O se­gre­do do pas­tor de es­tre­las

LUÍS REI TRA­ZA O PER­CO­RRI­DO VI­TAL DOS ÚL­TI­MOS ANOS DE AFON­SO DANIEL RODRÍGUEZ CAS­TE­LAO PARTINDO DAS AN­SIAS DE VINGANZA QUE AGRO­MAN TRAS UN EN­CON­TRO QUE O RIANXEIRO MAN­TÉN CO MI­LI­TAN­TE CO­MU­NIS­TA JOSÉ GÓ­MEZ GA­YO­SO

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - [LUIS REI NÚ­ÑEZ]

RA­MÓN NI­CO­LÁS | Que po­de­ría oco­rrer se...? Es­ta se­me­lla a for­mu­la­ción que abra­za Luís Rei pa­ra cons­truír un­ha só­li­da e do­cu­men­ta­da no­ve­la, abei­ra­da ao que se dá en cha­mar non fic­ción da man dun do­cu­men­ta­lis­ta que des­co­bre un en­car­go par­ti­cu­lar que Cas­te­lao lle rea­li­za a Gó­mez Ga­yo­so no que sub­xa­ce o desexo de que a cul­pa, tras a ig­no­mi­nia co­me­ti­da cun ami­go, «non que­de sol­tei­ra». Aín­da sen­do po­si­ble e, quen sa­be se pro­ba­ble, a de­van­di­ta pe­ti­ción, es­ta su­pón un acer­ta­do re­cur­so pa­ra que es­tas pá­xi­nas se ali­cer­cen so­bre a von­ta­de de re­cons­truír a me­mo­ria co­lec­ti­va a tra­vés dos pa­sos, mi­nu­cio­sos pa­sos, que es­pe­llan os de­rra­dei­ros anos de vi­da de Cas­te­lao: ese pe­río­do tur­bu­len­to, do­lo­ro­so e so­me­ti­do ás im­po­si­cións dun exi­lio que per­co­rre as rúas de La Ha­ba­na, No­va York, París e Bue­nos Ai­res, coa pre­sen­za reite­ra­da da ci­da­de de Pon­te­ve­dra que adop­ta, na evo­ca- ción, o pa­pel dun­ha Ar­ca­dia, ca­se sem­pre fe­liz. E, no pano de fon­do dos anos da pos­gue­rra, on­de se deseña o per­fil dun Cas­te­lao que sa­be do seu pa­pel sim­bó­li­co. Mais ta­mén se abor­dan as claves da re­sis­ten­cia an­ti­fran­quis­ta que sim­bo­li­za José Gó­mez Ga­yo­so, de quen ta­mén se per­co­rren os ca­mi­ños dun­ha an­dai­na par­ti­cu­lar mar­ca­da po­lo ac­ti­vis­mo po­lí­ti­co ata a súa exe­cu­ción no ano 1948. É así co­mo se ha­bi­li­ta un­ha lec­tu­ra que vai alén do me­mo­ria­lis­mo —mag­ní­fi­cas as pá­xi­nas de­di­ca­das ao cam­po de con­cen­tra­ción de Saint Cy­prien ou as que abren a no­ve­la cen­tra­das na lo­bo­to­mía que se lle prac­ti­cou ao «pas­tor de es­tre­las», co­mo de­no­mi­nou Blan­co-Amor a Cas­te­lao— e que des­can­sa nas aris­tas dun di­le­ma mo­ral, ope­ra­ti­vo ase­ma­de pa­ra de­ter­se con bri­llan­tez tan­to nas es­tre­mas da con­di­ción hu­ma­na co­mo nal­gúns ca­pí­tu­los, es­pe­cial­men­te re­le­van­tes, do no­so pa­sa­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.