A in­cri­ble via­xe do «Cha­llen­ger» arre­dor de todos os ma­res

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Francisco Jo­sé Fran­co del Amo pa­co­fran­co2@gmail.com

Es­te ano cúm­pre­se o 140.º aniver­sa­rio da cul­mi­na­ción dun­ha das ex­pe­di­cións cien­tí­fi­cas máis im­por­tan­tes da his­to­ria

En 1871 a Ro­yal So­ciety de Lon­dres so­li­ci­tou ao Go­berno bri­tá­ni­co fon­dos pa­ra fi­nan­ciar un­ha am­bi­cio­sa ex­pe­di­ción cu­xo ob­xec­ti­vo era ex­plo­rar todos os océa­nos do glo­bo. Cos da­tos ob­ti­dos, a ilus­tre so­cie­da­de cien­tí­fi­ca pre­ten­día re­sol­ver cues­tións como a com­po­si­ción quí­mi­ca da au­ga de mar, a dis­tri­bu­ción de es­pe­cies mariñas a dis­tin­tas pro­fun­di­da­des ou a na­tu­re­za das co­rren­tes oceá­ni­cas. O Go­berno ac­ce­deu e ofre­ceu pa­ra a oca­sión o bu­que da Ar­ma­da Real HMS Cha­llen­ger, que foi mo­di­fi­ca­do pa­ra al­ber­gar la­bo­ra­to­rios de quí­mi­ca e his­to­ria na­tu­ral.

O Cha­llen­ger foi posto bai­xo o man­do do ca­pi­tán Geor­ge Strong Na­res e do­ta­do cun equi­po de seis ilus­tres cien­tí­fi­cos di­ri­xi­do po­lo na­tu­ra­lis­ta Char­les Wy­vi­lle Thom­son (1830-1882). O 21 de de­cem­bro de 1872, o bu­que par­tiu de Sheer­ness rum­bo ás illas Ca­na­rias, a súa pri­mei­ra es­ca­la. Du­ran­te os tres anos e me­dio se­guin­tes o bar­co per­co­rreu 68.890 mi­llas náu­ti­cas po­los océa­nos Atlán­ti­co, Pa­cí­fi­co, Ín­di­co e An­tár­ti­co e ex­plo­rou en 362 pun­tos. O seu pe­ri­plo ter­mi­nou o día 24 de maio de 1876, can­do arri­bou a Spit­head, un an­co­ra­doi­ro si­tua­do en­tre as illas de Wight e Por­tsea, no sur de In­gla­te­rra.

En­tre os anos 1880 e 1885 pu­bli­cou­se en Lon­dres a me­mo­ria cien­tí­fi­ca da via­xe. Ocu­pa­ba 50 vo­lu­mes e ti­ña un tí­tu­lo lon­guí­si­mo e moi pou­co atrac­ti­vo: Re­port of the Scien­ti­fic Re­sults of the Ex­plo­ring Vo­ya­ge of H.M.S. Cha­llen­ger Du­ring the Years 1873-76, But Star­ted Vo­ya­ge in 1871 or 1872. O pio­nei­ro da ocea­no­gra­fía e a bio­lo­xía ma­ri­ña John Mu­rray (1841-1914), que acom­pa­ñou a Thom­son na ex­pe­di­ción, foi o en­car­ga­do de di­ri­xir e coor­di­nar a obra.

No Re­port dé­ron­se a co­ñe­cer fei­tos cien­tí­fi­cos moi im­por­tan­tes pa­ra o avan­ce da cien­cia, como o des­cu­bri­men­to de que exis­tía vi­da a 5.490 me­tros de pro­fun­di­da­de, a apa­ri­ción de res­tos or­gá­ni­cos no lo­do das pro­fun­di­da­des abi­sais ou a mi­gra­ción diúr­na do planc­to. In­cluía ade­mais a des­cri­ción de máis de 4.700 no­vas es­pe­cies de ani­mais ma­ri­ños. Aos in­ves­ti­ga­do­res do Cha­llen­ger dé­be­se ta­mén a pri­mei­ra des­cri­ción glo­bal das co­rren­tes mariñas, o acha­do de nó­du­los de man­ga­ne­so no fon­do do océano e o des­cu­bri­men­to de que a pro­fun­di­da­de me­dia do Pa­cí­fi­co é sig­ni­fi­ca­ti­va­men­te maior que a do Atlán­ti­co. O éxi­to da ex­pe­di­ción foi in­men­so e ser­viu de es­tí­mu­lo pa­ra que ou­tras na­cións ma­rí­ti­mas fi­nan­cia­sen em­pre­sas si­mi­la­res. Ca­se po­de­ría di­cir­se que a ocea­no­gra­fía mo­der­na na­ceu du­ran­te a via­xe do bu­que.

Gra­va­do do «Cha­llen­ger», de Wi­lliam Fre­de­rick Mit­chell, que for­ma par­te dun­ha se­rie ori­xi­nal pu­bli­ca­da po­la Ro­yal Navy

A tri­pu­la­ción do «Cha­llen­ger»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.