da­ban. A clien­te­la era moi va­ria­da. Den­te es­tu­dan­tes a mes­tres, den­de al­ba­neis a co­mer­cian­tes to­dos pa­sa­ban po­lo Be­le­lle. Se­gun­do din os ve­ci­ños, os días de fei­ra era ca­se que im­po­si­ble en­trar a xan­tar as car­nes gui­sa­das que se ser­vían. Co­mo moi­tas ta­ber­nas da épo­ca, o Be­le­lle ta­mén ti­ña ul­tra­ma­ri­nos. En 1983 con An­to­nio e Vir­xi­nia ao fron­te fun­da­ron a pe­ña dos Ca­man­do­las e alí na­ceu a idea da com­pra do San Xoán da Ca­cha­re­la, que es­ti­vo na ta­ber­na ata que pe­chou. Cas­pa­rín, Jimmy, Vi­cen­ti­to, Ma­no­li­to da Mo­re­na, clien­tes de to­dos os días, en­car­gá­ron­se da pa­pa­to­ria pa­ra fa­cer un so­lem­ne re­ci­bi­men­to o san­to. Pa­re­ce ser que mar­cha­ron pa­ra Bueu con tres fur­go­ne­tas que vi­ñe­ron car­ga­das de me­xi­llóns que do­nou un­ha ami­za­de que ti­ñan no po­bo. Hou­bo ta­mén pul­po, tor­ti­llas e ou­tras vian­das e moi­to vi­ño. A fes­ta foi nun­ha fin­ca o la­do, na Ca­sa de Vi­cen­te. Era fa­mo­so no bar o 5 de xa­nei­ro, día de can­tar os Reis. Fa­cían un­has fo­llas de ba­ca­llau enor­mes na­que­las po­tas xi­gan­tes pa­ra un pra­to que da­que­las era moi po­pu­lar. Nos fríos in­ver­nos ser­vían­se moi­tas co­pas de au­gar­den­te den­de a ma­ñá ce­do e no Be­le­lle aín­da se ser­vían as fa­mo­sas so­pas de un­to.

Pe­ro to­do ten un fin, e o ami­go, ve­ci­ño e com­pa­ñei­ro An­to­nio dei­xou­nos un tris­te 12 de abril de 1985. A súa do­na, ven­do que a súa des­cen­den­cia co­llía por ou­tros de­rro­tei­ros, pe­chou o Be­le­lle pa­ra po­der des­can­sar un pou­qui­ño. No ou­tono de 2001 en­trou­lle ta­mén a ela a mo­rri­ña de An­to­nio e dei­xou­nos ta­mén, Ho­xe des­can­san xun­tos e pa­ra sem­pre no ce­mi­te­rio da súa pa­rro­quia de Ca­ta­sós, on­de na­ce­ron, ca­sa­ron e on­de te­ñen a súa vi­ven­da pa­ra a eter­ni­da­de Pe­di­mos a Santa Mar­ta que xun­to a San Xoán da Ca­cha­re­la e San­tia­go de Ca­ta­sós os le­ve­des a cea o si­tio máis al­to da ca­sa do no­so Deus.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.