A gran­de­za de re­nun­ciar pa­ra pac­tar en po­lí­ti­ca

Os es­pa­ñois re­cla­man os po­lí­ti­cos que saí­ron das úl­ti­mas elec­cións que apar­ten as di­fe­ren­zas e se­xan quen de ce­der pa­ra che­gar a acor­dos como os que fi­xe­ron po­si­ble a Cons­ti­tu­ción de 1978

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Fer­nan­do Pa­rien­te

A pren­sa fa­la tan­to de ne­go­ciar, che­gar a acor­dos, asi­nar pac­tos, con­ta­bi­li­zar apoios que é im­po­si­ble ig­no­rar que estamos nun­ha en­cru­ci­lla­da po­lí­ti­ca de moi di­fí­cil so­lu­ción. ¿Como se po­de for­mar un go­berno cun Par­la­men­to tan frag­men­ta­do como o eli­xi­do po­los es­pa­ñois nas elec­cións do 20 de de­cem­bro pa­sa­do? O úni­co ca­mi­ño po­si­ble é ese, o do acor­do, pe­ro é un ca­mi­ño po­lo que xa non estamos adoi­ta­dos tran­si­tar. Por iso con­ven­nos re­cor­dar de on­de vi­mos pa­ra re­cu­pe­rar a me­mo­ria de como se po­de fa­cer po­lí­ti­ca coas opi­nións ato­pa­das de moi­tas par­tes.

A Cons­ti­tu­ción do 78 foi apro­ba­da nas Cor­tes por un­ha por­cen­ta­xe pró­xi­ma á una­ni­mi­da­de do cen­to por cen­to: no Con­gre­so hou­bo 345 vo­tos a fa­vor, 6 en con­tra e 14 abs­ten­cións; no Se­na­do 226, 5 e 8. Sa­cá­ro­na adian­te un­has Cor­tes ta­mén di­vi­di­das que arras­tra­ban en­fron­ta­men­tos pen­den­tes des­de un­ha gue­rra ci­vil. ¿Como o fi­xe­ron?

Bas­ta­ban pa­ra apro­ba­la 173 vo­tos no Con­gre­so e 120 no Se­na­do. En­tón ti­ñan a maio­ría os par­ti­dos que se po­dían con­si­de­rar da de­rei­ta ou con­ser­va­do- res, UCD e Alianza Po­pu­lar su­ma­ban 181 depu­tados e 108 se­na­do­res. Con to­do, UCD acep­tou o ra­zoa­men­to do PSOE de que era ne­ce­sa­rio che­gar a acor­dos de con­sen­so de to­das as for­zas po­lí­ti­cas pa­ra con­se­guir un­ha Cons­ti­tu­ción es­ta­ble, evi­tan­do a ten­ta­ción de cam­bia­la ca­da vez que cam­bia­sen no tem­po as maio­rías nas Cor­tes. Pa­ra iso era ne­ce­sa­rio dei­xar en­trar no xo­go a to­da a es­quer­da, o PSOE e máis o PCE, e ás for­zas na­cio­na­lis­tas vas­cas e ca­ta­lás. O cal que­ría di­cir que todos os par­ti­dos te­rían que de­ba­ter en­tre si, es­coi­tar, ce­der e re­nun­ciar a al­gúns dos seus prin­ci­pios, pa­ra que ao fi­nal todos ou ca­se todos se pu­xe­sen de acor­do.

FO­LLA DE RU­TA DO CON­SEN­SO

Cons­truír un con­sen­so non é fá­cil. Non abon­da con que ca­da par­ti­do pre­sen­te as súas ideas e ofre­za aos de­mais os ar­gu­men­tos que ten pa­ra sos­te­las. O nor­mal é que eses ar­gu­men­tos non lle con­ven­zan máis que a el, men­tres os ou­tros par­ti­dos ex­po­rán ou­tros que sos­te­rán ideas con­tra­rias. Así non se avan­za no con­sen­so. É o que pa­sa moi- tas ve­ces no he­mi­ci­clo. O Go­berno pro­pón un­ha lei, se de­ba­te no he­mi­ci­clo, ex­pon­se ar­gu­men­tos en con­tra, res­pón­de­se con ar­gu­men­tos a fa­vor, non se cam­bia na­da ou moi pou­co, vó­ta­se ao fi­nal e o Go­berno im­pón a súa maio­ría. As leis non adoi­tan apro­bar­se por con­sen­so: ás ve­ces si, pe­ro, xe­ral­men­te, as maio­rías im­po­ñen os seus cri­te­rios.

