Mor­tes na illa pe­ri­go­sa

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS / GALEGO - POR DIE­GO AMEIXEIRAS

A Bor­ges de­bé­mos­lle un­ha das máis ro­tun­das de­fen­sas da na­rra­ción clá­si­ca a tra­vés dun xé­ne­ro po­pu­lar: «Nes­ta épo­ca tan caó­ti­ca hai al­go que, hu­mil­de­men­te, man­ti­vo as vir­tu­des clá­si­cas: o con­to po­li­cial. Xa que non se en­ten­de un con­to po­li­cial sen prin­ci­pio, sen me­dio e sen fin». A pri­mei­ra no­ve­la de Abel To­mé (Ou­tes, 1984), A noi­te do cor­vo, se­me­lla es­cri­ta con ese pro­pó­si­to no ho­ri­zon­te: en­fron­tar­se a un se­gre­do pa­ra des­ve­la­lo nas de­rra­dei­ras páxinas me­dian­te un me­ca­nis­mo on­de to­das as pe­zas en­cai­xen. Te­mos un­ha fa­mi­lia, os Hag­gerty, cu­xos mem­bros apa­re­cen asa­si­na­dos na súa vi­ven­da; un ator­men­ta­do te­nen­te de policía, Go­nçal­ves, en­car­ga­do de sol­ven­tar o cri­me coa axu­da de dous ex­cén­tri­cos co­la­bo­ra­do­res; e un es­ce­na­rio, a cél­ti­ca Illa de Got­hard, do­mi­na­da polo chan­ce­ler Ain­dan Faol e ab­sor­ta nun ca­tá­lo­go de su­pers­ti­cións pro­pias da épo­ca me­die­val. Ata aí os in­gre­dien­tes do me­nú. E aín­da que non to­do es­tá en­sam­bla­do coa fia­bi­li­da­de desexa­da, o lec­tor afec­cio­na­do aos mis­te­rios des­co­bre na súa com­bi­na­ción un­ha at­mos­fe­ra des­cri­ta con pulso, un­ha vi­sión de­sen­fa­da­da dal­gúns lu­ga­res pro­pios do ve­llo hard boi­led e un­ha cu­rio­sa co­ne­xión en­tre re­fe­ren­cias cul­tu­rais con­tem­po­rá­neas e mi­to­lo­xías de apa­ren­te raíz nór­di­ca. Non é pou­co pa­ra un no­ve­lis­ta que se es­trea no xé­ne­ro cun sa­tis­fac­to­rio exer­ci­cio de ma­nie­ris­mo pulp sen bea­ta­rías. Se gar­da un novo Go­nçal­ves na re­cá­ma­ra, é po­si­ble que es­tea pre­pa­ra­do pa­ra su­pe­rar o di­fí­cil exa­me bor­giano.

A NOI­TE DO COR­VO AU­TOR ABEL TO­MÉ EDI­TO­RIAL GA­LA­XIA 204 PÁXINAS 15,50 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.