“Per­dín o me­do a ser eu”

«Fur­ti­vos», o seu pri­mei­ro dis­co en so­li­ta­rio, de­mos­tra que ne­se pei­to hai moi­ta máis his­to­ria da que ca­be en He­re­dei­ros da Crus. É o tem­po de Ma­nei­ro

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - MÚSICA . CONCIERTO - TEX­TO: SERXIO GON­ZÁ­LEZ

Un ho­me é un ho­me e un ga­to é un bi­cho. Co­mo to­do o mun­do sa­be, Javi Ma­nei­ro é o can­tan­te de He­re­dei­ros da Crus. Pe­ro ta­mén moi­to máis. O no­so ho­me qui­ta as lu­pas de sol pa­ra asi­nar Fur­ti­vos, un dis­co en so­li­ta­rio po­de­ro­so e me­lan­có­li­co. Pa­sa­ron os días de Javi. Che­ga o tem­po de Ma­nei­ro —Can­do un fai un dis­co en so­li­ta­rio é por­que lle peta. Es­te é o dis­co que ver­da­dei­ra­men­te que­rías fa­cer? —Esa é a idea. Me­ter dis­tan­cia co per­so­na­xe que to­do o mun­do co­ñe­ce e sen­tir­me a gus­to cos meus pen­sa­men­tos e coa mi­ña for­ma de ver a vi­da. A ban­da é bes­tial. Ma­nu, Kuer­vo, Po­ni, Ia­go Lo­ren­zo, Si­to Man­ches­ter... Son tres gui­ta­rras en di­rec­to. Bru­tal. —To­dos os te­mas son teus?

—O mes­mo que na épo­ca de Ja­bón.

—De fei­to, «Fur­ti­vos» se­me­lla un pa­so máis na di­rec­ción que mar­ca­ba Ja­bón Blue, lon­xe da li­ña He­re­dei­ros. —Aquel pri­mei­ro dis­co de Ja­bón Blue... Da­te con­ta de que pa­sei de com­po­ñer en ga­le­go, que é a lin­gua que fa­lo e na que sem­pre es­cri­bín, a apren­der a ex­pre­sar­me en cas­te­lán. E iso le­va o seu tra­ba­llo de adap­ta­ción. Ao prin­ci­pio ti­ña que fa­cer tra­du­cións, pe­ro ago­ra po­do es­cri­bir en cas­te­lán tan ben co­ma en ga­le­go. —O dis­co en­tei­ro es­tá es­cri­to e can­ta­do en cas­te­lán. Por que? O ga­le­go é un­ha ba­rrei­ra na mú­si­ca de ca­ña? —Non, non. Non foi por na­da di­so. Eu que­ro se­guir fa­cen­do ro­can­rol, pe­ro ta­mén arris­car. Xa te­ño o meu gru­po de rock en ga­le­go, que máis vías po­día co­ller? Ben, pois es­ta, o cas­te­lán. Foi a pro­pos­ta máis arris­ca­da, por­que es­tou con­ven­ci­do de que cun dis­co en ga­le­go to­ca­ría moi­to máis. Fa­cer co­ma o meu pai can­do foi á mer­can­te e ti­vo que apren­der in­glés. Bus­car no­vos te­rri­to­rios, ou­tra chis­pa no cor­po. Po­lo de­mais, si­go man­ten­do que en Ma­drid de­be­ría en­ten­der­se o ga­le­go moi­to me­llor có in­glés. —Nes­te tra­ba­llo hai tra­lla, pe­ro ta­mén ba­la­das e me­dios tem­pos.

—Nos con­cer­tos gús­ta­me que ha­xa mal tem­po e cal­ma chi­cha, co­ma no mar, pa­ra non can­sar. Re­mo­ver os sen­ti­men­tos con ca­ña e ta­mén che­gar á sen­si­bi­li­da­de da xen­te. —As le­tras van por aí. Un Ma­nei­ro dis­tin­to, lo­go. —Que­ro mos­trar o Ma­nei­ro me­nos co­ñe­ci­do, que é o máis real nes­tes mo­men­tos. Máis re­fle­xi­vo, máis ín­ti­mo. Xa non te­ño 18 anos pa­ra que to­do se­xa mar­cha e ro­can­rol. Ás ve­ces ape­te­ce pa­rar, cal­mar e mi­rar ao re­dor. —Po­lo que ve­xo es­tás ple­na­men­te cen­tra­do nes­te pro­xec­to. Que hai dos de­mais? Se­guen He­re­dei­ros? —Es­tou cen­tra­do ao cen­to por cen­to. Non hai mar­cha atrás nin pe­dras no ca­mi­ño. Ten­ta­rei com­pa­xi­na­lo men­tres se­xa po­si­ble, pe­ro non te­ño nin­gún ti­po de ata­du­ra. Te­rei que cen­trar­me no que me gus­ta de ver­da­de, arris­car de ver­da­de. Se non o fa­go ago­ra, con dous co­llóns... Xa non so­por­to que se me va­lo­re po­lo pa­sa­do, que foi e é moi bo­ni­to, se­nón po­lo que eu son. —Así que xa vas qui­tan­do os len­tes.

—Vai por aí. Em­pe­zar a per­der o me­do a ser eu e amo­sar­me co­ma son. —Que mú­si­ca es­coi­ta es­te Ma­nei­ro?

—Moi­tas cou­sas, pe­ro si­go na­mo­ra­do de Yo­si e de Ro­sen­do. Es­tes dous e as súas le­tras ché­gan­me á al­ma.

Cun dis­co en ga­le­go to­ca­ría máis, pe­ro ti­ña que arris­car

MAR­COS CREO

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.