Pa­ra al­can­zar con­sen­so ne­ce­sí­ta­se es­coi­tar con aten­ción os ar­gu­men­tos de quen se opo­ñen á no­sa idea; ad­mi­tir que po­den ter moi­tos as­pec­tos ra­zoa­bles; tra­tar de in­cor­po­rar á no­sa po­si­ción eses as­pec­tos, mo­di­fi­can­do a no­sa pos­tu­ra ini­cial, e vol­ver pre­sen­tar no­sa pro­pos­ta, mo­di­fi­ca­da pa­ra se­gui­la dis­cu­tin­do. Se o par­ti­do con­tra­rio fai o mes­mo, as pos­tu­ras iran­se apro­xi­man­do ata che­gar a un acor­do que se­rá dis­tin­to das pro­pos­tas ini­ciais que ca­da par­ti­do sos­ti­ña.

Non é doa­do, pe­ro é o que se pro­pu­xe­ron os par­la­men­ta­rios es­pa­ñois de 1977. Pa­ra po­der che­gar ao con­sen­so es­ta­ble­ce­ron un ca­mi­ño es­tra­té­xi­co con es­te es­que­ma ope­ra­ti­vo: A co­mi­sión eli­xi­da po­las Cor­tes e for­ma­da po­los se­te depu­tados cha­ma­dos pais da Cons­ti­tu­ción, Jo­sé Pe­dro Pé­rez Llor­ca, Miguel He­rre­ro de Miñón, Gre­go­rio Pe­ces Bar­ba, Jor­di So­ler, Ma­nuel Fra­ga Iri­bar­ne, Ga­briel Cis­ne­ros e Mi­quel Ro­ca, era a res­pon­sa­ble de re­dac­tar o tex­to de­fi­ni­ti­vo que se pro­po­ría á vo­ta­ción do Con­gre­so e do Se­na­do. Pa­ra iso reunía­se to­das as ma­ñás no Con­gre­so dos Depu­tados. Pe­ro a tar­de e noi­te an­te­rio­res reunían­se al­gúns des­tes depu­tados con ou­tros máis dos par­ti­dos po­lí­ti­cos, li­de­ra­dos por dúas per­soas cra­ves en to­do o pro­ce­so, Fer­nan­do Abril Mar­to­rel, de UCD, e Alfonso Gue­rra, do PSOE, e de­ba­tían o tem­po que fo­se ne­ce­sa­rio ata che­gar a un acor­do so­bre os te­mas que á ma­ñá se­guin­te ha­bían­se de tra­tar na Co­mi­sión. De ma­nei­ra que nes­ta se for­ma­li­za­ba o que pac­ta­ran con an­te­rio­ri­da­de. Du­ran­te va­rios me­ses de­ba­te­ron en lon­guí­si­mas ve­la­das, sen as for­ma­li­da­des ne­ce­sa­rias no Par­la­men­to, so­bre todos os te­mas es­pi­ñen­tos que en­fron­ta­ban a uns e ou­tros, obri­gán­do­se a che­gar a acor­dos mí­ni­mos acep­ta­dos por todos.

UAN LÁ­ZA­RO

Im­po­si­ción da me­da­lla de ou­ro do Concello de Ma­drid os pais da Cons­ti­tu­ción. De es­quer­da a de­rei­ta: Jo­sé Pe­dro Pé­rez Llor­ca, Miguel He­rre­ro de Miñón, Gre­go­rio Pe­ces Bar­ba, o al­cal­de de Ma­drid Ál­va­rez del Man­zano, Ma­nuel Fra­ga Iri­bar­ne, Ga­briel Cis­ne­ros e Mi­quel Ro­ca. Fal­ta na fo­to Jor­di So­ler

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.