San Sa­dur­ni­ño po­de­ría cons­truír 600 vi­ven­das

O Plan Xe­ral, apro­ba­do ini­cial­men­te no pleno, es­tá ex­pos­to ao pú­bli­co e aber­to ás ale­ga­cións ve­ci­ñais

La Voz de Galicia (Ferrol) - El Comarcal Ferrol - - San Sadurniño - [I.F.]

O Plan Xe­ral de Or­de­na­ción Mu­ni­ci­pal (Pxom), apro­ba­do ini­cial­men­te po­la cor­po­ra­ción mu­ni­ci­pal —co vo­to fa­vo­ra­ble do equi­po de go­bierno, do BNG, e do con­ce­llei­ro do PSOE, e a abs­ten­ción do PP—, de­fi­ne 74 nú­cleos de po­boa­ción e po­si­bi­li­ta a cons­tru­ción de ata 600 vi­ven­das nos pró­xi­mos anos. Así lle­lo ex­pli­cou o Con­ce­llo aos ve­ci­ños nas asam­bleas dos or­za­men­tos par­ti­ci­pa­ti­vos, que es­te ano re­ser­va­ron un apar­ta­do es­pe­cial pa­ra con­sul­tar o pla­nea­men­to, a fin de que pre­sen­ten as ale­ga­cións que es­ti­men con­vin­tes «de ca­ra a al­can­zar o maior con­sen­so po­si­ble» coa vis­ta pos­ta na re­dac­ción do do­cu­men­to fi­nal.

Des­de o exe­cu­ti­vo lo­cal de San Sa­dur­ni­ño in­sis­ten en que «a xen­te se im­pli­que ao má­xi­mo nun pro­ce­so co que se con­fi­gu­ra­rá o mu­ni­ci­pio dos pró­xi­mos 20 ou 30 anos». E su­bli­ñan que «to­da a in­for­ma­ción es­tá dis­po­ñi­ble na pá­xi­na web mu­ni­ci­pal e ta­mén es­tá ex­pos­ta no Con­ce­llo, on­de a ar­qui­tec­ta mu­ni­ci­pal aten­de con­sul­tas os luns, mér­co­res e ven­res». A maio­res, as aso­cia­cións ve­ci­ñais con­tan con co­pias da car­to­gra­fía dos nú­cleos «pa­ra que cal­que­ra ve­ci­ño te­ña máis doa­do ver co­mo que­dan as súas te­rras nes­ta pro­pos­ta ini­cial de or­de­na­ción».

O go­berno mu­ni­ci­pal ex­pli­ca que es­te do­cu­men­to pro­vi­sio­nal busca, no en­torno ru­ral, «com­pac­tar as zo­nas máis po­boa­das, to­man­do co­mo pun­to de par­ti­da os nú­cleos tra­di­cio­nais (os exis­ten­tes an­tes de 1956) e tra­zan­do arre­dor de­les un ra­dio de 50 me­tros pa­ra que poi­dan me­drar sen fo­men­tar a dis­per­sión». A par­tir des­tas pre­mi­sas, a em­pre­sa redactora do Pxom «apun­ta a un mo­de­lo de cre­ce­men­to or­de­na- do con ca­pa­ci­da­de pa­ra 600 no­vas cons­tru­cións, dis­tri­buí­das po­los nú­cleos ru­rais e a zo­na ur­ba­na».

300 ou 1.000 me­tros ca­dra­dos

O Con­ce­llo ex­pli­ca que nos nú­cleos tra­di­cio­nais «se­rá po­si­ble edi­fi­car en lei­ras de 300 me­tros ca­dra­dos», men­tres que no res­to de áreas ca­li­fi­ca­das co­mo nú­cleo ru­ral «se­rá ne­ce­sa­rio dis­por de 1.000 [dous fe­rra­dos]». En ter­mos xe­rais, abun­dan, «as vi­ven­das que que­den en chan rús­ti­co ou as que, sen­do an­ti­gas, non es­tean den­tro do nú­cleo, po­de­rán ser re­pa­ra­das ou reha­bi­li­ta­das». Pre­ci­san, ade­mais, que «a cons­tru­ción de vi­ven­das en te­rreos rús­ti­cos es­ta­rá per­mi­ti­da só nos ca­sos en que es­tean ven­ce­lla­das a un­ha ex­plo­ta­ción agra­ria en ac­ti­vo».

