«Es­ta­mos ven­do a po­si­bi­li­da­de de em­pre­ga­lo en pe­que­nos ani­mais»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Mercados - - EMPRESAS - T. Mon­te­ro

A pro­fe­so­ra Marta López Alon­so, que in­ves­ti­ga no ám­bi­to da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca, é un­ha das pro­mo­to­ras do pro­xec­to Lac­teal, que aín­da non pui­do pa­sar a un­ha es­ca­la su­pe­rior de pro­du­ción po­lo es­tou­ri­do da cri­se do sec­tor lác­teo e non ter o apoio da co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma.

—Un dos pro­ble­mas do lei­te eco­ló­xi­co é que os seus ni­veis de mi­ne­rais son más bai­xos que o lei­te con­ven­cio­nal.

—Re­vi­san­do a bi­blio­gra­fía so­bre o te­ma, hai tra­ba­llos que apun­tan, so­bre todo no Reino Uni­do, que po­de ser un pro­ble­ma im­por­tan­te pa­ra a po­boa­ción hu­ma­na. Alí, a co­rrec­ción dos ni­veis bai­xos de io­do na die­ta fai­se a tra­vés do lei­te. En España co­rrí­xe­se co sal io­da­do, pe­ro por exem­plo non se po­de usar en die­tas pa­ra ne­nos pe­que­nos e per­soas maio­res. E está de­mos­tra­do que nos pe­que­nos a ca­ren­cia de io­do cau­sa al­te­ra­cións no desen­vol­ve­men­to neu­ro­ló­xi­co.

—¿Pó­de­se usar es­te su­ple­men­to pa­ra ou­tros ani­mais?

—Es­ta­mos ven­do a po­si­bi­li­da­de de em­pre­ga­lo en de­ter­mi­na­das die­tas pa­ra pe­que­nos ani­mais, cans e ga­tos, es­pe­cial­men­te cans, e ta­mén en coellos. Cre­mos que po­de ser in­tere­san­te por­que son ani­mais que te­ñen un sis­te­ma in­mu­ne un pou­co pre­ca­rio e que é un dos pun­tos fe­bles da pro­du­ción. A idea é re­to­mar es­tes ex­pe­ri­men­tais e se­guir nes­ta li­ña.

—¿E ove­llas?

—Si, pe­ro se o sec­tor eco­ló­xi­co de lei­te de va­ca é pe­queno, o de ove­lla é aín­da me­nor. Pe­ro to­dos os ani­mais que de­pen­dan do me­dio po­den ter es­tas ca­ren­cias.

López Alon­so in­ves­ti­ga no ám­bi­to da agri­cul­tu­ra eco­ló­xi­ca.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.