Un me­re­ci­do pre­mio da crí­ti­ca es­pa­ño­la

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Pro­ba­ble­men­te non se­xa máis ca un­ha coin­ci­den­cia fe­liz que o pre­mio da crí­ti­ca es­pa­ño­la do ano pa­sa­do na súa mo­da­li­da­de en ga­le­go, Isaac Xu­bín, se­xa o ex­ce­len­te tra­du­tor do pre­mio da crí­ti­ca es­pa­ño­la na mo­da­li­da­de en eús­ca­ro que se lle ou­tor­gou a es­ta no­ve­la. Se­xa co­mo for, A ho­ra de es­per­tar­mos xun­tos, acu­sa­da de adou­tri­na­men­to en lec­tu­ras ao meu ver un tan­to dis­tor­sio­na­das, ate­sou­ra va­lo­res li­te­ra­rios que a con­ver­te nun­ha pro­pos­ta moi a ter en con­ta pois, ade­mais, fa­la de fe­ri­das, aín­da aber­tas, e dun­ha man­chea de es­pe­ran­zas.

Uri­be, co­ñe­ci­do en ga­le­go a tra­vés de Bilbao-New York-Bilbao (Xe­rais, 2010), se­gue a tran­si­tar por ca­mi­ños sin­gu­la­res que ex­plo­ran, se ca­dra nun­ha me­di­da máis cau­te­lo­sa, novas pers­pec­ti­vas de na­rra­ción. Nes­te ca­so abéi­ra­se á idea de cons­truír un­ha fic­ción pro­cu­ran­do a con­fluen­cia en­tre un­ha his­to­ria de xi­nea fa­mi­liar que agro­ma nas ins­tan­cias do amor e ou­tra de gran ca­la­do que se aso­ma a cin­cuen­ta anos da his­to­ria vas­ca, mais ta­mén es­pa­ño­la e eu­ro­pea, do sécu­lo XX. Pa­ra iso asen­ta o ar­gu­men­to des­de un­ha idea ini­cial co­mo é a exis­ten­cia dun ca­dro de An­to­nio Gue­za­la on­de re­pou­san cer­tas in­cóg­ni­tas que se irán, aos pou­cos, des­ve­lan­do. É aí on­de en­cai­xan a bio­gra­fía de Kar­me­le Urres­ti, un­ha en­fer­mei­ra afou­ta e in­te­li­xen­te, e a do trom­pe­tis­ta Txo­min Le­ta­men­di, con­ver­ti­do en es­pía ao ser­vi­zo do Go­berno vas­co no exi­lio. Es­tas dúas per­soas, xun­to con ou­tros ac­tan­tes do clan fa­mi­liar ou do ám­bi­to das ami­za­des, e inimi­za­des, son re­tra­ta­das con pul­so fir­me e con­dú­cen­nos con ve­ro­si­mi­li­tu­de po­las re­vi­ra­vol­tas, moi­tas de­las ines­pe­ra­das, que pro­ta­go­ni­zan en­tre as que se con­tan as vi­ven­cias do exi­lio en Ve­ne­zue­la, os pa­de­ce­men­tos su­fri­dos no cár­ce­re, a per­se­cu­ción da pro­pia lin­gua, a re­sis­ten­cia con­tra o fran­quis­mo ou o na­ce­men­to de ETA, en­tre ou­tras. Mais a pro­xec­ción ín­ti­ma e his­tó­ri­ca do ar­gu­men­to, ambiciosa de seu, alón­ga­se en mul­ti­tu­de de fron­tes. Ao tem­po, a no­ve­la in­cor­po­ra nu­me­ro­sos tex­tos de ca­rác­ter do­cu­men­tal e ou­tras in­for­ma­cións re­ca­ba­das oral­men­te no que en­ten­do co­mo un re­cur­so atrac­ti­vo e vi­vi­fi­ca­dor: con­vo­ca a apertura do xé­ne­ro ca­ra a ou­tras fron­tei­ras e pro­cu­ra ou­tros ho­ri­zon­tes re­no­va­do­res pa­ra ir, sem­pre, máis alá.

A HO­RA DE ESPERTARNOS XUN­TOS AU­TOR KIRMEN URI­BE EDITORIAL XE­RAIS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.