A lon­ga carreira ca­ra á Ca­sa Bran­ca

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - NEWS - > Fer­nan­do Pa­rien­te

As elec­cións pre­si­den­ciais en Es­ta­dos Uni­dos se­rán no­ti­cia ata o pró­xi­mo mes de no­vem­bro

En Es­ta­dos Uni­dos as elec­cións ce­lé­bran­se en da­ta fi­xa: o pri­mei­ro mar­tes des­pois do pri­mei­ro luns do mes de no­vem­bro. Así que es­te ano, que to­can pre­si­den­ciais, caen no 8 de no­vem­bro e, aín­da que estamos a dez me­ses dese día, xa todos os me­dios de co­mu­ni­ca­ción es­tán cheos de no­ti­cias. A razón des­te in­tere­se tan an­ti­ci­pa­do es­tá en que a carreira que es­tá a em­pe­zar é de lon­ga du­ra­ción, po­las ca­rac­te­rís­ti­cas que ten o pro­ce­so.

O CAN­DI­DA­TO DO PAR­TI­DO

En EE.UU. é moi­to máis com­pli­ca­do eli­xir ao can­di­da­to de ca­da par­ti­do que a pro­pia elec­ción do pre­si­den­te. Es­ta elec­ción fai­se me­dian­te as cha­ma­das pri­ma­rias e du­ra me­ses, por­que se fai es­ta­do por es­ta­do, aín­da que hai días nos que coin­ci­den va­rios es­ta­dos, e xe­ral­men­te su­cé­den­se na mes­ma or­de. Es­te ano co­me­zou­se en Io­wa, o 1 de fe­brei­ro, e ter­mi­na­ra­se en Ca­li­for­nia, Mon­ta­na, No­vo Mé­xi­co, Da­ko­ta do Sur e No­va Xer­sei o 7 de xu­ño. O día máis in­tere­san­te adoi­ta ser o cha­ma­do su­per­mar­tes, que es­te ano foi o 1 de mar­zo, por­que nel se ce­le­bra­ron pri­ma­rias en 14 es­ta­dos si­mul­ta­nea­men­te.

O se­gun­do que hai que en­ten­der é que en ca­da un dos es­ta­dos non se eli­xe di­rec­ta­men­te ao can­di­da­to, se­nón aos de­le­ga­dos que le­va­rán os vo­tos dese es­ta­do á con­ven­ción fi­nal do par­ti­do. Ca­da par­ti­do ten asig­na­do un nú­me­ro de­ter­mi­na­do de de­le­ga­dos en ca­da es­ta­do, que é di­fe­ren­te se­gun­do os cri­te­rios do pro­pio par­ti­do. Por exem­plo, Ca­li­for­nia, o es­ta­do máis gran­de, te­rá nes­ta oca­sión 546 de­le­ga­dos de­mó­cra­tas e 172 re­pu­bli­ca­nos. Os candidatos van acu­mu­lan­do ca­dan­seus de­le­ga­dos a me­di­da que vai ha­ben­do pri­ma­rias, así que, can­do se che­ga á con­ven­ción fi­nal, xa se sa­be de an­te­mán quen vai ser no­mea­do: aquel que máis de­le­ga­dos te­ña, pois os de­le­ga­dos, e por iso se cha­man ta­mén com­pro­mi­sa­rios, non po­den cam­biar o vo­to.

A ELEC­CIÓN DE DE­LE­GA­DOS

A se­lec­ción de de­le­ga­dos pa­ra o no­mea­men­to dos candidatos non vai do mes­mo xei­to en todos os es­ta­dos, pois ca­da un ten a súa pro­pia le­xis­la­ción e as súas tra­di­cións. Hai dous sis­te­mas bá­si­cos: o de cau­cus e o de pri­ma­rias.

O de cau­cus é un sis­te­ma máis tra­di­cio­nal, pe­ro ta­mén máis com­ple­xo e va­ría duns es­ta­dos a ou­tros. Son moi­tas reunións lo­cais or­ga­ni­za­das po­los pro­pios par­ti­dos nas que a xen­te de­ba­te so­bre os candidatos e lo­go eli­xen os de­le­ga­dos que ca­da can­di­da­to pre­sen­ta pa­ra a con­ven­ción do con­da­do, que á súa vez eli­xe aos seus de­le­ga­dos pa­ra a con­ven­ción es­ta­tal, on­de se es­co­llen os de­le­ga­dos pa­ra a con­ven­ción na­cio­nal. O pro­ce­de­men­to de vo­ta­ción va­ría en ca­da es­ta­do, pe­ro abun­dan os si­tios nos que se fai a man al­za­da ou ben es­cri­bin­do o no­me nun pa­pel.

As elec­cións pri­ma­rias son or­ga­ni­za­das po­la Ad­mi­nis­tra­ción e im­pli­can que os par­ti­ci­pan­tes exer­cen o seu de­rei­to a vo­to se­cre­to nas ur­nas. Pe­ro nes­te ca­so ta­mén exis­te un­ha di­ver­si­da­de de mo­de­los. En moi­tos es­ta­dos son pe­cha­das, é di­cir, só se per­mi­te o vo­to dos afi­lia­dos aos par­ti­dos, que vo­tan ex­clu­si­va­men­te po­los mem­bros do seu par­ti­do. Nou­tros son se­mi­pe­cha­das, por­que ad­mi­ten vo­tan­tes in­de­pen­den­tes non afi­lia­dos a nin­gún par­ti­do, e nou­tros son com­ple­ta­men­te aber­tas a cal­que­ra vo­tan­te, coa úni­ca con­di­ción de que vo­te só un­ha vez.

Po­lo que se re­fi­re aos re­sul­ta­dos, o nor­mal é que ca­da can­di­da­to re­ci­ba en ca­da es­ta­do un nú­me­ro de de­le­ga­dos pro­por­cio­nal ao de vo­tos que ob­te­ña, pe­ro ta­mén exis­te o mo­de­lo no que só hai un ven­ce­dor, o que máis vo­tos ob­te­ña, e ese le­va todos os de­le­ga­dos do es­ta­do, aín­da que ven­za por moi es­trei­ta mar­xe. Iso é o que vai pa­sar o pró­xi­mo día 15 de mar­zo en Flo­ri­da e en Ohio cos de­le­ga­dos do Par­ti­do Re­pu­bli­cano. Ade­mais dos de­le­ga­dos com­pro­mi­sa­rios, ta­mén asis­ten á con­ven­ción fi­nal os cha­ma­dos su­per­de­le­ga­dos, que adoi­tan ser mem­bros do co­mi­té na­cio­nal do par­ti­do, con­gre­sis­tas ou se­na­do­res. Eles non te­ñen com­pro­mi­so de vo­tar a nin­guén e son li­bres de fa­ce­lo po­lo can­di­da­to que es­ti­men opor­tuno.

ET­HAN MI­LLER

Os cau­cus, como es­te dos re­pu­bli­ca­nos en Nevada, son un pe­cu­liar sis­te­ma de elec­ción de de­le­ga­dos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.