Pac­tar é re­nun­ciar

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - SOCIALES -

O te­ma do con­sen­so na ela­bo­ra­ción da Cons­ti­tu­ción de 1978 foi moi com­pli­ca­do por­que se tra­ta­ba dun­ha Carta Mag­na que ti­ña que en­fron­tar­se a todos os pro­ble­mas máis im­por­tan­tes da so­cie­da­de. Ti­ña que de­ci­dir so­bre a so­be­ra­nía da na­ción; so­bre a mo­da­li­da­de do es­ta­do, mo­nar­quía ou re­pú­bli­ca; so­bre a or­ga­ni­za­ción do te­rri­to­rio, co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas, as súas com­pe­ten­cias e as do Es­ta­do cen­tral; so­bre os de­rei­tos dos ci­da­dáns; so­bre a edu­ca­ción; so­bre a lai­ci­da­de do Es­ta­do e a súa re­la­ción coa re­li­xión do­mi­nan­te dos ci­da­dáns. Todos ti­ve­ron que re­nun­ciar a im­por­tan­tes prin­ci­pios das súas ideo­lo­xías. Uns re­nun­cia­ron á cons­ti­tu­ción do es­ta­do como re­pú­bli­ca, ou­tros a im­por a súa maio­ría de vo­tos; al­gúns a que o en­sino pa­ga­do po­lo Es­ta­do fo­se ex­clu­si­va­men­te lai­co, ou­tros a que o Es­ta­do pa­ga­se cal­que­ra ti­po de en­sino; a uns pa­re­cía­lles que o Es­ta­do cen­tral se re­ser­va­ba de­ma­sia­das com­pe­ten­cias, pe­ro acep­ta­ron, e a ou­tros que se ce­día de­ma­sia­do ás co­mu­ni­da­des au­tó­no­mas, pe­ro ta­mén acep­ta­ron; hou­bo quen de­fen­deu o man­te­men­to da pe­na de mor­te. To­das esas cou­sas e ou­tras moi­tas máis fo­ron ob­xec­to de in­ten­sos de­ba­tes e uns e ou­tros ti­ve­ron que re­nun­ciar ás súas po­si­cións ini­ciais, pe­ro ao fi­nal con­se­gui­ron pór­se de acor­do nun tex­to cons­ti­tu­cio­nal que se­gue en vi­gor 37 anos máis tar­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.