A es­tu­do­sa do ga­le­go á que ma­ta­ron os na­zis

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Quen foi Mar­got Spo­ner? A res­pon­der es­ta pre­gun­ta de­di­ca o pro­fe­sor An­tón Fi­gue­roa un en­saio e o va­lio­so re­sul­ta­do que se ob­tén vai máis alá das ne­ce­sa­rias, por des­co­ñe­ci­das, ache­gas bio­grá­fi­cas de al­guén cu­xa exis­ten­cia e tra­xec­to­ria pro­fe­sio­nal re­sul­ta­ba li­xei­ra­men­te fa­mi­liar tan só pa­ra al­gun­has per­soas moi in­tere­sa­das na lin­güís­ti­ca e cul­tu­ra galegas. Tal foi a di­men­sión do si­len­cio e a des­me­mo­ria e, ma­lia to­do, Spo­ner si­tuou a lin­gua ga­le­ga «co­mo ob­xec­to de in­ves­ti­ga­ción no ma­pa da cul­tu­ra uni­ver­sal» e, a ollos de hoxe, sin­gu­la­rí­za­se po­lo seu per­fil re­sis­ten­te nun con­tex­to hos­til.

O au­tor, tras re­co­rrer ás fon­tes do­cu­men­tais de­po­si­ta­das en nu­me­ro­sos ar­qui­vos e he­me­ro­te­cas e rea­li­zar di­ver­sas en­tre­vis­tas a per­soas que se re­la­cio­na­ron con Spo­ner, ar­ti­cu­la un li­bro que, alén da lec­tu­ra bio­grá­fi­ca, su­pón un­ha ache­ga ri­go­ro­sa que des­ve­la as re­la­cións de ca­rác­ter cul­tu­ral e cien­tí­fi­co, na­ci­das ao abei­ro das hu­ma­ni­da­des, en­tre Ale­ma­ña, Galicia e Es­pa­ña des­de os anos vin­te ata a fin da se­gun­da gue­rra mun­dial.

De­bú­llan­se así aque­les da­tos que en­tra­rían na es­fe­ra per­soal de Mar­got Spo­ner cos do seu tra­ba­llo co­mo in­ves­ti­ga­do­ra e pro­fe­so­ra e, so­bre to­do, coa re­de de re­la­cións per­soais e pro­fe­sio­nais que foi te­cen­do on­de, alén das pe­ga­das que sus­ci­tou a súa via­xe a Galicia en 1926, so­bre­saen fi­gu­ras co­mo Ernst Ga­mills­cheg, que desen­vol­veu un pa­pel fun­da­men­tal xa non só nos tra­ba­llos da súa dis­cí­pu­la se­nón no fo­men­to das pon­tes in­ter­na­cio­nais de ca­rác­ter hu­ma­nís­ti­co des­de o seu posto co­mo di­rec­tor do Ro­ma­nis­ches Se­mi­nar da Frie­drich-Wil­helms-Uni­ver­si­tät. Non é me­nor o es­pa­zo que ocu­pan vo­ces que se ocu­pan de Spo­ner co­mo Lois To­bío, Vicente Ris­co ou o xor­na­lis­ta Fe­li­pe Ar­mes­to, sen es­que­cer nin as co­ne­xións fran­ce­sas que man­ti­vo nin o pro­ce­so que ro­deou a la­bo­rio­sa e com­pli­ca­da pu­bli­ca­ción da pri­mei­ra par­te do seu es­tu­do so­bre do­cu­men­tos ga­le­gos an­ti­gos na re­vis­ta ca­ta­lá Anua­ri, obra que ve­ría a luz no obra­doi­ro do edi­tor Moll en Pal­ma de Ma­llor­ca. A súa vi­da foi es­cu­re­cén­do­se pro­fe­sio­nal­men­te de­bi­do á per­se­cu­ción á que foi so­me­ti­da, co­mo mu­ller e pro­fe­so­ra, por mor dos pos­tu­la­dos de­mo­crá­ti­cos e pro­gre­sis­tas dos que nun­ca ab­di­cou e que a con­du­ci­rían a arris­car a súa pro­pia vi­da nun tem­po tan te­rri­ble co­mo o do na­zis­mo, ré­xi­me que aca­ba­ría vio­len­ta­men­te coa súa vi­da en 1945. Fi­guei­roa si­na­la que Spo­ner sim­bo­li­za «co­mo a lin­gua ga­le­ga que ela ama­ba e es­tu­da­ba (...) his­to­rias de re­sis­ten­cia e in­sub­mi­sión». Non du­bi­do que é un­ha com­pa­ra­ción acaí­da pa­ra con­cluír un li­bro que, ade­mais, é un mo­de­lo dese «pro­des­se et de­lec­ta­re» do que fa­la­ba Ho­ra­cio.

ED­GAR­DO CAROSÍA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.