O exe­cu­ti­vo na­cio­na­lis­ta re­cor­da que o pra­zo de pre­sen­ta­ción de ale­ga­cións é de dous me­ses, o tem­po que du­ra a ex­po­si­ción pú­bli­ca do plan, e ase­gu­ra que «to­das» as ale­ga­cións que se re­ci­ban en pra­zo «se­rán in­for­ma­das por per­soal téc­ni­co, e aque- las que con­ten cun di­ta­me fa­vo­ra­ble in­cor­po­ra­ran­se ao do­cu­men­to». Es­te de­be­rá ser in­for­ma­do pos­te­rior­men­te po­la Xun­ta, an­tes da súa apro­ba­ción de­fi­ni­ti­va. O sis­te­ma de re­co­lli­da por­ta a por­ta, posto en mar­cha po­lo Con­ce­llo de San Sa­dur­ni­ño, con ca­rác­ter ex­pe­ri­men­tal, en 20 nú­cleos da pa­rro­quia de Fe­rrei­ra e un de Na­raío, per­mi­tiu re­du­cir nun 57 % o li­xo or­gá­ni­co que de­po­si­tan no con­te­dor. En­tre xa­nei­ro e ou­tu­bro de 2014, en Fe­rrei­ra re­co­llé­ron­se un­ha me­dia de 2.100 qui­los de li­xo ao mes, uns 0,76 por per­soa e día. E no mes­mo pe­río­do des­te ano a can­ti­da­de bai­xou ata os 903, 326 gra­mos por per­soa e día. Is­to su­pón un afo­rro de ca­se 90 eu­ros na fac­tu­ra de So­ga­ma, «pa­san­do dun­ha me­dia de 155 eu­ros ao mes a al­go máis de 66», in­di­can fon­tes mu­ni­ci­pais.

A is­to sú­ma­se o menor gas­to no pro­ce­so de re­co­lli­da, que ago­ra se fai cun fur­gón, que con­su­me me­nos com­bus­ti­ble e su­pón un­ha car­ga in­fe­rior de man­te­men­to que o ca­mión com­pac­ta­dor. O de­par­ta­men­to de Ser­vi­zos es­ti­ma que «só en Fe­rrei­ra, pe­cha­ra­se o ano cun afo­rro duns 1.368 eu­ros». Is­to ani­ma ao Con­ce­llo a ex­ten­der o ser­vi­zo de re­ti­ra­da do li­xo por­ta a por­ta ás zo­nas al­tas das pa­rro­quias de Na­raío e Igre­xa­fei­ta. «Non son as que máis li­xo xe­ran, pe­ro si as máis cus­to­sas de aten­der co ca­mión com­pac­ta­dor, por mor da dis­tan­cia ao cen­tro ur­bano e do des­ni­vel que se de­be sal­var pa­ra che­gar a eles», in­di­can. Acom­pa­ña­ra­se cun­ha cam­pa­ña in­for­ma­ti­va e coa dis­tri­bu­ción de co­lec­to­res cer­ca das ca­sas.

Fe­rrei­ra man­da a So­ga­ma un 57 % me­nos de li­xo coa re­co­lli­da nas ca­sas

O al­cal­de ex­pli­ca al­gún de­ta­lle do Plan Xe­ral aos ve­ci­ños nun­ha das re­cen­tes asam­bleas po­las pa­rro­quias

A re­co­lli­da do li­xo or­gá­ni­ca por­ta a por­ta fai­se cun fur­gón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.