«A fron­tei­ra do no­so es­ti­lo é non ter un es­ti­lo»

A XEI­TO DE AN­TI­CI­PO DO CEN­TE­NA­RIO DA RE­VIS­TA NÓS, A CAN­TAN­TE OU­REN­SÁ CARMEN PENIM E O PIANISTA RO­MANO MAU­RI­ZIO POLSINELLI PÓ­ÑEN­LLE MÚ­SI­CA E PAI­XÓN AOS TEX­TOS DOS POE­TAS QUE ASI­NA­RON EN TAN SEÑEIRA PU­BLI­CA­CIÓN

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA - MA­RÍN

C.C.

| Son moi­tas as fron­tei­ras que se em­pe­ña en des­bo­tar es­te dúo. As máis evi­den­te, as que se­pa­ran os seus paí­ses de ori­xe. Pe­ro ta­mén no te­rri­to­rio do mu­si­cal e mes­mo no poé­ti­co as súas crea­cións amal­ga­man un abano tan va­ria­do de in­fluen­zas que non é po­si­ble —nin fal­ta que fai— si­tuar a raia que as de­li­mi­ta. Cón­ta­no­lo a súa can­tan­te Carmen Penim. —No seu no­vo dis­co pu­xe­ron o ollar nos tex­tos da re­vis­ta Nós. ¿Cal foi o cri­te­rio pa­ra se­lec­cio­na­los? —Non bus­ca­mos cin­gir­nos á xe­ra­ción Nós. Qui­xe­mos en­ga­dir ou­tros au­to­res que pu­bli­ca­ron na re­vis­ta como Jo­sé Ve­lo, Francisco Luis Ber­nár­dez, Carballo Ca­le­ro ou Fran­cis­ca He­rre­ra, a úni­ca mu­ller que es­cri­biu na pu­bli­ca­ción. —¿Como son per­ci­bi­dos es­tes tex­tos cen anos des­pois de ter si­do es­cri­tos? —Si­guen to­tal­men­te vi­xen­te. É máis, pen­so que da­que­la es­cri­bían cun­ha li­ber­da­de in­te­lec­tual moi­to maior que a de ho­xe en día. Es­tes au­to­res sou­be­ron ele­var a idea de Ga­li­cia a un ni­vel cos­mo­po­li­ta como nun­ca se ten fei­to. —¿En que se ba­sa­ron á ho­ra de po­ñer­lles mú­si­ca? —In­ten­ta­mos que no mu­si­cal se re­flec­ti­se esa con­vi­ven­cia que hai na re­vis­ta do que é o mundo cul­to e o mundo po­pu-

lar ga­le­go. Hai te­mas que soan moi tra­di­cio­nais, nos que se uti­li­zan ins­tru­men­tos de raíz, e ou­tros máis con­tem­po­rá­neos, ache­ga­dos por exem­plo ao jazz. —O jazz é un­ha re­fe­ren­cia cons­tan­te en to­do o dis­co...

—Eu sem­pre di­go que eu o que real­men­te que­ría era ser di­va do jazz. Evi­den­te­men­te, to­do o que es­coi­tas e o que fas na ca­sa sae des­pois aí. E o jazz es­tá sem­pre pre­sen­te en nós. —¿Qué lle apor­ta o ar­mo­nio á for­ma­ción e, por ou­tra par­te, qué di­fi­cul­ta­des con­le­va o in­te­grar un ins­tru­men­to tan sin­gu­lar co­ma ese? —Mau­ri­zio sem­pre di que é un ins­tru­men­to moi­to máis fá­cil de in­ter­pre­tar que o piano, pe­ro, ao fin, é un ins­tru­men­to pen­sa­do pa­ra a mú­si­ca sa­cra e non pa­ra o uso que nós lle estamos dan­do. Sa­car­lle esa so­no­ri­da­de pa­ra a cal non foi pen­sa­do é un mé­ri­to de Mau­ri­zio. Den­de lo­go apór­ta­lle aos con­cer­tos al­go moi es­pe­cial que atra­pa ao pú­bli­co. E a min da­me moi­tí­si­mo xo­go á ho­ra de can­tar as can­cións máis da te­rra. —Apar­te das máis evi­den­tes, ¿en qué fron­tei­ras se si­túan? —A idea da fron­tei­ra xur­diu can­do es­tá­ba­mos en Ita­lia, que foi can­do crea­mos o dúo. Alí fa­cía­mos moi­tos re­per­to­rios, moi­ta mú­si­ca es­pa­ño­la, ita­lia­na, bos­sa… En­tón, era una mes­tu­ra tan in­de­cen­te (ri­se) que nos de­mos con­ta que real­men­te es­ta­ba­mos na fron­tei­ra. Por ou­tra par­te so­mos dous mú­si­cos que vi­mos de dis­tin­tos ám­bi­tos e de dis­tin­tos paí­ses. E di­xe­mos, is­to que­ré­mo­lo con­ser­var, que­re­mos ser sem­pre dous mú­si­cos na fron­tei­ra e que non nos en­ca­si­llen, que a xen­te se acos­tu­me a que o no­so es­ti­lo é non ter un es­ti­lo.

EDUAR­DO IRAGO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.