Pó­la de car­ba­llo con lan­dras de ou­ro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ LETRAS ] - XESÚS ALON­SO MON­TE­RO

As Ba­ses dos Xo­gos Flo­rais de Tui de 1891 (24 de xu­ño) es­ta­ble­cían que o poe­ta ga­lar­doa­do co se­gun­do pre­mio de poe­sía re­ci­bi­ría un­ha «pó­la de car­ba­llo con lan­dras de ou­ro», ga­lar­dón in­só­li­to, ata on­de eu sei, na his­to­ria dos cer­ta­mes poé­ti­cos. Foi­lle con­ce­di­do ao poe­ta tu­den­se Mar­tín Díaz Spuch (1865-1912), e se­ría moi in­tere­san­te sa­ber se os her­dei­ros dos seus con­ser­van a in­só­li­ta e en­xe­bre pe­za. Des­te asun­to fa­lei, o 29 de xu­llo, no con­ce­llo de Tui nun ac­to or­ga­ni­za­do po­lo pro­pio con­ce­llo (coa co­la­bo­ra­ción da Real Aca­de­mia Ga­le­ga). Tra­tá­ba­se de con­me­mo­rar aquel gran acon­te­ce­men­to li­te­ra­rio no seu cen­to vin­te e cin­co aniver­sa­rio, e tra­tá­ba­se, po­la mi­ña par­te, de po­ñer o acen­to nou­tros as­pec­tos iné­di­tos des­tas festas li­te­ra­rias.

Un é moi co­ñe­ci­do: ne­sa oca­sión —o 24 de xu­ño de 1891—, dous per­soei­ros da ga­le­gui­da­de, Ma­nuel Mur­guía e Al­fre­do Bra­ñas, pro­nun­cia­ron os seus pri­mei­ros dis­cur­sos en lin­gua ga­le­ga. Re­co­llei­tos es­tán no nú­me­ro 7-8 de La Pa­tria Ga­lle­ga (San­tia­go, 15-7-1891), xun­to coa Me­mo­ria dos Xo­gos, li­da po­lo Se­cre­ta­rio dos mes­mos o ca­te­drá­ti­co Sal­va­dor Ca­be­za de León, da Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Com­pos­te­la. Eran os pri­mei­ros Xo­gos Flo­rais ro­tu­la­dos e anun­cia­dos en ga­le­go, que foi, ta­mén, o idio­ma das Ba­ses, ou­tra pe­cu­lia­ri­da­de. Nun­ha de­las ba­te­mos con dúas in­di­ca­cións nun­ca, que se sai­ba, co­men­ta­das po­los no­sos fi­ló­lo­gos: a) os tra­ba­llos —to­dos en ga­le­go— ta­mén po­dían ser re­dac­ta­dos en ga­le­go do Bier­zo e en ga­le­go as­tu­riano (o fa­la­do en­tre o Eo e o Na­via); b) os tex­tos, «ri­gu­ro­sa­men­te iné­di­tos, e es­cri­tos en ga­lle­go an­ti­go (cur­si­va mi­ña) ou mo­derno». To­do fai su­po­ñer que exis­tía a op­ción de es­cri­bir en ga­le­go me­die­val (o de Afon­so X, o da Cró­ni­ca Troia­na...). En can­to ao ga­le­go fa­la­do fó­ra de Ga­li­cia, é má­goa que os re­dac­to­res das Ba­ses non si­na­la­sen ta­mén o te­rri­to­rio de Za­mo­ra, da­que­la, e ho­xe, ga­le­go­fa­lan­te.

Hou­bo máis no­vi­da­des nos Xo­gos, un­ha acae­ci­da o día 26, no Xan­tar Re­xio­na­lis­ta, no que se leu un cu­rio­so poe­ma de Ni­co­lás Ta­boa­da no que, en­tre bro­mas e ve­ras, fa­cía re­fe­ren­cia á anar­quía exis­ten­te no ga­le­go es­cri­to, ra­zón po­la cal so­li­ci­ta­ba «un­ha cá­te­dra da fa­la / pra es­quir­bi­la e pra fa­la­la / pron­to e ben, co­mo Dios man­da». Fa­cía ou­tras pro­pos­tas o nú­me­ro 9 de La Pa­tria Ga­lle­ga.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.