Ou­ren­sao de ou­ro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - LUIS G. TO­SAR

Le­vo me­ses na al­dea, Va­leu­me a vi­da es­ta tem­pa­da, abo­fé, por­que ato­pei o va­gar que cóm­pre pra es­coi­tar a fa­lan­tes que nos de­vol­ven á ca­li­da­de lin­güís­ti­ca. Al­go que a pou­cos preo­cu­pa e que, ó meu xei­to de en­ten­der, re­sul­ta de­ter­mi­nan­te, xun­to con ou­tras me­di­das nor­ma­li­za­do­ras, prá per­vi­ven­cia do idio­ma pro­pio de Ga­li­cia. A in­fluen­cia da TVG vol­véu­se per­ver­sa. Pois si, seino por sia­rei­ro —ve­xo Luar e o que me bo­ten— e por com­pro­bar como a xen­te copia do que din na pan­ta­lla. Exis­te na no­sa can­le, agás ex­cep­ciós, un­ha de­ri­va ca­da vez máis cas­tra­pi­zan­te, con­fun­din­do fa­la po­pu­lar con cho­quei­ra­da e es­ten­den­do bar­ba­ri­da­des que in­zan como a pes­te dos vim­bios: tem­pos ver­bais com­pos­tos, pé­si­ma co­lo­ca­ción dos pro­no­mes, con­xun­ción co­pu­la­ti­va i en tó­do­los ca­sos, des­lei­xo ab­so­lu­to po­lo lé­xi­co («to­da­vía» por aín­da», «desaiuno» por «al­mor­zo», «pa­ta­ta» no canto de «pa­ta­ca» e un lon­go así), sen re­pa­rár­mo­nos na fo­né­ti­ca e nou­tras miu­dan­zas. Men­tres os fa­lan­tes-cer­ne ós que me re­fe­ría des­apa­re­cen, os no­vos, os que o ma­ma­ron, asi­mi­lan no­vi­da­des pa­pa­lei­so­nas (ti­po «gra­zas» ou «pa­ra­be­ni­zar») prac­ti­can­do en­tre iles un­ha mes­tu­ra de ga­le­go e cas­te­lán que, hai ben pou­co, non era tal. Nes­ta des­fei­ta re­mo­ci­cou­me o co­ra­zón a úl­ti­ma en­tre­ga dun gran­de es­cri­tor de no­so, Bieito Igle­sias. Ti­tú­la­se O

ou­ro de Ou­ren­se e, só na pa­re­cen­za, pa­sa por ser un­ha guía de on­de al­gús ta­mén din Oria, Ou­ran­tes, Au­ria, Ou­réns e Se­re­nou, ci­da­de na que il che­gou ó mundo e po­la que am­bos e dous de­ve­ce­mos. Mais a pou­co que cal­que­ra en­fe­rre no li­bro, edi­ta­do por En­gaio­lar­te e mag­ní­fi­ca­men­te adu­bia­do con fo­tos de Xu­lio Gil, de­ca­ta­ra­se de que o con­ti­do é un­ha via­xe ó ín­ti­mo, ó san­gu­mi­ño dun ou­ren­sao que nos vai le­van­do po­la mau sen que nos sin­ta­mos ma­ne­xa­dos. Al­guén que nos des­co­bre esou­tra ca­ra das his­to­rias, das rúas, das pe­dras e dos per­so­na­xes, o cor­po in­tei­ro do Ou­ren­se que foi e que é, ar­te­lla­do co que Bor­ges cha­mou, en Fer­vor de

Bue­nos Ai­res, «lu­ces dis­per­sas/ que nues­tra ig­no­ran­cia no ha apren­di­do a nom­brar/ ni a or­de­nar en cons­te­la­cio­nes»/ De por par­te, Bieito Igle­sias bri­lla, nes­te seu reino aber­to ó ho­ri­zon­te do Mi­ño, po­la fe­rra­men­ta coa que o la­brou, un­ha ai­xo­la de acei­ro; lin­gua na que mi­li­ta­mos, o ou­ren­sao que tan­to doe e que ca­se nin­guén xa en­ten­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.