A me­mo­ria his­tó­ri­ca

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - CAR­LOS G. REI­GO­SA

Exis­ten a me­mo­ria per­soal e a me­mo­ria his­tó­ri­ca. So­bre a pri­mei­ra pou­co hai que di­cir: é o que ca­da un re­cor­da do que vi­viu. O pro­ble­ma xur­de coa me­mo­ria his­tó­ri­ca, que de­be­ría arrin­car das lem­bran­zas ou tes­te­mu­ñas per­soais pa­ra ofre­cer­nos un mar­co fia­ble de re­fe­ren­cias do pa­sa­do. Mais non sem­pre su­ce­de así. Es­cri­bín al­gúns li­bros reivin­di­ca­ti­vos so­bre «a ou­tra par­te con­tra­tan­te» da Gue­rra Ci­vil. En A ago­nía do león con­tei a his­to­ria do gue­rri­llei­ro an­ti­fran­quis­ta Ma­nuel Gi­rón Ba­zán, e nou­tros evo­quei a Fou­ce­llas, Pon­te, Gar­da­rríos, Pi­lo­to, et­cé­te­ra. Cría que o puz­le his­tó­ri­co non es­ta­ba com­ple­to sen a súa pe­cu­liar re­sis­ten­cia. Pe­ro o resultado non foi o que eu pen­sa­ba, por­que en­se­gui­da che­ga­ron al­gúns re­crea­do­res da me­mo­ria his­tó­ri­ca dis­pos­tos a ex­traer un­ha ren­di­bi­li­da­de ideo­ló­xi­ca po­la vía de ven­ce­llar aque­les loi­ta­do­res an­ti­fran­quis­tas coa reali­da­de po­lí­ti­ca de ho­xe. A súa ar­gu­men­ta­ción soa­ba par­cial e es­tra­ña, por­que o an­ti­fran­quis­mo sen Fran­co re­sul­ta­ba ser un­ha crea­ción for­za­da que desafia­ba os lí­mi­tes tem­po­rais da no­sa pro­pia me­mo­ria. Pe­ro oco­rreu así, por­que a me­mo­ria his­tó­ri­ca —en con­tra do que eu cría— non se ali­men­ta da súa fi­de­li­da­de ao pa­sa­do, se­nón da súa pai­xón por bus­car­lle apoios ao re­la­to dun pre­sen­te e dun fu­tu­ro que se pre­ten­de ilu­sio­nan­te e re­pa­ra­dor.

Ago­ra eu xa sei que é a des­me­mo­ria —e non a me­mo­ria— a que me­llor lle pres­ta á ela­bo­ra­ción me­ta­fó­ri­ca dun­ha no­va e ac­tua­li­za­da me­mo­ria his­tó­ri­ca. Por iso es­ta re­cons­tru­ción se apoia tan­to na sim­pli­fi­ca­ción dos fei­tos e na re­ela­bo­ra­ción dos dis­cur­sos. E is­to, que non me pa­re­cía le­xí­ti­mo, ago­ra pa­ré­ce­me sim­ple­men­te ló­xi­co. Os fei­tos do pa­sa­do po­den re­lem­brar­se e re­in­ter­pre­tar­se des­de os in­tere­ses e fas­ci­na­cións de ho­xe. Sen des­fi­gu­ra­los de to­do, xao­ra. Por­que, co­mo ben di­xo o es­cri­tor por­tu­gués Jo­sé Sa­ra­ma­go, «hai que re­cu­pe­rar, man­ter e trans­mi­tir a me­mo­ria his­tó­ri­ca, por­que se em­pe­za po­lo es­que­ce­men­to e se ter­mi­na na in­di­fe­ren­za». E is­to non. O pro­pio Sa­ra­ma­go su­bli­ñou: «Apren­dín a non in­ten­tar con­ven­cer a nin­guén. O tra­ba­llo de con­ven­cer é un­ha fal­ta de res­pec­to, é un in­ten­to de co­lo­ni­za­ción do ou­tro». E en­ga­día es­te por­tu­gués uni­ver­sal que é ben cer­to que «somos a me­mo­ria que te­mos e a res­pon­sa­bi­li­da­de que asu­mi­nos; sen me­mo­ria non exis­ti­mos e sen res­pon­sa­bi­li­da­de qui­zais non me­re­za­mos exis­tir». Así o creo eu ta­mén ago­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.