Pa­pá, ma­má... e a pan­ta­lla

Os me­no­res de 6 anos pa­san de­ma­sia­do tem­po an­te mó­bi­les, ta­ble­tas e te­le­vi­sión

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack

A sa­la de es­pe­ra de cal­que­ra pe­dia­tra adoi­ta es­tar di­vi­di­da en tres ti­pos de ne­nos: os que es­ti­ran ben o pes­co­zo para ver e es­coi­tar os de­bu­xos ani­ma­dos que pon na te­le­vi­sión col­ga­da da pa­re­de, os que se en­tre­te­ñen coas apli­ca­cións do te­lé­fono mó­bil da súa nai e os que co­rri­can re­bul­dei­ros de acó para aló, para de­ses­pe­ra­ción dos seus pro­xe­ni­to­res: «Vén, ca­ri­ño, non mo­les­tes. Sen­ta ao meu la­do e pó­ño­che a Pa­tru­lla ca­ni­na na ta­ble­ta». Os que son un pou­co máis maior­ci­ños le­van a súa pro­pia con­so­la. Á fin e ao ca­bo, as es­pe­ras son moi abu­rri­das. ¿Co­mo fa­cia­mos can­do, hai non tan­tos anos, non ti­ña­mos ac­ce­so a to­da es­ta tec­no­lo­xía? ¿E ca­les son as con­se­cuen­cias de ex­por aos no­sos fi­llos a to­do es­te bom­bar­deo mul­ti­me­dia?

Es­te fe­nó­meno do en­gan­che tec­no­ló­xi­co des­de prac­ti­ca­men­te o pri­mei­ro ano de vi­da é al­go moi re­cen­te. Pe­ro xa se co­me­za­ron a es­tu­dar os seus efec­tos a me­dio e lon­go pra­zo. Para em­pe­zar, a Aso­cia­ción Ame­ri­ca­na de Psi­quia­tría des­acon­se­lla to­tal­men­te o uso de pan­ta­llas en me­no­res de 2 anos. E en ne­nos de 3 a 5 re­co­men­da un má­xi­mo dun­ha ho­ra ao día. A ra­zón é que está de­mos­tra­do que abu­sar de­las nos pri­mei­ros anos de vi­da pro­vo­ca con­se­cuen­cias ne­ga­ti­vas no desen­vol­ve­men­to. As máis fre­cuen­tes:

Hi­pe­res­ti­mu­la­ción. Os con­ti­dos da pan­ta­lla adoi­tan aos ne­nos a rit­mos tre­pi­dan­tes moi di­fe­ren­tes aos que lles ofre­ce a vi­da real. Por iso a vi­da co­tiá pó­de­lles che­gar a pa­re­cer moi abu­rri­da e ne­ce­si­tan es­tí­mu­los cada vez máis in­ten­sos para sen­tir­se mo­ti­va­dos. Ade­mais, pro­vo­can nos ne­nos es­ta­dos de ex­ci­ta­ción per­ma­nen­te e moi­ta an­sie­da­de can­do to­ca apa­gar o dis­po­si­ti­vo.

Pro­ble­mas de aten­ción. Di­mi­tri Cris­tac­kis é o au­tor dun ex­haus­ti­vo es­tu­do so­bre as con­se­cuen­cias de ex­por de for­ma ha­bi­tual aos ne­nos de 0-3 anos ás pan­ta­llas. Na súa in­ves­ti­ga­ción con­cluíu que cada ho­ra de te­le­vi­sión dia­ria en me­no­res de 3 anos au­men­ta nun 10% o ris­co de que pre­sen­ten trastornos de aten­ción na ida­de es­co­lar.

Di­fi­cul­ta­des de apren­di­za­xe. Cris­tac­kis ta­mén ana­li­zou o efec­to dos de­bu­xos ani­ma­dos nun­ha mos­tra de ne­nos de 4 anos. De­mos­trou que os fil­mes de rit­mo moi rá­pi­do (ti­po Bob Es­pon­xa) pre­xu­di­can máis a ca­pa­ci­da­de de apren­di­za­xe que os de­bu­xos máis len­tos (ti­po Po­co­yó).

Fal­ta de au­to­con­trol. Ho­xe en día te­mos un me­do ab­sur­do a que os no­sos ne­nos se abu­rran. No can­to de en­si­nar­lles a ter pa­cien­cia, a apra­zar a re­com­pen­sa ou a es­pe­rar con cal­ma a súa quen­da, en­se­gui­da lles fa­ci­li­ta­mos un­ha pan­ta­lla para que se tran­qui­li­cen. E así se che­gan a con­ver­ter en per­soí­ñas im­pa­cien­tes, dis­per­sas ou con aten­ción di­fu­sa.

En de­fi­ni­ti­va, na­ti­vos di­xi­tais, si. Pe­ro non a cal­que­ra pre­zo.

M. MORALEJO

Os na­ti­vos di­xi­tais en­gán­chan­se a tec­no­lo­xía des­de prac­ti­ca­men­te o pri­mei­ro ano de vi­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.