Sher­lock Hol­mes en Ca­li­for­nia

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Ata Das­hiell Ham­mett, en­car­ga­do de im­pug­nar o mo­de­lo po­li­cial con Co­llei­ta ver­me­lla, as his­to­rias de­tec­ti­ves­cas exer­ce­ron un­ha fun­ción con­for­ta­do­ra. Por moi­to que a en­car­na­ción do mal ex­hi­bi­se to­do o seu múscu­lo, o desen­la­ce des­tas his­to­rias de­bía res­tau­rar dal­gún xei­to a or­de es­ta­ble­ci­da po­la mo­ral bur­gue­sa. Os cul­pa­bles eran si­na­la­dos e as au­gas vol­vían ao seu re­go. Pe­ro aquel exi­to­so pa­trón, vi­zo­so en in­ves­ti­ga­do­res to­do­po­de­ro­sos, con­ver­teu­se co tem­po en al­bo de to­do ti­po de re­vi­sións bas­tar­das, co­mo as de­di­ca­das a Sher­lock Hol­mes, mes­mo can­do Co­nan Doy­le aín­da se­guía a pro­du­cir ar­gu­men­tos co mí­ti­co per­so­na­xe. Mark Twain non pui­do re­sis­tir­se á co­rren­te e pu­bli­cou en 1902 Un­ha his­to­ria de­tec­ti­ves­ca de do­bre ca­nón, cu­xa apa­ri­ción coin­ci­diu no tem­po coa re­su­rrec­ción do in­qui­lino de Ba­ker Street en O can dos Bas­ker­vi­lle. Par­tin­do dun­ha mu­ller hu­mi­lla­da que se ser­ve das sor­pren­den­tes ca­li­da­des do seu fi­llo pa­ra aco­me­ter un­ha vin­gan­za, o re­la­to de Twain amó­sa­nos un Hol­mes bas­tan­te des­pis­ta­do por te­rras ca­li­for­nia­nas, nun­ha po­boa­ción mi­nei­ra á que o autor nor­te­ame­ri­cano lle apli­ca un­ha mi­ra­da xe­ne­ro­sa en mor­da­ci­da­de e co­ñe­ce­men­to da mi­se­ria mo­ral da épo­ca. Os lec­to­res in­cor­po­ra­dos re­cen­te­men­te á cau­sa hol­me­sia­na te­ñen aquí un­ha ex­ce­len­te opor­tu­ni­da­de pa­ra se ato­pa­ren co per­so­na­xe en mans do pai de Tom Saw­yer. E cae­rán ren­di­dos por­que a agu­de­za sa­tí­ri­ca de Twain, co coite­lo en­tre os dentes, di­na­mi­ta sen pie­da­de os su­per­po­de­res do he­roe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.