Mu­lle­res que abri­ron os ca­mi­ños da igual­da­de

Moi­tas de­las es­tán es­que­ci­das, pe­ro coa súa va­len­tía abri­ron ca­mi­ños pa­ra to­do o mundo

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Cris­tó­bal Ra­mí­rez con­gos­tro@gmail.com

Moi­tas ve­ces os lí­de­res ta­pan aos que fan o ca­mi­ño po­lo que eles tran­si­tan. Eles e elas. Se­gu­ro que se a cal­que­ra pro­fe­sor ou alumno ga­le­gos se lle pre­gun­ta por mu­lle­res que pa­sa­ron á his­to­ria nin­gún di­ría o no­me das que fi­gu­ran nes­ta pá­xi­na. E sen em­bar­go es­tas son per­soas que abri­ron as por­tas e que se en­fron­ta­ron ás ri­dí­cu­las es­trei­te­ces da súa épo­ca. Mu­lle­res aven­tu­rei­ras, va­len­tes, ou­sa­das, con vi­sión de fu­tu­ro, dun fu­tu­ro que, po­si­ble­men­te, nin se­que­ra che­ga­ron a al­bis­car. O seu exem­plo non se de­be es­que­cer nas au­las.

LADY MARY E LADY HES­TER

Lady Mary Wortley Montagu (1689-1762) ca­sou co em­bai­xa­dor bri­tá­ni­co en Cons­tan­ti­no­pla. En­tón, co­me­zos do sécu­lo XVIII, Tur­quía e Gran Bre­ta­ña eran dous gran­des im­pe­rios. Po­de­ro­sos paí­ses con cos­tu­mes moi dis­tin­tas. No país eu­ro­peo non ha­bía ha­réns, no ou­tro si. E lady Mary Wortley, co seu ca­rác­ter de­ci­di­do, foi a pri­mei­ra mu­ller oc­ci­den­tal en en­trar nos ha­réns oto­máns can­do o ca­len­da­rio mar­ca­ba o ano de 1716, se­gun­do re­co­lle a in­ves­ti­ga­do­ra Cris­ti­na Mo­ra­tó no seu li­bro Las da­mas de Orien­te. Mo­ra­tó re­fi­re va­rias máis, como un­ha so­bri­ña do en­tón pri­mei­ro mi­nis­tro en Lon­dres cha­ma­da lady Hes­ter Stan­ho­pe, que se con­ver­teu na pri­mei­ra mu­ller na­da en Eu­ro­pa que pu­xo os pés na ci­da­de ro­ma­na de Pal­mi­ra, ou se­xa, en pleno de­ser­to do que ho­xe é Si­ria. De­trás de­la ía a ca­ra­va­na de me­dio cen­to de ca­me­los, de­fen­di­da por un exér­ci­to de be­duí­nos.

ROSA PARKS

En ou­tu­bro do 2005, aos 92 anos, ex­pi­ra­ba Rosa Parks, na­ci­da en 1913. Ela xa non ti­ña me­mo­ria por mor do alz­héi­mer. Pe­ro o mundo si a ten: por­que ela foi a pri­mei­ra mu­ller ne­gra que en tem­pos de pro­fun­da dis­cri­mi­na­ción ra­cial no seu país, Es­ta­dos Uni­dos, ti­vo o va­lor de ne­gar­se a er­guer do seu asen­to nun au­to­bús pa­ra llo ce­der a un ho­me bran­co.

Non foi a pri­mei­ra en fa­cer cou­sa tal. Esa dis­tin­ción per­tén­ce­lle a Ca­lu­det­te Colvin, que ne­se mes­mo 1955, pe­ro no­ve me­ses an­tes, fi­xe­ra o mes­mo can­do con­ta­ba ela 15 anos: o fei­to de que que­da­se em­ba­ra­za­da pou­co des­pois xo­gou na súa con­tra e que­dou re­le­ga­da tan­to nas loi­tas po­los de­rei­to ci­vís da­que­les mo­men­tos como na his­to­ria. En cal­que­ra ca­so, Rosa Parks deu cos seus ósos no cár­ce­re por non er­guer no au­to­bús. Iso fi­xo que a em­pre­sa su­fri­se tal boi­cot que ti­ve­ron que cam­biar as nor­mas: un­ha vez den­tro, ca­da un sen­ta­ba on­de lle pe­ta­ba.

MIN­NA KEAL

Min­na Keal (1909-1999) foi un­ha se­cre­ta­ria nor­mal e co­rren­te to­da a súa vi­da. Un­ha per­soa como ha­bía mi­llei­ros: al­mor­za­ba, ía ao seu tra­ba­llo, fa­cía e re­co­llía as cha­ma­das dos e pa­ra os seus xe­fes, re­dac­ta­ba as car­tas que se lle man­da­ban... Ata que ti­vo 70 anos e lem­brou can­do, sen­do ado­les­cen­te, com­po­ñía mú­si­ca, e vol­veu fa­ce­lo. «Sen­tía que che­ga­ba ao fin da mi­ña vi­da, pe­ro ta­mén me sen­tía como se es­ti­ve­se em­pe­zan­do, como se vi­vi­se a mi­ña vi­da ao re­vés», con­fe­sou.

E es­ta fi­lla dun xu­deu ru­so na­ci­da en Lon­dres, mi­li­tan­te de cau­sas so­ciais e do Par­ti­do Co­mu­nis­ta Bri­tá­ni­co, co­me­zou com­po­ñer a fi­nais dos anos 70, con gran éxi­to tan­to de pú­bli­co como de crí­ti­ca. O seu en­tu­sias­mo le­vou­na a de­di­car­se en­tre 1988 e 1994 a com­po­ñer un con­cer­to pa­ra ce­llo.

GER­TRU­DE BELL

Ger­tru­de Mar­ga­ret Lowt­hian Bell (18681926) na­ceu na ci­da­de bri­tá­ni­ca de Dur­ham, ber­ce do Ca­mi­ño In­glés a San­tia­go. Foi un­ha in­can­sa­ble via­xei­ra por Orien­te Me­dio e... aca­bou sen­do es­pía. O seu pro­fun­do co­ñe­ce­men­to fi­xo que par­ti­ci­pa­se na de­ter­mi­na­ción das fron­tei­ras na­que­la par­te do mundo des­pois da Pri­mei­ra Gue­rra Mun­dial. Po­lí­ti­ca con preo­cu­pa­cións cul­tu­rais, axu­dou a crear o Mu­seo Na­cio­nal de Iraq, de­fen­den­do sem­pre -¡anate­ma na súa te­rra na­tal!- que os acha­dos ar­queo­ló­xi­cos per­ma­ne­ce­sen no seu país de ori­xe.

Rosa Parks, no asen­to de au­to­bús do que non qui­xo le­van­tar

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.