«Ca­da ano con­ven­cé­mo­nos máis da súa uti­li­da­de pa­ra a for­ma­ción »

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES -

En­ri­que Sam­pil é o di­rec­tor do IES A Pin­gue­la, de Monforte, cen­tro que ga­ñou o Par­la­men­to Xo­ve na ca­te­go­ría de ESO no 2014. —¿Pa­ra que va­len de­ba­tes co­ma eses? —Nós par­ti­ci­pa­mos des­de a pri­mei­ra edi­ción e ca­da ano con­ven­cé­mo­nos máis da súa uti­li­da­de pa­ra a for­ma­ción do alum­na­do. —Dí­ga­me ra­zóns pa­ra es­tar aí. —Pa­ra fo­men­tar o res­pec­to po­las opi­nións di­fe­ren­tes ou in­clu­so con­tra­rias, a ca­pa­ci­da­de ora­to­ria, a de­por­ti­vi­da­de, a ca­pa­ci­da­de de ex­pre­sar as opi­nións pro­pias, o es­pí­ri­to de con­vi­ven­cia cos de­mais cen­tros e alum­nos... —¿Non es­tán ner­vio­sos os alum­nos? —É fun­da­men­tal lo­grar a per­da do me­do a ex­pre­sar­se en pú­bli­co, co que su­pón de me­llo­ra da ex­pre­sión oral. —Por cer­to, ¿cal foi o pre­mio no 2014? —On­ce días dun cru­cei­ro en­tre Lis­boa e Ams­ter­dam. Pe­ro con- fiá­mo­nos de­ma­sia­do e ao ano se­guin­te non con­se­gui­mos nin cla­si­fi­cár­mo­nos pa­ra a fi­nal, o que sem­pre su­ce­de­ra. —¿Un gran fra­ca­so? —O Par­la­men­to Xo­ve sem­pre foi un éxi­to pe­da­gó­xi­co.

ARXINA

En­ri­que Sam­pil cos alum­nos pre­mia­dos na edi­ción do 2014

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.