Os no­sos de­ci­so­res, os ci­da­dáns e... vós, os es­tu­dan­tes

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - MEDIO AMBIENTE -

¿Son os no­sos de­ci­so­res ac­tuais ca­pa­ces de fa­cer fron­te a es­tes e o res­to dos pro­ble­mas dos ma­res e do pla­ne­ta? ¿Cum­pren a súa obri­ga­ción, nes­te sen­ti­do, os no­sos al­cal­des, con­se­llei­ros, presidentes au­to­nó­mi­cos, mi­nis­tros... por pór só uns exem­plos? ¿E ca­da ci­da­dán, in­de­pen­den­te­men­te da súa ida­de? Cal­que­ra, a tra­vés do seu com­pro­mi­so e o seu es­for­zo, ou a fal­ta de am­bos, con- tri­búe a que es­tas si­tua­cións se vaian re­sol­ven­do ou em­peo­ren. Nin­guén é alleo a iso. Un­ha for­ma de axu­dar a bus­car so­lu­cións é es­tu­dar: for­mar­se o me­llor po­si­ble pa­ra ser ca­paz de acha­las no fu­tu­ro. Oxa­lá que en Ga­li­cia quen ho­xe es­tu­da­des, como ga­le­gos que so­des, dea­des no fu­tu­ro ao pla­ne­ta lec­cións de como coi­dar do mar. ¿Quen o ía fa­cer me­llor que vós?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.